OMIXBoiro
xoves, 14 de xaneiro de 2021
martes, 12 de xaneiro de 2021
Axudas alumnado universitario
Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos
ℹhttps://bit.ly/39s4B7Z
mércores, 25 de novembro de 2020
martes, 10 de novembro de 2020
mércores, 4 de novembro de 2020
Ábrese o prazo de inscrición para formar parte do programa Correspondentes Universitarios
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e de Santiago de Compostela, abre o prazo para inscribirse no programaCorrespondentes Universitarios, que fomenta a difusión de diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece ás mozas e mozos.
As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa poderán inscribirse desde hoxe mesmo mediante un formulario electrónico. Os requisitos serán manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2020/2021e ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude.
As funcións destes correspondentes serán: colaborar cos centros na difusión de información relacionada coa situación sociosanitaria derivada da covid-19, xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación e asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades.
Beneficios das voluntarias e voluntarios
As voluntarias e voluntarios que decidan converterse en correspondentes accederán a unha serie de beneficios: desde recibir información xuvenil de interese, a unha formación gratuíta en materia de xuventude e tamén recibirán gratuitamente o Carné Xove, o Carné Internacional de Estudantes (ISIC) e o Carné de Alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos.
Así mesmo, recoñeceráselle o tempo dedicado como persoas voluntarias, as universidades expediranlles unha certificación a aqueles que acrediten a súa participación para os efectos da solicitude de créditos e poderán participar gratuitamente, durante unha fin de semana, nun encontro autonómico de correspondentes (incluíndo o aloxamento, a mantenza e a programación de actividades), sempre e cando a situación sanitaria derivada da crise Covid-19 o permita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)