venres, 27 de agosto de 2010

I Feira do Emprego de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego e en colaboración coas entidadades asinantes do II Plan de Acción Local polo Emprego, organiza a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.

Terá lugar os días 7 e 8 de outubro de 09.00 a 20.00 horas o xoves e de 09.00 a 15.00 horas o venres, no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA). Para máis información:

http://feiradoempregosantiago.org/

mércores, 25 de agosto de 2010

Bolsas e formacion 24-08-2010

Toda as ultimas novidades acerca das bolsas e ofertas formativas destianada aos xóvenes as atoparás no Boletín maiscompostela nº76(24-08-2010) se estás interesado en recibir os boletíns periodicos so terás que inscribirte en www. maiscompostela.org

Estas son algunhas das que atoparás...

AXUDAS Á INVESTIGACIÓN (23-08-10)
Bolsa publicada en: www.mapfre.com/fundacion/es/becasypremios
Entidade convocante: Fundación Mapfre
Localidade: España
Descrición: Convoca 75 axudas á investigación co obxecto de facilitar apoio económico para a realización de proxectos de investigación nas seguentes áreas: saúde (45 axudas), prevención e medio ambiente (20 axudas), e seguros (10 axudas)
Inscrición e prazo: Ata o 11 outubro 2010

BOLSAS IGNACIO HERNANDO DE LARRAMENDI (23-08-10)
Bolsa publicada en: www.mapfre.com/fundacion/es/becasypremios
Entidade convocante: Fundación Mapfre
Localidade: España
Descrición: Convoca 8 bolsas dirixidas a facilitar o apoio económico para a formación ou investigación de profesionais iberoamericanos ou portugueses nas siguientes áreas: saúde (4 bolsas); prevención e medio ambiente (4 bolsas)
Inscrición e prazo: Ata o 15 outubro 2010

BOLSA PRIMITIVO DE VEGA (23-08-10)
Bolsa publicada en: www.mapfre.com/fundacion/es/becasypremios
Entidade convocante: Fundación Mapfre
Localidade: España
Descrición: Convoca a “Bolsa Primitivo de Vega” de investigación co obxecto de facilitar apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención ás persoas maiores
Inscrición e prazo: Ata o 18 outubro 2010

BOLSAS DE FORMACIÓN NO ESTRANXEIRO (23-08-10)
Bolsa publicada en: www.mapfre.com/fundacion/es/becasypremios
Entidade convocante: Fundación Mapfre
Localidade: Estranxeiro
Descrición: Convoca 5 bolsas de formación no estranxeiro nos seguintes campos: traumatoloxía y cirurxía ortopédica; rehabilitación; valoración do dano corporal; dano cerebral e medular (excluindo neurodexenerativas); xestión sanitaria: calidade e seguridade clínica; promoción da saúde: alimentación e exercizo físico
Inscrición e prazo: Ata o 30 setembro 2010

BOLSAS ME-FULLBRIGHT (23-08-10)
Bolsa publicado en: BOE nº 204 (páx. 73742)
Entidade convocante: Ministerio de Educación
Localidade: Estados Unidos
Descrición: Convócanse bolsas para a realización de estudos de máster en universidades de Estados Unidos. Esta convocatoria proponse crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a realización de programas de máster por licenciados españois en titulacións de CC sociais e humanidades. Quedan excluidos desta convocatoria os programas en CC empresariais (MBA), dereito e xornalismo
Inscrición e prazo: Do 1 ao 20 setembro 2010

webs ofertas de emprego e becas para xóvenes

Queres buscar información de ofertas de emprego? ou becas para continuar os teus estudios por Europa? pero non sabes cómo empezar? Nestes enlaces atoparas información moi interesante:

ofertas de emprego para xóvenes
http://updbarbanzanoia.wordpress.com/
http://maiscompostela.org/
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido

Emprego e formación en Europa

RED EURES
http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es

Becas para xóvenes

REDE INTEGRA;Proyecto EGAT III (Europa Galicia Training III)E Leonardo da Vinci www.integra.org.es

ABERTAL; http://abertal.org/europaapunto/

XUVENTUDE: XUNTA DE GALICIA http://www.xuventude.net/

Boletín EURODESK http://www.juventudenaccion.migualdad.es/opencms/export/download/eurodesk/julio2010.pdf

Oportunidades de formacion para xóvenes

UNED

http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,1&_dad=portal&_schema=PORTAL

POSTGRADO/MASTER UDC

http://www.udc.es/uepp/

POSTGRADO/MASTER USC

http://www.usc.es/gl/titulacions/


Diapositiva 3
pREDE INTEGRA;Proyecto EGAT III (Europa Galicia Training III)E Leonardo

Axudas para o transporte Universitario Curso 2010

As bases para as axudas do transporte universitario para o curso 2010-2011 non estarán resoltas ata a 1ª semana de Outubro.

A información dos trámites e documentos necesarios para a súa solicitude proporcionarase no Centro Social de Boiro
(1º Andar) a partir do día
4 de Outubro