xoves, 31 de marzo de 2011
Xornadas de Cultura Urbana
Os días 18,19 e 21 de Abril chegan a Noia as II Xornadas de Cultura Urbana con actividades de Breakdance, Beatbox, Rap, Graffiti, Turntablism (Dj) e Capoeira.
As actividades son de carácter gratuíto pero hai límite de prazas polo que aqueles que estades interesados/as en participar nelas debedes formalizar a inscripción entre o 4 e o 15 de abril a través do impreso correspondente que encontraredes na Casa da Xuventude de Noia.
mércores, 30 de marzo de 2011
ENCONTRO NACIONAL DE XÓVENES VOLUNTARIOS (CEUTA, DO 13 AO 17 DE MAIO DE 2011)
Con motivo da celebración da Semana Europea da Xuventude 2011 e a celebración do Ano Europeo do Voluntariado 2011, tense previsto realizar a actividade: “Encontro Nacional de Xóvenes Voluntarios”, en Ceuta, do 13 ao 17 de maio.
Destinatarios:
24 xóvenes voluntarios, que non teñan experiencia no servicio de voluntariado europeo, con idades comprendidas entre 18-30 anos:
- 12 voluntarios pertencentes a distintas comunidades autónomas.
- 12 voluntarios de distintas asociacions de Ceuta
A Axencia Nacional Española e a Consellería de Xuventude, Deportes e Novas Tecnoloxías faranse cargo dos gastos de desprazamento ata Ceuta e dos costes de acollida e desenvolvemento do encontro.
para mais información consultade na oficina OMIX de Boiro(Centro Social)
martes, 29 de marzo de 2011
Músicos de Rúa
PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Xa podedes inscribiros na oferta formativa–presencial e en liña- da dirección xeral de xuventude e voluntarido, que se distribuirá en tres grandes bloques: formación da mocidade en actividades de ocio alternativo, tempo libre e asociacionismo; formación continua de técnicos de xuventude; e actividades no eido do voluntariado.
Podes consultar esta oferta formativa seguindo este enlace:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/plan_de_formacion/2011/plan_de_formacion_2011.pdf
ou no Teléfono xove: 902152535 e a páxina do voluntariado galego(www.voluntariadogalego.org)
venres, 18 de marzo de 2011
plan de formación da dirección xeral de xuventude
O plan de formación divídese en 3 ámbitos: Tempo Libre, Rede Galega de Información Xuvenil, e Voluntariado
Podedes consultar toda a información na web www.xuventude.net, no apartado de Ensino e Bolsas
Cursos de idiomas no extranxeiro
Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.
Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.
Podes consultar toda a información a través de www.xuventude.net, no apartado Ensino e Bolsas
luns, 7 de marzo de 2011
Bolsas de estudos para prácticas na Oficina Municipal de Turismo
Prazo de solicitude - 15/03/2011
Características - Para diplomados/as ou técnicos/as de Turismo. Duración: dende o 1 abril ata o 30 Setembro 2011.
Máis información - Oficina Municipal de Información e Rexistro do Concello de Nigrán
Bolsas para doutorandos e mozos/as científicos en Alemaña
Prazo de solicitude - 15/03/2011
Características - Dirixido a estudantes de doutorado, mozos/as e investigadores.
Máis información - http://www.daad.de/es/index.html
Bolsas Fundación Iberdrola
Prazo de solicitude - 21/03/2011
Características - I Convocatoria de 14 bolsas para estudos de Postgrao en Enerxía e Medio Ambiente en Reino Unido e Estados Unidos.
Máis información - www.iberdrola.es
Bolsas de Posgrao no estranxeiro
Prazo de solicitude - 31/03/2011
Características - Convocadas 32 bolsas para a realización de estudos de posgrao en EUA, Europa (agás España) e Asia.
Máis información - www.fundacionbarrie.org
Bolsas estudos de posgrao en EEUU
Prazo de solicitude - 02/05/2011
Características - Convocatoria de 45 bolsas para cursar estudos de posgrao durante o curso 2012-2013.
Máis información - http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/eeuu_es.html
Bolsas Leonardo da Vinci
Prazo de solicitude - 14/10/2011
Características - Para galegas e galegos titulados en FP e universitarios entre 18 e 30 anos.
Máis información - www.xuventude.net
martes, 1 de marzo de 2011
Axudas para estudiar ingles para moz@s
Destinatarios:
Poderán optar a estas axudas os mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993 que obteñan a condición de bolseiro do Ministerio de Educación.
Contía das axudas:
Australia: 2.600 euros.
Canadá: 2.100 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.100 euros.
Malta: 1.200 euros.
Nova Zelandia: 2.400 euros.
Reino Unido: 1.700 euros.
República de Irlanda: 1.700 euros.
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.
Máis información
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es
Cursos de Ingles para mestres e alumnos de Maxisterios
Requisitos:
Ter finalizada a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2009-2010, 2008-2009, 2007-2008 ou 2006-2007, ou ben, estar matriculado en curso 2010-2011 da totalidade dos créditos que lle resten para finalizar os estudos da titulación de Mestre.
Ter finalizado os estudos de Master en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas.
Contías das axudas:
Australia: 3.150 euros.
Canadá: 2.550 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.550 euros.
Malta: 1.500 euros.
Nova Zelandia: 2.800 euros.
Reino Unido: 2.100 euros.
República de Irlanda: 2.100 euros.
A solicitude
deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.
Máis información
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es
Cursos de Lingua Francesa en Xullo
Destinatarios:
Poderán optar a estas axudas os alumnos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1991 e o 31 de decembro de 1994 e que no presente curso 2010-2011 estean matriculados nalgún dos seguintes cursos:
Primeiro ou Segundo de Bacharelato.
Ensinos Profesionais de Música e Danza.
Grao Medio de Formación Profesional.
Grao Medio de Artes Plásticas e Deseño.
Grao Medio de Ensinos Deportivos.
Ensinos de Idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
Será requisito indispensable para obter esta axuda ser bolseiro do Ministerio de Educación no curso 2010-2011.
Contía:
A contía das axudas ascenderá a un máximo de 1.429 €.
Solicitude e Prazo:
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.
Mais información:
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es