venres, 29 de abril de 2011

Curso de Organización dunha empresa de tempo libre

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o curso de Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

PERSOAL Ó QUE VAI DIRIXIDO:

Mozas e mozas de 18 a 30 anos que non sexan persoal das administracións públicas.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Orde de inscripción ata cubrir prazas.

Nº DE HORAS: 110

Nº DE EDICIÓNS: 1

Nº DE PRAZAS: 20

CONTIDOS:

A empresa e o seu contorno.

Investigación social e de mercados.

Creación e legalización de pequenas empresas do sector.

Regulamento das relacións laborais.

Xestión administrativa.

Servizos bancarios para a pequena empresa.

Compravenda e alugamento de bens inmobles.

Accións promocionais: instrumento e métodos de control.

Oferta xeral de actividades. Elaboración.

Valoración da calidade do servizo prestado.

MODALIDADE: a distancia

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 26 de abril a 5 de maio.

DATA DE REALIZACIÓN: do 7 de maio ao 25 de xuño de 2011.

MÁIS INFORMACIÓN : Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia. Tlef. 881 99 76 07 ( De 15 a 20 horas).

Campos de Traballo en Kenya

KVDA Kenya organiza actividades :
Os voluntarios traballarán 6 horas diarias de luns a venres. Os voluntarios participarán en campañas de concienciación, construción de aulas, fabricación de ladrillos, plantación de árbores, construción de latrinas, ensino e visitas a fogares, entre outras actividades.

Máis información en http://www.kvda.or.ke

xoves, 28 de abril de 2011

Cursos no eido do tempo libre

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, mantén aberta a inscrición nos cursos de:

-Animación para discapacitados intelectuais que se realizará do 2 ao 27 de maio en en Pontevedra. E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

- Ocio centrado na persoa que terá lugar os vindeiros 3-4-5 de xuño en

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). E-mail: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.esEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Para inscribirte descarga aqui o formulario de inscripción , cóbreo cos teus datos, e envíao aos enderezos electrónicos do curso no que esteas interesado/a.

Se queres máis información chama ao 981 95 70 57 /881 999 189.


mércores, 27 de abril de 2011

Campos de traballo da Xunta de Galicia

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para solicitar praza nos campos de traballo que se desenvolven en Galicia, noutras comunidades autónomas e nun total de 19 países do estranxeiro. Esta iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a participación e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración voluntaria en distintos traballos. De feito, estes proxecto poden estar centrados en distintas temáticas. Os campos de traballo que se ofrecen este ano son: culturais e etnográficos; ambientais; de construción e restauración; sociais e arqueolóxicos.

As inscricións poderanse realizar na propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, ou no ben nos servizos de xuventude das xefaturas territoriais, tanto persoalmente ou por teléfono, de luns a venres. A oferta completa pode consultarse no apartado de “Acción de Verán” desta web.

No que se refire concretamente aos campos de traballo en Galicia, a Xunta oferta un total de 260 prazas en 11 campos distintos, o que supón aumentar en 40 as prazas dispoñibles con respecto ao ano anterior. Estas prazas van dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros. Mentres existan vacantes, estas prazas en campos galegos poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto. Os 11 campos de traballo terán lugar, en distintas quendas, en: Cabana de Bergantiños (A Coruña); Rois (A Coruña); Narón (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense); Ourense; e Illas Cíes (Pontevedra).

Por outra banda, os campos de traballo para outras comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres haxa vacantes, ata o 18 de maio. Así, os interesados terán á súa disposición prazas en: A Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia.

Finalmente, para as prazas no estranxeiro, aquelas persoas que queiran participar terán que inscribirse antes do 12 de maio, ou ese mesmo día, sempre que haxa prazas libres. En total, ofértanse prazas en 19 países. En concreto, os países nos que se poderá optar praza son: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.

maís info en www.xuventude.net

martes, 26 de abril de 2011

Voluntarios para o campionato de Triatlón

Os vindeiros días 24, 25 e 26 de xuño de 2011 celebrarase en Pontevedra o "Campionato de Europa de triatlón" o evento deportivo internacional máis importante de Galicia neste ano.
Cerca de 2.000 deportistas virán dende todos os lugares de Europa para disputar os 1.500 metros de natación, 40 Qm. de ciclismo e 10 Qm. de carreira a pé, cunha organización que será soportada por 600 persoas voluntarias, 200 axentes, 100 persoas de organización, 50 oficiais deportivos,…

Haberá voluntariado para as tarefas de seguridade e voluntariado para as tarefas deportivas, polo que dentro dos 8 tipos de sectores de traballo voluntario diferentes seguro que algún haberá que poda axustarse ao teu interese.

máis información en www.voluntariadogalego.org

Obradoiro de orientación laboral para xóvenes

Obradoiro de orientación laboral para xóvenes

Obxectivos:

Dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios

en materia de orientación laboral co fin de formalos nas

ferramentas necesarias para a búsqueda activa de emprego e

ofrecerlles un abano de ofertas formativas que faciliten a súa

inserción no mundo laboral.

Data: Venres 13 de Maio

Hora: 20-22h

Lugar: Centro Social de Boiro

Destinatarios: Xóvenes de 16 a 30 anos

Inscripcions: Centro Social de Boiro(981842635);

Data limite de inscripción: 6 de Maio

Contidos:

· Introducción sobre as técnicas de búsqueda de emprego

- Autoevaluación do candidato: análise DAFO

- Coñecemento do mercado laboral xuvenil: posibles nichos de emprego.

- Medios para atopar emprego.

- Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

· Ferramentas para a búsqueda de emprego

- Curriculum Vitae: modelos.

- Carta de presentación.

· A entrevista de traballo


Organiza: Dirección Xeral de Xuventude e Concelleria de Xuventude do Concello de Boiro.

Ao remate do obradoiro se expedirá certificado de asistencia


luns, 25 de abril de 2011

VI CERTAME MILLAROCK 2011

Certame musical nas categorías de POP ROCK, METAL e HIP-HOP
podes enviar a túa maqueta ata o 26 de Maio do 2011.
O gañador recibirá un premio en metálico de 1000€ .

mais informacion e bases do certame:
http://concellodeames.org/ ou nos teléfonos 981535940/981884991

Curso de "Xestión de Programas de Voluntariado" 2011 (SANTIAGO)

Aberto o prazo de inscrición ata as 14:30 horas do día 27 de abril.Curso de "Xestión de Programas de Voluntariado" 2011 (SANTIAGO)DESTINATARIOS:

Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.



Nº DE HORAS: 16

Nº DE PRAZAS: 20


CONTIDOS:

Módulo 1. Marco conceptual do voluntariado
1.1. O voluntariado nas EAV: papel e ubicación
1.2. Marco normativo e institucional
Módulo 2. Cara un modelo de Xestión do voluntariado
2.1. Planificación do voluntariado
2.2. Itinerario e ferramentas de xestión
2.3. Funcións da responsabilidade do voluntariado
Módulo 3. Bases para o deseño dun proxecto de voluntariado
3.1. Análise da realidade
3.2. Obxectivos, destinatarios e accións de voluntariado
3.3. Definición postos e perfís de voluntariado. Organigrama

MODALIDADE: Presencial

LUGAR DE IMPARTICIÓN:
Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, Plaza do Matadoiro s/n, Santiago de Compostela.

DATA DE INSCRICIÓN: Abrirá 1 mes antes da data de realización

DATA PREVISTA DE REALIZACIÓN: 3 e 4 de maio de 2011

HORARIO: de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00

MAIS INFORMACIÓN E INSCRIPCIONS...
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=169&pag=0

Curso "Ferramentas e habilidades na coordinación do voluntariado 2011" (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Aberto o prazo de inscrición ata as 14:30 horas do día 18 de maioCurso "Ferramentas e habilidades na coordinación do voluntariado 2011" (SANTIAGO DE COMPOSTELA)DESTINATARIOS:
Preferentemente persoal técnico, directivos, profesionais ou voluntarios que desempeñen funcións de coordinación de voluntariado, en entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº DE HORAS: 20

Nº DE PRAZAS: 20

CONTIDOS:

Módulo 1. A responsabilidade de coordinación e xestión do voluntariado
a. Relacións e axentes
b. Funcións: planificación, xestión, liderado, control
c. O responsable e o modelo de xestión do voluntariado
Módulo 2. As ferramentas do responsable para a xestión do voluntariado
Módulo 3. Estilos de dirección: habilidades na dirección de equipos
a. Liderar e motivar
b. Tomar decisións e traballar en equipo
Módulo 4. Estilos comunicativos: habilidades sociais e para a comunicación
a. Coñecer e valorar a un mesmo e ás demais persoas
b. Xestionar emocións e ser asertivos
d. Afrontar e regular o conflito

MODALIDADE: Presencial

LUGAR DE IMPARTICIÓN:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil da Rede Galega, Plaza do Matadoiro s/n, Santiago de Compostela

DATA DE REALIZACIÓN: 23, 24 e 25 de maio de 2011

HORARIO:
23 de maio de 16:00 h a 20:00 h
24 e 25 de maio de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

MAIS INFORMACIÓN EN...
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=172&pag=0

martes, 19 de abril de 2011

BOLSAS MOBILIDADE PROGRAMA LEONARDO

Bolsa publicada en: www.integra.org.es

Entidade convocante: Integra

Localidade: Calabria (Italia)

Descrición: Convocatoria de 2 bolsas de 13 semanas de duración (curso + prácticas profesionais) para formación de profesionais xoves e/ou titulados recentes. Imprescindible formación previa (diplomatura, ciclo superior ou licenciatura) en filoloxía, CC políticas, socioloxía, psicoloxía, turismo ou outras disciplinas de CC sociais

Inscrición e prazo: Período de selección abril-maio

BOLSA LICENCIADOS DEREITO, CC. POLÍTICAS OU ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Bolsa publicada en: BOE nº 88 (páx. 38311)

Entidade convocante: Instituto Nacional de Administración Pública (INAP)

Localidade: Madrid

Descrición: Convocatoria de bolsa de formación para titulados superiores universitarios en dereito, CC políticas ou administración pública

Inscrición e prazo: 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no BOE

cursos gratuitos de arabe

Os cursos serian de dous niveis: "inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. Máximo de 15 alumnos por curso.

Solicitudes dirixidas a: institutoandalusi@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Prazo de solicitude: ata 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas.

Datas dos cursos:
do 03 ao 09 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril
DO 10 ao 16 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril
Clases de luns a venres, de 9 a 13 horas, en DAR LOUGHAT.
O grupo concentrarase o domingo, no porto de Tarifa (Cádiz), ás 4 da tarde, para saír no Transbordador das 5 da tarde con destino ao porto de Tánxer. A volta, o sábado pola mañá dende o porto de Tánxer con destino Tarifa. Recollida de billetes ida e volta a nome de cada un, mais ficha de entrada (branca) e saída (amarela) no mostrador de FRS, situado na entrada das oficinas do porto.
Importe do billete do transbordador ida e volta 70 €.
A chegada será sobre as 6 da tarde ao porto de Tánxer (as cinco en Marrocos), onde estará Zayd Benaboud (Director do centro DAR LOUGHAT) ou un representante, para recollervos e trasladarvos ao Hotel de Tetuán e responder a cantas dúbidas teñades.

Máis información en www.institutoandalusi.es e www.embajada-marruecos.es/default2.htm (Departamentos embaixada: Cultura)

bolsas para estudiar italiano

O Ministerio de Asuntos Exteriores do goberno italiano convoca bolsas a cidadáns españois que desexen estudar en Italia ou desexen efectuar investigacións en arquivos, centros culturais, bibliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.

Información en:

http://www.esteri.it/MAE/IT/Ministero/Servizi/Stranieri/Opportunita/BorseStudio_stranieri.htm?LANG=IT (italiano)

Presentación de solicitudes:
Transmisión on line do formulario interactivo adjunto,disponible na web: http://borseonline.esteri.it/borseonline/it/index.asp
(www.esteri.it > opportunita > per stranieri > domanda dei borsa dei studio).

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de maio de 2011.

O candidato dispoñerá de dez días (antes do 12 de maio 2011) para o envío en papel do mesmo formulario imprimido, completo de firma e data).


Dirección de correo para o envio do formulario imprimido:
Istituto Italiano dei Cultura dei Madrid
C/Maior 86, -28013 Madrid


Modalidades de envío:
Correo certificado con notificación de recibo (é imprescindible indicar no sobre "solicitude de bolsas do goberno italiano 2011/2012")
Para calquera consulta:
carla.morpurgo@esteri.itEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Carla Morpurgo)

luns, 18 de abril de 2011

Carnet "Juventud en Movimiento": consulta online

A Comisión Europea queere escoitar a tua opinión sobre
os carnets xuvenis parapreparar as accions do blog
"Juventud en Movimiento".A tua visión neste asunto é
importante, con só 10 minutos podeste facer oír e dar
a túa opinión:

Más información:
http://ec.europa.eu/yourvoice/ipm/forms/dispatch?form=EACYomCard
<http://ec.europa.eu/yourvoice/ipm/forms/dispatch?form=EACYomCard>

Noites de humor. Capítulo III

Sábado 23 de Abril Cita ca Retranca en Boiro co grupo "Teatro do Improvisto"

Todavia non tedes plans para Semana Santa, pois aqui vos deixo algo de programacion cultural que vos pode interesar.
O xoves e Venres celebrarase o V tripi jazz na pousada das ánimas con música o xoves 21 da mán de The covers Band e co humor de Al guanella o venres 22 as 23.30h.

e para todos os que vos quedades con ganas de pasar un bo rato a primeira hora da noite do Sabado de Semana Santa, o grupo de teatro de improvisto ofrecerá o sábado 23 de abril as 21.00h na estacion leñaverde, un novo ciclo de monólogos de humor. A entrada será de balde.

Animádevos!!!!!

xoves, 14 de abril de 2011

Prazo para xustificar as axudas do transporte universitario

Recordamosvos a tod@s @s solicitantes dos bonos universitarios, o procedemento para poder cobrar o importe das axudas concedidas.
As solicitudes que non sexan xustificadas non se abonaran, recordade que o prazo remata o 30 de Maio de 2011.

Para calquera dubida podedes contactar ca oficina de Informacion xuvenil(981842635) ou mediante o realizar a consulta mediante o seguinte mail: centrosocial@boiro.org

Bolsas para a mocidade mes de Abril

115 bolsas para estudios musicais
Máis información: www.aie.es

Bolsas para estudios artísticos en Mexico,Xapón e Korea
Máis información:www.hangar.org


Bolsas de investigación en humanidades
Máis información:www.cirp.es

Bolsas para titulados en arquitectura
Máis información:www.arquia.es/fundacion

Bolsas para estudios de postgrado en EEUU e Canada
Máis información:http://obrasocial.lacaixa.es

Bolsa práctica de Información turística no Concello de Covelo

Duración: 4 meses
Máis información: www.concellodecovelo.es

Bolsas prácticas de turismo no Concello de Redondela

Podedes descargar as bases e obter máis información na páxina do Concello de Redondela
www.redondela.net

Bolsas Leonardo da vincV

Tedes a convocatoria aberta para solicitar Becas de Movilidade Leonardo da Vinci con destino Portugal e Italia, recordade que estas becas inclúen formación teórica e práctica.

Máis información en : http://www.integra.org.es/

luns, 11 de abril de 2011

Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral

Este procedemento vailles ofrecer unha oportunidade ás persoas non vinculadas aos sistemas educativos, que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos de formación non formal , para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un

proceso de asesoramento e avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

No caso de que superen esta avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos. Expedirase unha acreditación parcial acumulable por cada unha das unidades de competencia superadas, que poderán ser validadas polos correspondentes módulos da formación profesional para o emprego

(desempregados e ocupados) ou polos correspondentes módulos da FP inicial, podendo chegar a obter un certificado de profesionalidade nunha ocupación ou parte dun título de técnico/a ou técnico/a superior de FP.

INFORMACIÓN e ORIENTACIÓN xeral sobre o procedemento: fases, requisitos, documentación, calendarios, sedes, etc.

Nesta convocatoria os puntos de información na Consellería de Traballo e Benestar serán:

• Nas Oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

• Nos Centros propios de Formación Profesional Ocupacional da Consellería de Traballo

e Benestar.

• Na Fundación Galega da Formación para o Traballo.

• Na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballoebenestar.xunta.es

• No Instituto Galego das Cualificacións, tel.: 981 546 840.

O prazo para inscribirse remata o día 27 de abril de 2011.

Bolsas estudos de posgrao en EEUU –

Convocante: Fundación La Caixa

Prazo de solicitude - 02/05/2011

Características - Convocatoria de 45 bolsas para cursar estudos de posgrao durante o curso 2012-2013.

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/eeuu_es.html

Bolsas de Formacion e creacion

Bolsas Leonardo da Vinci

Convocante: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Xunta de Galicia

Prazo de solicitude - 14/10/2011

Características - Para galegas e galegos titulados en FP e universitarios entre 18 e 30 anos.

Máis información - www.xuventude.net

Bolsas de creación artística no estranxeiro

Convocante: Gas Natural Fenosa

Prazo de solicitude - 15/06/2011

Características - Destinadas a artistas plásticos ou visuais nados ou residentes en Galicia, que non teñan cumpridos os 35

anos o 31 de Decembro de 2011.

Máis información - http://www.macuf.es/

Bolsas de investigación

Convocante: Fundación Alfonso Martín Escudero

Prazo de solicitude - 09/05/2011

Características - 45 bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación no

estranxeiro, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: agricultura e gandaría, CC do mar, CC da saúde,

conservación da natureza, tecnoloxía de alimentos.

Máis información - http://www.fundame.org/

Axudas para viaxes de investigación –

Convocante: Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Prazo de solicitude - 15/10/2011

Características - Facilitará os desprazamentos fóra de Galicia para: participar activamente en congresos científicos nacionais

ou internacionais; realizar estadías e actividades de investigación; asistir e participar en cursos breves.

Máis información - http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp

Bolsas Faro Global

Convocante: Programa Faro Global

Prazo de solicitude - 31/05/2013

Características - Mobilidade de estudantes universitarios de últimos cursos mediante a realización de prácticas formativas de

calidad en empresas radicadas en Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá. A duración media da bolsa é de 7 meses en EE.UU,

Canadá e Asia, e de 6 meses no caso de Europa.

Máis información - www.becasfaro.es/home.php

IV Feira Europea de Emprego

O dia 11 e 12 de Abril celebrase a IV feira Europea de Emprego organizada pola Deputación de A Coruña, o centro oficial de informacion da comisión Europea e a Universidade da Coruña.

O lugar da Feira será o Campus de Elviña.

A Feira contará con postos, presentacións e procesos de selección das empresas, talleres da Rede EURES, e outras moitas actividades que podes coñecer no programa

A Feira está dirixida a estudantes e titulados da Universidade e de Formación Profesional así como a emprendedores que queiran coñecer como poñer en marcha o seu negocio.

Para máis Información podedes consultar a web http://feiraeuropeadeemprego.eu/

AXUDAS TRANSPORTE UNIVERSITARIO

Recordamosvos a tod@s @s solicitantes dos bonos universitarios, o procedemento para poder cobrar o importe das axudas concedidas.
As solicitudes que non sexan xustificadas non se abonaran, recordade que o prazo remata o 30 de Maio de 2011.

Para calquera dubida podedes contactar ca oficina de Informacion xuvenil(981842635) ou mediante o realizar a consulta mediante o seguinte mail: centrosocial@boiro.org


XUSTIFICACIÓN E COBRO DAS AXUDAS.
a) O prazo de xustificación das axudas rematará o 30 de maio de 2011, agás que se solicitara e fose outorgada prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 31 de decembro do ano 2011, anularanse automaticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga.
b) No caso de non presentarse xustificación da totalidade da axuda dentro do prazo (inicial ou prorrogado), iniciarase o expediente de anulación do correspondente compromiso, reducíndose proporcionalmente a cantidade outorgada ao gasto xustificado.
c) A xustificación dos gastos, de acordo co fin para o que se outorgou a axuda, deberase realizar presentando a documentación xustificativa seguinte nos prazos indicados na presente convocatoria :
a. Facturas orixinais de pago das viaxes :
i. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos :
1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura.
2. Desglose do IVE ou imposto correspondente.
3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a.
4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe).
5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”.
b. Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito no apartado anterior.
c. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente estimará o cumprimento das obrigas.
d. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección.
e. O pagamento da axuda efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta.

martes, 5 de abril de 2011

XXIV Certame de Xóvenes Investigadores 2011,



Este certame está organizado por o Instituto da Xuventude (Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade) e ea Dirección Xeral de Política Universitaria (Ministerio de Educación).

Podedes consultar as bases nos seguintes enderezos electrónicos:
http://www.educacion.es/educacion/universidades/convocatorias/estudiantes/certamen-jovenes-investigadores.html

http://www.injuve.es

ou nos teléfonos:
Instituto de la Juventud (Mº de Igualdad) : 91 363 78 76 / 78 81
Dirección Gral. de Política Universitaria (Mº de Educación): 91 745 92 46


O prazo para a entrega de traballos e dende o 4 de abril de 2011 ata o 16 de maio de 2011, ambos inclusive.

luns, 4 de abril de 2011

Concerto Solidario "Capaces"


Venres 8 de Abril as 22.30h Concerto Solidario "Capaces" no pub ESE.

Os grupos que actuarán son:
Areavasta
Belfastt
Agoraphobia

A entrada aos concertos será de 3 € e os fondos recaudados serán destinados as asociacións Amicos e Ambar.