luns, 31 de outubro de 2011

Esta finde en Boiro...




Festival Acción! no Centro Social de Boiro
Sesións de cinema social e xuvenil

Cando? 4 e 5 de novembro
Hora? os dous días comezaremos as 20h
Lugar? Centro Social de Boiro

Este ano colaboran no festival: Asociación Ambar, A Creba, Borobó, Certame Olloboi, Expopress e Anestesia films

mércores, 26 de outubro de 2011

Curso de cata de viños

Curso de iniciación a cata de viños impartido por Federica Salvador

Contidos:
  • Coñecementos básicos sobre as distintas formas de elaboración do viño
  • Xeografía e denominacións
  • Cata de viños
  • Servizo e maridaxe
Lugar: Centro Social de Boiro

Datas: 18, 19,25, 26 de novembro e 2 de decembro

Horarios: venres de 20 a 22h e sábados de 11 a 13h

Inscricións:
Centro social de Boiro
tlf: 981842635
mail: federicaycia@gmail.com/centrosocial@boiro.org

martes, 25 de outubro de 2011

Bolsas de nova adxudicación e de renovación para estudos de mestrados universitarios ofic

A Universidade da Coruña e o Banco Santander, convocan 54 bolsas de nova adxudicación e 9 bolsas de renovación para estudos de
mestrados universitarios na Universidade da Coruña para alumnos matriculados
no curso académico 2011/2012. O criterio de selección é por méritos académicos, e o importe das bolsas de nova adxudicación é de
3.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 4 de novembro de 2011.

Máis información www.udc.es

Curso de Formación de Mediadores/as para a convivencia.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca
un curso de Formación de Mediadores/as para a convivencia.

Destinatarios/as:
Persoal de Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, así como universitarios/
as.

Nº de horas: 20
Nº de edicións: 5 (Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo)
Nº de prazas: 20 en cada unha das edicións

Lugares de impartición:
a.. Santiago: Centro Quérote+. Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, Praza Matadero s/n, 1º planta
b..Coruña: Plaza de Ourense 7-8, 1º esquerda.
c.. Ourense: Centro Quérote+. Espazo Xove Casa da Xuventude de Ourense, R/Celso Emilio Ferreiro 27
d.. Vigo: Centro Quérote+ de Vigo, Rúa Ferrería 41
e.. Lugo: Complexo Xuvenil Lug II, R/Pintor corredoira 4
Modalidade: semipresencial: 16 horas presenciais, 4 a distancia

Prazo de inscrición: ata o 15 de novembro
Información: Centro coordinador información xuvenil Santiago de Compostela e centros Quérote.

luns, 24 de outubro de 2011

Para non perder...Programación fin de semana


venres 28 de outubro as 21h.
Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Talia Teatro
. "Volpone"

Pola súa interpretación na obra Volpone, a boirense Marta Ríos, acodou a concesión do premio “María Casares” de teatro, galardón promovido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.



SEMINARIOS “CREACIÓN DE EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL”

Dirixido a:

· Titulados/as procedentes de todas as titulacións

· Estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea

· Persoas con inquietudes emprendedoras

Hora: De 10:00 a 13:00 h

Lugares: Campus de Coruña e Ferrol. Consultar este enlace http://xuga.eu/index.php?option=com_content&view=article&id=165%3Aseminarios-creacion-de-empresas-de-economia-social&mid=50

Inscrición gratuíta (prazas limitadas)

Observacións da inscrición: cómpre indicar a data e o lugar elixido

Certificado de asistencia

Máis información

Tlfno. 981 167 000 Ext. 4341

saee@udc.es

Seminario de motivación emprendedora

Lugar e data:
Venres, 11 de novembro de 2011 (de 17.00 a 20.00 horas)
Centro Social do Concello de Boiro

Obxectivo
Difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre
a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais
de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo
pode desenvolver un proxecto empresarial.
De carácter gratuíto e dirixido a todas as pesoas interesadas.
Entrega de certificación de asistencia con valor curricular.

Inscricións
Ata o 31 de outubro de 2011
Departamento de emprego do Concello de Boiro (2º andar)
Emprego@boiro.org
Tf 981842609/981844800
Fax 981844008

xoves, 13 de outubro de 2011

Programación cultural para a fin de semana

Espectáculo de maxia de Cayetano Lledó
20.00h venres 14 de outubro. Casa da Cultura de Boiro.

Exposición de deseño de moda "Escandallos de Rita Vicente"
20.30h venres 14 outubro. Centro Social de Boiro.

Necesítanse Monitores de educación e tempo libre

Ofertas do Servizo de Emprego Público 10/10/2011
Localidade: negreira (a coruña)
nº oferta: 12/2011/11484

requisitos
necesitase monitor/a de educación e tempo libre para a zona de negreira. Especialidade en teatro.

Bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca as seguintes bolsas:
5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
1 bolsa de formación en comunicación institucional.
1 bolsa de formación en publicacións.
2 bolsas de formación en informática.
1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bolsas terán unha duración de doce meses. A contía total das bolsas será de 12.000 € brutos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de outubro de 2011.
As solicitudes están dispoñibles en www.parlamentodegalicia.es e no Boletín do Parlamento do 26 de setembro de 2011.
Máis información no DOG do 6 de outubro de 2011
Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 26 de setembro de 2011. www.parlamentodegalicia.es

Formación

Curso de Formación Básica en Voluntariado USC
O curso impartirase no Campus de Santiago e no Campus de Lugo.
En Santiago, o curso celebrarase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas nas seguintes datas: 8, 14, 15, 21 e 22 de outubro.
E no Campus de Lugo o curso celebrarase os días: 14, 15, 21, 22 de outubro e 5 de novembro en Lugo, na Facultade de Humanidades.
Podes consultar o programa do curso e obter máis información na páxina: http://www.usc.es.

Curso de Iniciación á Micoloxía
A asociación Alvarella organiza o 22 e 23 de outubro de 2011 un curso de iniciación á Micoloxía.
A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida dos fungos que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas.
O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres.
Prezo: 50 €.
O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa.
Máis información: teléfonos: 648 925 134 - 981 784 563 - www.alvarella.com

Curso de reciclaxe de papel
A asociación Alvarella organiza o 17 e 18 de decembro de 2011 un curso de Reciclaxe de papel.
A finalidade deste curso é o coñecemento e reflexión sobre os grandes beneficios que nos pode aportar unha correcta xestión dos residuos que producimos nos aspectos sociais, ambientais, económicos,…
Prezo: 50 €.
Máis información: teléfonos: 648 925 134 - 981 784 563 - www.alvarella.com

martes, 4 de outubro de 2011

9 de outubro. Sesión vermú ca Compañía do Ruído e Os Chiquilicuatres.

O Centro Social propón unha alternativa na programación para esta fin de semana.
O 9 de outubro as 13h no Local Leñaverde o vermú servirase acompañado da variada música da Compañía do Ruído e os Chiquilicuatres.

Animádevos a vir!

Exposición Escandallos de Rita Vicente


Do 14 de outubro ao 15 de novembro do 2011

Exposición Escandallos de Rita Vicente

O centro Social
apostará por unha nova disciplina artística ata o momento inusual nas salas de Exposicións da Comarca. Da man da nova creadora, Rita Vicente, achegarásenos o deseño de moda. Baixo o nome de Escandallos a primeira creación de este boirense, afonda na búsqueda de novas formas estéticas a través das que amosa unha extraordinaria sensibilidade estética.
A inauguración será o venres 14 de outubro as 20.30h na sala de exposicións do centro social.

luns, 3 de outubro de 2011

Curso de Monitor de tempo libre

O curso de monitor de tempo libre comezará o sábado 15 de outubro.

Os horarios do curso son:
sábados de 9 a 14h e de 16 a 21h
domingos de 9 a 14h

Realizarase o abono da matrícula antes do día 11 de outubro e entregarase o xustificante de pago na oficina de información xuvenil de Boiro.

Mais información:
Centro Social(OMIX)
981842635