venres, 20 de decembro de 2013

Exposición Implic-Arte: "Maquila Boutique"

A exposición "Maquila Boutique" visita a sala de exposicións de Boiro do 23 a o 30 de decembro. O fío condutor da exposición é a explotación feminina no sector téxtil, ademáis de informar sobre a labor da asociación Implicadas No Desenvolvemento.

Implicadas/os no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Na filosofía Implicadas defende:

- Que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres.

- Que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio.

- Que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación e por iso traballamos para superar primeiro a discriminación que padecemos as mulleres.

Na acción Implicadas:

- Traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento.

- Abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito.

- Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.


Pásate a vela que estará poucos días

Actividades no comercio de Boiro no Nadal


xoves, 19 de decembro de 2013

Axudas para o desprazamento do Concello de Boiro

Dende o 18 de decembro e ata o 31 de xaneiro podes solicitar as axudas ao desprazamento que otorga o Concello de Boiro para os destinos de Santiago(diario e fin de semana), Pontevedra, Vigo e A Coruña.

Aquí te deixamos as bases ca documentación que necesitas e o impreso de solicitude. Se necesitas máis información acude á OMIX no 1º andar do Centro Social de Boiro.


Prácticas de Deputación da Coruña en empresas alemás

A Deputación da Coruña promove o proxecto Práxide dentro do Programa Leonardo da Vinci. Preténdese seleccionar ata 10 persoas para a realización de prácticas laborais en empresas alemás situadas no distrito de Enzkreis, no Lander de Baden-Württemberg, con estanzas de 12 semanas de duración, durante o primeiro semestre de 2014, incluíndo un período de preparación cultural, pedagóxica e lingüística.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de xaneiro de 2014.
Máis información no BOP da Coruña do 18 de decembro de 2013 e neste enlace

Programa Leonardo

Bases da primeira convocatoria de selección de participantes no proxecto de mobilidad Leonardo da Vinci “Prácticas da Diputación da Coruña en empresas alemanas - Práxide” http://bit.ly/1cQLrFF

Becas EURICA para mobilidade Europa/Latino-América

Aberto prazo para solicitar unha das 292 Becas EURICA doPrograma Erasmus Mundus (Europa e América Latina) para 2014/2017.

mércores, 18 de decembro de 2013

Campaña informativa sobre a reciclaxe

«Separemos ben, reciclaremos mellor», una iniciativa promovida por la Consellería de Medio Ambiente y Sogama, estará este sábado en Boiro de 12.00 a 14.00 y de 16.00 a 18.30 horas

Programación para a fin de semana

Seguro que moitos xa tedes planes, ceas e máis ceas..pero entrementras, seguro que algo disto pódeche interesar

Xoves 19 de decembro

23h Concerto de Loren Tevra
Bar Brétema(Ribeira)




Venres 20 de decembro

20h Festival da Escola de Música de Boiro
Casa da Cultura(Boiro)

23.50h Concerto Carta de Ajuste
Bar Tbo(Noia)


Sábado 21 de decembro

9h Andaina popular
Centro Cultural de Leiro(Rianxo)

22h Concerto de Old Jaus Band
Bar a Recoveira(Ribeira)

23.45h Concerto Pito de Pikaso
Curral do Marqués(Taragoña-Rianxo)

00.00h Concerto de Malas Intenciones(tributo a héroes del silencio)
Pousada das Ánimas(Boiro)

Domingo 22 de decembro

10.30h Carreira popular Sinson(10 km)
Porto do Son

20h Proxecto Sapoconcho
Pousada das Ánimas(Boiro)

Bases desprazamento por estudios

Esta semana estade atentos, publicaremos as bases para solicitar as axudas ao transporte universitario do Concello de Boiro.

Formación para socorristas

Se queres traballar como SOCORRISTA en praias ou piscinasamplía a túa formación antes de Marzo de 2014 para o proceso de acreditación da experiencia da Xunta de Galicia.

OFERTA FORMATIVA 

CURSO SOCORRISMO EN ESPACIOS ACUÁTICOS NATURALES(a distancia)

CURSO SOCORRISMO EN INSTALACIONES ACUÁTICAS(a distancia)   



Bases da Convocatoria: RESOLUCIÓN do 6 de Noviembre de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación. (publicado DOG de Martes, 12 de Noviembre de 2013). 
Proceso de Acreditación Xunta de Galicia:
 
Más información: FESAN info@fesan.org o 981 522426.

martes, 17 de decembro de 2013

Formación gratuíta no Centro Social de Boiro

A partir de esta semana temos...
Taller de bodyjam
Data: 20 de decembro
Hora: 18 a 19h
Lugar: centro social de Boiro
Prezo. gratuíto
a partir de 16 anos

Obradoiro de creación de tarxetas multimedia de Nadal
Data: 23 de decembro
Hora: 17 a 19.30h
Lugar: centro social de Boiro
Prezo. gratuíto
a partir de 7 anos

Obradoiro de danza moderna
Data: 23 de decembro
Hora: 11h a 13h
Lugar: centro social de Boiro
Prezo. gratuíto
a partir de 7 anos

inscríbete xa no Centro Social de Boiro, no tlf 981842635 ou no mail omix@boiro.org

luns, 16 de decembro de 2013

Esta semana no Centro Social de Boiro

Esta tarde e mércores teremos obradoiros de iniciación á técnica Scrapbooking(para crear album de recordos e postais personalizadas) de 19.30h a 21.30h e o venres de 18 a 19h un taller de iniciación ao Bodyjam. Anímate e pásate polo Centro Social

Actividades Deporte e Xuventude en Ribeira


xoves, 12 de decembro de 2013

Bolsas para estudiar en Escocia

Neste enlace da páxina de ArousaNorte Emprego tedes toda a información sobre os requisitos para acceder á bolsa de Escocia. Ademáis botádelle un ollo á páxina que hai un montoón de outras convocatorias que te poden interesar.

mércores, 11 de decembro de 2013

Cultura a moreas

A partir do xoves..esto é que te podes atopar:

Xoves 12 de decembro

20h Música con MamaCabra
"Bicos de Música"
Casa da Cultura de Boiro

22h Acústica en concerto
Bar A Caseira(Ribeira)

23h Antonio Bermo en concerto
Bar Brétema(Ribeira)

Venres 13 de decembro

12h Comeza o Mercado de Nadal"Feito con Xeito"
Praza do Concello de Boiro

13h Agoraphobia en concerto
Praza do Concello de Boiro

13.30h Maltine en concerto
Praza do Concello de Boiro

19h Ollomol en concerto
Praza do Concello de Boiro

20h Rockfabogueis en concerto
Bar Brétema(Ribeira)

20.30h Presentación libro "Entre ruinas"
de Rábade Paredes
Auditorio de Rianxo

21h Presentación do libro "Enigmas del tiempo"
Ateneo Valle Inclán(Ribeira)

22h Estevo e Montana en concerto
Bar O Local(antiga Ubi)Boiro

23.30h A Rebanda en concerto
Bar A Caseira(Ribeira)

e a noitiña quen queira orquesta en Boiro está a Gran Parada polas festas de Sta Baia.

Sábado 14 de decembro

12h Exposición da Camelia
Casa da Cultura de Boiro

18h Festival de Nadal da Apa Loureda
Centro Social de Cabo de Cruz(Boiro)

20.30h Orquesta Gharbo
Auditorio de Rianxo

20.30h Festa da Matansa do porco+Aquel de Aquelar
Bar Nova Era(Araño)



Domingo 15 de decembro

11h II Rastro veciñal
Centro Cultural de Taragoña

11h Carreira popular Mar de Boiro
Memorial de Pepe Buceta

17h Obradoiro de repostería "facendo flores"
con Cociña de color lila
Casa da Cultura de Boiro

19.30h Solidariedade por música
organizado pola asociación Borobó
Pousada das Ánimas(Boiro)




Mercado de Nadal

Aínda non tes idea de que mercar de agasallos este Nadal, pois non te perdas mañá o mercado Feito con Xeito..alí atoparás un montón de ideas ademáis de programación cultural e música en directo

martes, 10 de decembro de 2013

Curso de Mediación en Conflitos Xuvenís, en Santiago de Compostela

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 20 horas.
Nº de prazas: 30.
ObxectivoFacilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís.
Contidos:
  • O conflito como proceso e oportunidade para o cambio.
  • Educar para a convivencia e prevención de conflitos
  • Comprender e analizar as situacións de conflito
  • A mediación como extratexia na solución de conflitos.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial.
Avaliación: O alumnado terá que realizar unha serie de fichas de traballo con preguntas e actividades sobre cada un dos módulos de contido, que se complementarán cun traballlo final.
Datas de realización: O curso desenvolverase do 18 de decembro de 2013 ao 15 de xaneiro de 2014.
Xornadas presenciais: A sesión presencial terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela o día 18 de decembro de 2013 en horario de 10 a 14 h.
Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 h do 12 de decembro de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do matadoiro, s/n.
15703-Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico:   oixuventude.traballo@xunta.es

Obradoiro elaboración de xabóns artesanais

Haberá dúas edicións deste curso  en Boiro. O primeiro de eles será o 11 de xaneiro de 10h a 14h e de 16h a 20h(25 euros) e o segundo os días 20, 23 e 24 de xaneiro de 10 a 13h(30 euros). Os contidos serán diferentes nos dous cursos. Para inscribirse ou ter máis información na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981848425

luns, 9 de decembro de 2013

IX Carreira popular Mar de Boiro. 7º Memorial Pepe Buceta

A carreira celebrarase o vindeiro 15 de decembro de 2013 ás 11 h. Para consultar as bases e o regulamento consulta a web do Concello de Boiro http://www.boiro.org/boiro/

xoves, 5 de decembro de 2013

Programación cultural do Concello de Boiro para o Nadal

Obradoiros de balde para cativos e adultos+mercados+música+teatro+ festivais...

Taller de Scrapbooking

Xa temos cartel..animádevos. Se queredes unha idea para regalar e feita por vós esta é a tua oportunidade por 20 euros con todo o material incluído. Comezamos luns cas inscricións e recorda plazas limitadas.


Congreso Innovatia 8.3


O Instituto da Muller e a USC organizan o Congreso Innovatia 8.3 os días 12 e 13 de decembro para promover o emprendemento feminino no ámbito universitario. Máis info en bit.ly/1eRNwAG

Mercado Feito con Xeito

O venres 13 Boiro terá o seu primeiro mercado de Nadal, un mercado de artesanía local baixo o nome de Feito con Xeito. Entre a programación vos adianto...


12:00h. Apertura do mercado
12-13h. Obradoiro de adornos reciclaxe de Nadal con Creaturas( a partir de 5 anos). de balde
12h Obradoiro de creación de adornos de Nadal con lás con Entreagullas( a partir de 5 anos). de balde
12h Obradoiro e Iniciación ao ganchillo con Entreagullas(adultos). de balde
13:00h.Concerto de Agoraphobia
13.30h. Concerto de Maltine
17-18:00h. Obradoiro de marcapáxinas con Amicos( a partir de 5 anos). de balde
17-19:00h. Obradoiro de adornos de Nadal con Creaturas( a partir de 5 anos). de balde
19:00h. Concerto de Ollomol
20:30h. Sorteo da cesta.

Durante todo o día haberá un dj pinchando música en directo e unha cantina a cargo de Vox Anima que venderá viño quente e bolicos, chourizo vegano e empanada de algas a recaudación irá destinada á asociación.

Curso de habilidades para a búsqueda de emprego


Becas para Alemania

Convocatoria de 20 becas artísticas Berliner Künstlerprogramm, con estancia dun ano en Berlín.
Máis info en http://bit.ly/189r1bt

Culturilla para unha longa finde

Xoves 5 de decembro

20h Mago Lledó
Centro Social de Cabo de Cruz(Boiro)

20h Festa da Patela
Exposicións, showcooking, Tapería da Ría
Rianxo

22.15h Concerto de Acústica
Bar Caseira(Ribeira)

Venres 6 de decembro

12h Festa da Patela
obradoiros, concertos, ruta vou de bares, showcooking
Rianxo

24h Concerto Cornelius
Pousada das Ánimas(Boiro)

22.30h Festival "Mocidade da Ría)
cos grupos os Perucos de Rianxo e Banda da Balbina

+ "Fashion WeekEnd" (fin de semana da moda)
Polideportivo Venecia(Pobra do Caramiñal)

Sábado 7 de decembro

11h Festa da Patela
Rianxo

21h Foliada con "O Aquel de Aquelar" 
O Local(Boiro)

23h Concerto Banda Baile Asalto
Pousada das Ánimas(Boiro)

+ "Fashion WeekEnd" (fin de semana da moda)
Polideportivo Venecia(Pobra do Caramiñal)

Domingo 8 de decembro

11h Festa da Patela
Rianxo

18h Festival tradicional Abeloura
Casa da Cultura de Boiro

+ "Fashion WeekEnd" (fin de semana da moda)
Polideportivo Venecia(Pobra do Caramiñal)

martes, 3 de decembro de 2013

Formación sobre Alzheimer

AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), en colaboración coa Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) organizará o curso “Enfermidade de Alzheimer: Abordaxe multidisciplinar para coidadores” do 9 (luns) ao 13 (venres) de decembro de 19 a 21 horas no Edificio municipal de servizos administrativos, ubicado na rúa do Espíritu Santo, nº4, en Noia. Esta acción formativa é gratuita e foi recoñecida de interese sanitario.
Para a incrición ou unha maior información poden poñerse en contacto con AGADEA no 981595738- 647589725 ou a través do correo agadea@agadea.org ou co Concello de Noia no teléfono 981828104.
Abrese convocatoria de 120 Bolsas “ Santander Crue Cepyme de prácticas en Empresa” da USC.
Toda a info neste enlace

Día 3 de decembro Marcha pola Diversidade




PROGRAMACIÓN DA XORNADA

10:30h. – Recepción de autoridades, o alumnado dos CEIPS e asociacións na Praza de España.
10:45h. - Comezo da Marcha pola Diversidade, que percorrerá varias rúas de Riveira.
12:00h. Lectura do manifesto
13:00h. - Na praza do Concello realización de varias dinámicas: libro de firmas, baile, cadena humana, representación en LSE da canción : canción “Mensajes del agua” de Macaco.

luns, 2 de decembro de 2013

Bolsa Feuga medioambiente

BOLSA FEUGA: 6 MESES NO COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA DE SANTIAGO.
ACTIVIDADE: HORTO ESCOLAR.

A Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación convoca a primeira bolsa para que unha persoa recén titulada realice prácticas no colexio Compañía de Maria de Santiago, preparando a súa incorporación futura ao mundo laboral.

A persoa bolseira será titulada en Bioloxía ou Enxeñaría Agrónoma, menor de 31 anos e encargarase de crear e manter un horto no colexio para que o cultiven e coiden os alumnos.

A bolsa tramítase a través de FEUGA (Fundación Empresa Universidade de Galicia).

CV e documentación enviarase a:

FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Universitario Sur . 15705 SANTIAGO. Correo electrónico: feugaempleo@feuga.es

O prazo para que os candidatos presenten a beca remata o día 8 de decembro de 2013

Información da convocatoria: http://bit.ly/1dKUDP0

Información xeral sobre as bolsas Feuga http://bit.ly/1dKUkDB

O Banco de España selecciona 25 técnicos para contrato en prácticas

Bases: http://bit.ly/18pTNF8
A Obra Social "La Caixa" convoca 145 bolsas para cursar estudos de postgrao en España, Europa, América do Norte e a zona Asia-Pacífico.

25 becas para realizar un doutorado en España: http://bit.ly/1a7USvj . Prazo: 24 de febreiro de 2014.
65 becas para cursar estudios de posgrado en universidades ou centros de ensinanza superior de países do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES): http://bit.ly/19OhRvd . Prazo: 10 de febreiro de 2014.
48 bolsas para cursar estudos en calquera universidade ou centro de ensino superior de Estados Unidos ou Canadá: http://bit.ly/1emw082 . Prazo: 28 de abril de 2014
7 bolsas para cursar estudos en universidades ou centros de ensino superior da zona Asia-Pacífico, concretamente dos seguintes países: Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapore e China: http://bit.ly/1e8hyzL . Prazo. 4 de marzo de 2014.

Bolsas Formativas

3 Bolsas Formativas en materia de “Educador/a Museos”, “Arquivos/Biblioteca” e “Investigación Ceramoloxíca” para a Rede Museistica Provincial de Lugo.

Requisitos:

Educador/a de Museos, ser licenciado/a ou ter o Grao en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Humanidades, ou ser Diplomado/a en Maxisterio, en calquera das súas especialidades....Ver más en http://bit.ly/1j7gNdX ou deputacionlugo.org