mércores, 13 de agosto de 2014

Para a semana



Bolsas para estudios de postgrado

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso 2014-15 cursen estudos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional:
-Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e validez en todo o territorio nacional.
-Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional.
Prazos de presentación de solicitudes:
O 15 de outubro de 2014, inclusive, para estudantes universitarios.
O 30 de setembro de 2014,inclusive, para os estudantes non universitarios.
Máis información: Boletín Oficial del Estado (BOE), núm. 191, do xoves 7 de agosto de 2014.

Programa EMEGA para mulleres

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (SI429A).
O programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral.
Así, establécense cinco liñas de actuación en función das tres fases da situación dun proxecto empresarial –identificadas como inicial ou de posta en marcha, de progresión ou expansión a través da innovación e de consolidación– denominadas liña Emprende, liña Innova e liña Activa, que se complementan cunha cuarta liña, denominada Concilia, establecida en atención á maternidade das promotoras e á organización do proceso de traballo na empresa. Como novidade, introdúcese unha nova liña para incentivar a iniciativa empresarial de investigación e tecnolóxica, denominada ITEF (investigación e tecnolóxica en feminino).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información: Diario Oficial de Galicia, núm. 151, do luns 11 de agosto de 2014.

luns, 11 de agosto de 2014

xoves, 7 de agosto de 2014

Formación en fotografía creativa






Queres formarte en algo diferente e novidoso no mundo da fotografía?
Durante todo o mes de setembro, os martes e xoves, tes unha cita ca fotografía de retrato.


Formación en novas tecnoloxías para setembro




Xa que o sol non acompaña, os días de choiva son bos para pensar en que vamos a ocupar o largo tempo de inverno e que mellor que virte ata o centro social e formarte cos nosos cursos gratuítos. A partir de setembro temos nova formación na aula Cemit, vaite vindo!


martes, 5 de agosto de 2014

Mércores: Novo circo en Boiro















Este mércores 6 de agosto ás 22h diante da Casa da Cultura..teremos o novocirco de PistaCatro

Formación gratuíta en Boiro


Axudas para a electricidade


Formación para a mocidade gratuíta

Curso de Formación básica para a intervención coa mocidade na convivencia

Localidades:
Santiago de Compostela: 8 e 9 setembro - Centro Coordinador de información e documentación xuvenil
Formulario de inscripción Santiago de Compostela
Vigo: 9 e 10 setembro - Centro Quérote+ Vigo
Formulario de inscripción Vigo
A Coruña: 15 e 16 setembro - Centro Quérote+ A Coruña
Formulario de inscripción A Coruña
Ourense: 15 e 16 setembro - Casa da Xuventude de Ourense
Formulario de inscripción Ourense
Lugo: 17 e 18 de setembro - Centro Quérote+ Lugo
Formulario de inscripción Lugo
Horario:
9 a 14 e de 16 a 19 horas
Semipresencial: 20 horas
16 horas presenciais e 4 a distancia
Prazas:
30 en cada localidade (mínimo de 15 para facerse)

Consulta o pdf coa información dos cursos aquí.

Curso de Formación básica para a mediación coa mocidade no ámbito familiar e escolar   
Localidades:
Vigo: 18 e 19 setembro - Centro Quérote+ Vigo
Formulario de inscripción Vigo
A Coruña: 29 e 30 setembro - Centro Quérote+ A Coruña
Formulario de inscripción A Coruña
Ourense: 29 e 30 setembro - Casa da Xuventude de Ourense
Formulario de inscripción Ourense
Santiago de Compostela: 29 e 30 setembro - Centro Coordinador de información e documentación xuvenil
Formulario de inscripción Santiago de Compostela
Lugo: 29 e 30 de setembro - Centro Quérote+ Lugo
Formulario de inscripción Lugo
Horario:
9 a 14 e de 16 a 19 horas
Semiprensecial: 20 horas
16 horas presenciais e 4 a distancia
Prazas:
30 en cada localidade (mínimo de 15 para facerse)

Consulta o pdf coa información dos cursos aquí.

venres, 1 de agosto de 2014

Certame de fotografía

A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2014.
O Certame de Fotografía sobre Cultura Popular pretende destacar os mellores traballos fotográficos que poñan de relevo as diferentes formas de vida e pensamento dos pobos e individuos que compoñen as diversas culturas do Estado español.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema.
O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior).

Premios:
Primeiro premio: 1.870 €.
Segundo premio: 1.240 €.
Terceiro premio: 630 €.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2014.
Máis información no BOE do 24 de agosto de 2014 e en http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/museos/premios/certamen-fotografia-cultura-popular/presentacion.html