martes, 30 de decembro de 2014

Convocatoria dos 43 Edición dos Premios Literarios Minerva



Poderán participar todos aqueles alumnos de 3º e 4º de ESO, e Bacharelato que curses os seus estudos en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2015. 

Bases neste enlace

Becas Fundación Carolina

Bolsas Fundación Carolina 2015-2016,para a xuventude, neste enlace tes a info http://bit.ly/1ttwIfg

xoves, 18 de decembro de 2014

Tamen esta fin de semana..Mercado da estrela

Moi preto de aquí..en SANTIAGO..Artistas, artesáns, produtores e emprendedores darán a coñecer as súas coleccións de  ilustración, moda, bixutaría, complementos, fotografía, bonecos, decoración e obxectos para o fogar, papelería, adornos de Nadal, produtos enogastronómicos e agroalimentarios, e un sinfín de orixinais creacións para que poidas convertelas nos teus agasallos de Nadal!

Sobre cooperativas

Mañá en Santiago se celebra un evento in-formativo para aquelas persoas/entidades interesadas no cooperativismo cultural


Axudas ao transporte Concello de Boiro

A partir do 2 de xaneiro xa podedes solicitar as axudas ao transporte do Concello de Boiro, este ano hai novidades(se entrega menos documentación e se amplian os destinos). Estas son as bases:

mércores, 17 de decembro de 2014

Voluntariado Europeo en Kenya

http://serviciovoluntarioeuropeo.org/voluntariado/voluntariado-europeo-en-kenya-atencion-social-y-minorias/

Bolsas de mobilidade

630 bolsas de mobilidade do Programa Argo para realización de prácticas en empresas no estranxeiro http://bit.ly/1GIh4wS

venres, 12 de decembro de 2014

Encontro de Social Media de Galicia





19 de decembro no centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Santiago

10:00h.- Apertura de instalacións
10:30h.- Compostweets 2014 “ Navidad en RED”
11:00h.- Un Facebook divertido / O facebook de Chus Alvite
11:30h.- 12:00hCafé.
12:00h.- O twitter supérame.  ¿Redes sociais? O Meu sobriño encárgase de todo / Por Javier Rocamora
13:00h.- Non vendo nin un pemento ca miña e-commerce / Por Manuel Alonso
13:30h. Presentacións  Elevator Picht

14:00h. 
Comida

Bolsas de formación para artistas

Eres artista? Ata o 1 de xaneiro podes pedir unha das 20 becas para artistas en Berlín http://bit.ly/1xJ8wGb

xoves, 11 de decembro de 2014

Formación on-line gratuíta

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo convoca a 6ª Escola Virtual de Igualdade.

A Escola Virtual de Igualdade é un programa do Instituto da Muller dirixido á formación en igualdade entre mulleres e homes.

Os cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, impártense gratuitamente a través da plataforma virtual www.escuelavirtualigualdad.es 
A formación conta cun servizo de titoría especializado, así como foros de debate temáticos.

Esta edición está dotada con 42.000 prazas para os anos 2015 e 2016. Consta de dous niveis de formación:

Básico: de 30 horas de duración, cun contido de carácter xeral.
Avanzado: con catro modalidades de 65 horas cada unha. Estes cursos están orientados a persoas relacionadas coa xestión e orientación para o emprego, os servizos sociais e os ámbitos empresarial e xurídico.

Esta edición inclúe, como novidade, un curso específico para membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A formación da Escola Virtual de Igualdade levarase a cabo ata setembro de 2016 aproximadamente. A formación é individualizada, para cada participante o curso comeza cando realiza a inscrición e dispón, dende ese momento, de 8 semanas para finalizalo.

Unha vez finalizado satisfactoriamente o curso elixido, emitirase un certificado acreditativo


http://escuelavirtualigualdad.es

xoves, 4 de decembro de 2014

Taller de fotografía en Riveira



Trátase dun taller gratuíto-solidario no que pedimos aos asistentes a aportación de 5kg de comida que posteriormente entregaremos a Cáritas.

II Showroom Creaturas




Coñoces os showrooms? te apetece visitar un espazo innovador, coñecer artesanos creativos e saber do que fan, acercarte ao mundo da arte ou degustar dun momento de poesía?

Esta é  a túa oportunidade, o sábado 13 de decembro de 10h a 22h o colectivo creaturas organiza no Centro Social de Boiro o II Showroom..agardámoste

luns, 1 de decembro de 2014

Bolsas no Parlamento

O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica http://bit.ly/1xW0MPM O prazo para solicitalas remata 4 de decembro de 2014.