martes, 19 de abril de 2016

Día do Libro en Boiro

Este sábado, 23 abril celebramos o Día do Libro, na Biblioteca do Centro Social de Boiro: LECTURA PÚBLICA de textos de Manuel María


mércores, 6 de abril de 2016

Boletin xuvenil

Boletín con novidades en Bolsas e cursos neste enlace

Prazas de auxiliares de Policia Local Concello da Pobra

O prazo para presentar instancias será de 10 hábiles. Para máis información ou realizar solicitudes podedes consultar este enlace

Voluntariado europeo

O Concello de Ribadavia a traves da OMIX Ribadavia busca 1 EVS para Letonia
ORGANIZACIÓN: Radi Vidi Pats
ONDE: parroquia Pelči, rexión Kuldiga
CANDO: 9 meses. Dende setembro de 2016  a maio de 2017
DATA LÍMITE: 10 de abril de 2016
SECTOR DA ACTIVIDADE: 
•Apoio na creación e mantemento  da coleción do patrimonio histórico dixital de Pelči (foto e vídeo creación, etc.).
•Apoio na organización de eventos da parroquia (festivais, eventos, tales como a Noite Anual de Lendas no palacio Pelči)
•Apoio  ao proxecto das actividades da  biblioteca internacional de Pelči " O pracer da lectura une a norte e sur"  (proxecto en colaboración coa biblioteca de Viana en España sen fondos adicionais);
•Promoción da comunicación intercultural e actividades relacionadas (presentacións sobre a cultura dos voluntarios, culinarias, discusións, noites de cine, contos, etc.)
Máis información na OMIX:
Nova Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense), España
Teléfono: 988 471 929
Inscricións: omix.ribadavia@gmail.com

martes, 5 de abril de 2016

Concesión de axudas ao transporte do Concello de Boiro

Lista de concesións e reservas nas axudas ao transporte do Concello de Boiro, en canto vos notifiquen a resolución tedes 15 días para xusticar mediante factura o gasto e poder recibir a axuda en conta.
+info no Centro Social de Boiro.




luns, 4 de abril de 2016

Próxima Exposición

Inauguramos o xoves ás 20h

Curso gratuíto para aprender inglés

 Curso de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda este verán de forma completamente gratuita. A idade mínima son 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás bolsas son 6 puntos de media no expediente académico.
O prazo de solicitude remata o 25 de abril. Para ter máis información podes consultar www.becaseurolingua.com ou no teléfono 902 881 831.