luns, 29 de agosto de 2016

Nova tarxeta de transporte para a mocidade

Seguramente te intere...revisa nos enlaces os destinos nos que podes empregar a nova tarxeta de transporte da Dirección Xeral de Mobilidade.
TARXETAXENTENOVA
Que é?A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19  poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar.
Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e
Correo electrónico: tmg@xunta.gal

Bolsas do Ministerio de Educación para estudos posobrigatorios


PDFImprimir
BECAS_MEC2BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSOBRIGATORIOS
Curso académico 2016-2017
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso académico 2016-2017 cursen ensinanzas posobrigatorias con validez en todo o territorio nacional.

 

Ensinanzas comprendidas:

1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos militares superiores.
h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas.
j) Formación Profesional básica.

2.- Ensinanzas universitarias:
a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.
c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Presentación de solicitudes:
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezohttps://sede.educacion.gob.es/

Información para estudos NON UNIVERSITARIOS

Información para estudos UNIVERSITARIOS

Prazo de presentación:
  • 3 de outubro para estudos non universitarios
  • 17 de outubro para estudos universitarios 

mércores, 10 de agosto de 2016

CAMIÑADAS DO VERÁN

A camiñada nocturna que organiza Turismo de Boiro para este venres é a Ruta das Aldeas. Unha ruta de circular de 10 km e duración estimada de 3 horas, que pasará polo peirao de Agañán, Capela de Exipto, lugar de A Boliña e Lavadoiros en A Boliña e Brión. Ten o punto de partida na Praza de Galicia ás 21.00h

A ruta ten unha cota de inscrición de 3.00 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654

Cando? Venres, 12 de agosto 21.00h

martes, 9 de agosto de 2016

Campo de traballo "Illa de Sálvora"

Dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, situámonos para a posta en marcha deste campo de traballo ambiental na ILLA DE SÁLVORA.
Como todo campo de traballo, que constitúe un espazo de aprendizaxe, e considerando que este, se crea a partir de iniciativas tanto ambientais como lúdicas, establecemos dúas partes análogas; a primeira de VOLUNTARIADO AMBIENTAL, e a segunda de OCIO NO ENTORNO.

LUGAR: Illa de Sálvora. Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de
Galicia.
TEMPORALIZACIÓN: Do 15 ao 30 de agosto.
DESTINATARIOS: mozos e mozas de 18 a 30 anos.
PARTICIPANTES: 10 persoas.
LUGAR DE SAIDA E CHEGADA: Porto de Aguiño.
INSCRICION: Chamando aos teléfonos 981 957 115 e 981 544 838

FICHA INFORMATIVA

Feira Castrexa en Boiro


luns, 8 de agosto de 2016

Obradoiro de emprego en Boiro

Este ano, o Concello de Boiro terá un novo obradoiro de emprego, “ Boiro Emprega-Escola Obradoiro Xardíns de Boiro II ”, dirixido ás persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O persoal a contratar será mediante formulación de oferta ao Servizo Público de Emprego (Oficina de Emprego de Boiro).

Máis información para as persoas que teñan interese en participar no obradoiro de emprego como alumnos-traballadores ou como parte do equipo de dirección, docente e administrativo de apoio:

Departamento de Emprego do concello de Boiro Telf. 981842609 E-mail: orientacion.laboral@boiro.org