Páginas

venres, 26 de setembro de 2014

Persoal investigador

A @UDC_gal busca persoal docente e investigador para a Facultade de CC. da Educación. Solicitudes ata o 8 de outubro. http://bit.ly/1v7w2Kh

competencias dixitais

Convocadas 360prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da @Xunta @Amtega http://bit.ly/1pegX3L
Se queredes máis información podedes acudir a aula Cemit que está no Centro Social de Boiro

mércores, 24 de setembro de 2014

Formación en xuventude de balde

250 cursos universitarios, online e de balde que comezan en outubro http://bit.ly/1mwL6jm

martes, 23 de setembro de 2014

Bolsas para xornalismo

O Senado convoca 3 bolsas para licenciados en xornalismo http://bit.ly/1sVEO9E e 15 de Biblioteconomía/Documentación http://bit.ly/1sVEO9E

Curso para a creación de marca persoal

Curso de marca persoal do 26 de novembro ao 4 de decembro de 10h a 14h. Gratuíto no
Centro Social de Boiro. Aula Cemit


xoves, 18 de setembro de 2014

Prazas para Voluntariado Europeo

A OMIX Ribadavia busca a un participante de entre 18 e 30 anos de idade (30 incluidos) que queira facer un Servizo de Voluntariado Europeo en Portugal. O proxecto xa foi aprovado e a/o voluntaria/o interesada/o debería comezar no próximo mes de Outubro e o voluntariado durará 9 meses!! Toda a información poden atopala no seguinte enlace e nos adxuntos:

https://europa.eu/youth/vp/vol_organisation/60000367567_en

mércores, 17 de setembro de 2014

SVE en Suecia

2 prazas para asistir en Suecia a un curso de formación sobre educación non formal!!
http://bit.ly/XgNjDh

Ganchillo Creativo


Iniciamos a ESCOLA CREATIVA cun obradoiro de Ganchillo Creativo os días 15,22 e 29 de outubro.

No Obradoiro poderás escoller entre realizar unha bufanda ou un manteliño de sobremesa.

Para inscribirse soamente tes que poñerte en contacto co Centro Social de Boiro no tlf 981842635 ou enviarnos unha mensaxe ao mail omix@boiro.org

Curso inglés para viaxar

Xa está aberto o prazo de inscrición no curso de inglés para viaxar, organizado polo Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, do 15 ao 30 de setembro de 2014.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 en posesión do carné xove.
Número de horas: 30
Número de prazas: 20
Contidos: Travel abroad. Places to stay. Moving around. Outdoor activities. Ecotourism. Whatʼs on?
Modalidade: Semipresencial (18 horas de clases presenciais, divididas en 12 sesións de 90 minutos de duración, e 12 horas de clases a distancia).
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Data de inscrición: Do 15 ao 30 de setembro.
Data prevista de realización: Do 7 de outubro ao 13 de novembro de 2014.
Sesións presenciais: Sesións presenciais os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas.
Data e hora do exame: Día 13 de novembro, de 18.00 a 19.30 horas.
Información e inscricións: Cursos na Rede Galega de Información Xuvenil.

martes, 9 de setembro de 2014

Curso-concurso MERCHANDISING CULTURAL..Moi recomendable!!!


A Mancomunidade Arousa Norte promove un curso e un concurso de merchandising literario co obxectivo de promover a creación de pezas souvenir asociadas aos escritores máis representativos de Arousa Norte: Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste e Valle- Inclán.
O curso levarase a cabo os días 20 e 27 de setembro de 17-20:00h no Centro Social de Boiro.
A participación no concurso é independente da asistencia ao curso e terá como prazo de presentación das pezas do 1-15 de outubro. Haberá 1.200€ para repartir en 3 premios.
INSCRICIÓNS DO 10-18 DE SETEMBRO enviando a seguinte ficha
Máis info neste mail concursomlarousanorte@gmail.com e o no seguinte enlace 

Prácticas en Europa

A Deputación da Coruña, convoca 24 prazas para prácticas en diversos países europeos para xóvenes de 18 a 30 anos http://bit.ly/1rEkq02

Contratación para persoal investigador

CONVOCATORIA DA USC PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL COLABORADOR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN(psicoloxía, Química..)   http://bit.ly/1qGYikb

Contratación para persoal investigador

CONVOCATORIA DA USC PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL COLABORADOR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN(psicoloxía, Química..)   http://bit.ly/1qGYikb

luns, 8 de setembro de 2014

Prácticas formativas

Programa FARO 2015-2017 de prácticas formativas en empresas do estranxeiro para estudantes universitarios http://bit.ly/1BmoUeQ

Curso de coidador e acompañante de autobús escolar

Promovido pola  Fundación Amigos de Galicia

  • As datas: do 15 de setembro ao 26 de decembro
  • Horario: de 9:00 h. a 14:00 h. De luns a venres. Os mércores pola tarde de 16:00h. A 18.15 horas.
  • Destinatarios: colectivo inmigrante en Riveira.
  • Nº de prazas:15
  • Inscripcións en: Departamento de Servizos Sociais . Praza 8 de marzo s/n. Riveira.
  • Prazo de inscripción: Aberto ata rematar prazas.
  • Información: Departamento de Servizos Sociais . Praza 8 de marzo s/n. Riveira. Tlfn: 981 87 41 31

Comezamos e xa temos no forno unhas cantas cousas

pero antes vos mantemos informados de este curso que organiza a Mancomunidade Arousa Norte