Páginas

Festas de Boiro

Xa tedes colgada na web do concello de Boiro a programación para as festas do verán

venres, 26 de xuño de 2015

Encontro embarcacións tradicionais de Cabo de Cruz

Queres ser voluntario no encontro de embarcacións tradicional de cabo de Cruz e vivir a festa dende dentro? aquí te deixamos o enlace da ficha de inscrición.

xoves, 25 de xuño de 2015

Día de peñas nas festas de Boiro





Recordade que este ano as peñas nos xuntamos(ademáis do luns) o venres 3 diante do bocacho ás 21.30h!!!

Becas de investigación

6 BECAS INAP 2015 DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN PARA UNIVERSITARIOS
4 becas para titulados/as na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, e
2 destinadas a titulados/as nas áreas de Biblioteconomía e Documentación,
Convocatoria: http://bit.ly/1J41xuU
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 11 de xullo de 2015

Programación veráns deportivos en Boiro

http://www.boiro.org/boirodata/News/3525/Files/Verans%20deportivos%202015.pdf

mércores, 17 de xuño de 2015

Concurso de fotografía de viaxes

Se tes entre 15 e 30 anos xa está aquí o certame Viaxarte 2015


SVE en Islandia

Queres facer un Servizo de voluntariado en Islandia? http://bit.ly/1MEFYl4

Prazas na UDC

Convocadas 3 prazas temporais na Facultade de Ciencias da UDC http://bit.ly/1GIkg1b

martes, 16 de xuño de 2015

Prácticas remuneradas

PRÁCTICAS remuneradas 2016 NO CONSELLO DA UNIÓN EUROPE, prazo de solicitudes ata o 31 de agosto http://bit.ly/1IfPGqz

Axudas para proxectos culturais



Si tes un proxecto cultural e buscas información de como financialo, inscríbete no taller que se celebrará este venres, 19 de xuño no museo de belas artes da Coruña

+ info:
http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=362&ida=239

Campamento urbano de verán en Boiro

Xa podedes descargar a ficha de inscrición nos campamentos de verán, Para calquera dúbida acudir á Casa da Cultura.

luns, 15 de xuño de 2015

Curso de Mediación educativa en conflitos xuvenís

Contidos:
O conflito como proceso e oportunidade para o cambio
Educar para a convivencia e prevención de conflitos
Comprender e analizar as situacións de conflito
A mediación educativa como extratexia na abordaxe de conflitos
Proxectos de mediación no ámbito educativo
Modalidade: A distancia.
Data de inscrición: Do 15 so 30 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: Do 6 de xullo ao 8 de setembro de 2015.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información.
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es

Escola de Baile Boiro: Capoeira




En xullo comezamos con clases de capoeira no Centro Social de Boiro.

Martes de 20h a 21h e xoves de 19h a 20h

CONVOCATORIA 2015 DAS AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de xuño ao 29 de xuño de 2015 ás 15:00 h.
Máis info en http://bit.ly/1GBSfIN

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL "GALEUROPA”

Obxectivo: axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega, con axudas individuais aos mozos e mozas participantes, ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude e concellos.

Finalidade: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros

Duración: A duración das prácticas formativas será de 2 meses consecutivos no caso de axudas individuais a mozos/as; e mínimo de dous meses e máximo de tres meses consecutivos para axudas a proxectos, sempre antes do 30 de novembro deste ano

Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado a partir de mañá.

Máis info neste enlace:http://bit.ly/1GnrG6S

venres, 12 de xuño de 2015

Campamentos urbanos de verán en Boiro

A partir do martes da semana que ven poderanse solicitar os campamentos urbanos de verán que organiza o Concello de Boiro. Para máis información acudir á Casa da Cultura.

Bolsas Repsol

Convocadas 15 Bolsas Refinería Coruña - Fundación Repsol, curso 2015-2016. Destinatarios/as: Estudantes de FP en centros educativos da Coruña ou Arteixo.Consulta as condicións neste enlace

xoves, 11 de xuño de 2015

Ofertas investigación UDC

Novas convocatorias da UdC:

- Técnico/a de apoio á investigación a tempo parcial
Requisito, entre outros: Licienciado/a (ou equivalente) en Bioloxía ou Química http://bit.ly/1QqEp0d

- Axudante de apoio á investigación a tempo parcial
Requisito, entre outros: Técnico/a de FP II http://bit.ly/1Mru0el
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días contados desde hoxe.

Voluntariado internacional

#‎Voluntariado‬ en México? A Asociación mexicana de voluntariado internacional convoca 16 campamentos http://bit.ly/1QLSPmx

Interesante! Encontro para xente con ideas e proxectos










CUÁNDO: 27 de Junio

DÓNDE: Tienda-Escuela Dean. Pobra do Caramiñal. A Coruña.

OBJETIVO: reunir a mentes inquietas y creativas en un mismo espacio, donde se puedan generar nexos de unión entre ellos, fomentando así la economía colaborativa a través de las sinergias.

PROGRAMA: El encuentro contará con talleres profesionales, mesas redondas, ponencias, presentaciones de proyectos y una sección muy especial llamada "Embarcados", donde cada participante podrá encontrar profesionales que quieran acompañarles en el desarrollo de sus proyectos.

25 euros ** Incluye la comida.

Axudas a proxectos culturais

Estades a artellar un proxecto cultural, creativo e cos/para os cidadáns? Hai programas da Unión Europea que poden contribuír a financialo para a súa posta en marcha. Toda a información, no taller que se celebrará o vindeiro 19 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña.

Programación equipamentos culturais de Boiro

Hoxe actualizamos a axenda cultural para os meses de verán nos equipamentos culturais de Boiro e ademáis para que non te perdas nin unha..todas as festas do verán!!

Para consultala visita a pestaña Programación equipamentos culturais de Boiro

Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís

Obxectivos:
Revisar e analizar as repercusións das relacións sexo-xénero no desenvolvemento integral de mozos e mozas.
Analizar como incorporar a perspectiva de xénero nos obxectivos e actuacións dunha entidade xuvenil.

Finalidade: 
Analizar como os factores relacionados coa socialización dos roles de xénero tradicionais inflúen nos hábitos de saúde da mocidade

Destinatarios/as: 
Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Número de horas: 20
Número de prazas: 50

Contidos:
Relación sexo-xénero
Reproducción dos esteriotipos de xénero nos espazos de relación entre mozos e mozas
Incorporar a perspectiva de xénero nos espazos educativos con mocidade

Modalidade: A distancia.

Data de inscrición: do 8 ao 23 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: do 30 de xuño ao 4 de setembro de 2015..

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Listaxe de contratación de persoal laboral temporal

venres, 5 de xuño de 2015

Sesión de NEXOS

Este sábado 6 de xuño o ciclo ‪#‎Nexos‬, dirixido por Marcos Lorenzo, pon punto e seguido cunha sesión na que gastronomía e literatura irán da man: "O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos."
A conversa inicial terá como protagonista a Donna Leon, a gran dama da literatura negra de hoxe e creadora do personaxe do comisario Brunetti (La 2, TVE). Os seus libros están ateigados de referencias gastronómicas. A continuación, realizarase un percorrido pola historia do espellismo culinario da man de Manuel Gago, xornalista e profesor da USC, e do cociñeiro Alberto Lareo, chef do restaurante Manso.
As prazas están esgotadas dende fai días, pero as persoas que desexen anotarse na lista de espera poden mandar os seus datos persoais a online@cidadedacultura.org. No caso de que queden prazas libres, outorgaranse as prazas por estricta orde de inscrición.

xoves, 4 de xuño de 2015

Novas convocatorias da Universidade da Coruña para contratos de persoal investigador:


- Técnico/a de apoio á investigación, a tempo parcial
Titulación: Licenciatura ou Grado en Matemáticas ou Físicas, ou Enxeñaría http://bit.ly/1IjVVPw
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días contados desde hoxe.

- Investigador/a en formación, a tempo completo. Titulación: Licenciatura ou Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte http://bit.ly/1H2ZtEh
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días contados desde hoxe.

Seminarios informativos sobre proxectos de mobilidade IDA(en Alemania e Italia)

lugar: Fundación Paideia Galiza en Padrón (A Coruña)
data: xoves 18 de xuño entre las 11:30h–12:30h
Obxectivos: informar en profundidad a xóvenes sobre os obxectivos, características e requisitos de participación nos proxectos.

Os/as interesados/as en participar poden inscribirse a través deste formulario: http://www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario.

Máis información sobre proxectos de  Mobilidade en http://www.paideia.es/juventud/.  

mércores, 3 de xuño de 2015

Intercambios xuvenís

Buscan 15 mozas e mozos de entre 18 y 30 anos interesados en participar nun Intercambio Xuvenil subvencionado polo Erasmus + , que terá lugar en Ourense (Equal:www.centroequal.com).O intercambio tenrá lugar entre o 1 e o 15 de Xullo de 2015 e centrarase no Medio Ambiente e a súa protección.
O programa inclue aloxamiento, pensión completa e actividades. Para mais información, escribe a info@integracoruna.com

Prazas USC para I+D

A USC oferta prazas para persoal en formación de apoio á xestión e promoción de I+D http://bit.ly/1EOA9M3

III Premio Emprende Gaiás- Sixto Seco

Concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia. Ata o 15 de xullo podes informarte. Consulta as bases

A re-invención dos comúns: cultura dixital e territorio






A Universidade de verán nos trae formación tan interesante como esta que vos recomendamos. O Programa está neste enlace pero ademáis podedes consultar toda a formación que se imparte nos campus da USC aquí


Europa creativa

O vindeiro 19 xuño celébrase no auditorio do Museo de Belas Artes da Coruña un interesante obradoiro gratuíto sobre proxectos europeos.
O obxectivo é ofrecer información práctica e resolver dúbidas específicas sobre o proceso de presentación de proxectos ás convocatorias dos programas “Europa creativa” e “Europa cos cidadáns” que se abrirán no segundo semestre de 2015.
O taller está destinado a todos os perfís do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas – administracións, fundacións, asociación, empresas, ONGs, consultoras e produtoras – que estean interesadas en presentar un proxecto europeo no marco destes dous programas de financiamento.
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse antes do vindeiro 17 de xuño. O aforo está limitado a 150 persoas e completarase por orde de inscripción.
Entregarase certificado de asistencia.

Axudas para libros de texto de 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de ESO

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/16.

Requisitos:

Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado.
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: 1 de xullo de 2015
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 1 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es

Curso de Dinamización da promoción da saúde e da prevención en entidades xuvenís

Destinatarios/as: 
Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.

Contidos:
Promoción de hábitos saudables e prevención
Extratexias educativas para a prevención en saúde
Educación non formal e promoción da saúde
Programas e actuacións en asociacións xuvenís

Modalidade: A distancia.
Número de horas: 20
Número de prazas: 50 
Data de inscrición: Do 1 ao 15 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: Do 22 de xuño ao 30 de xullo de 2015..

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información:

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es

I encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural



Destinado a profesionais en activo, desempregados e estudantes do ámbito da cultura e a creación que desexen promover co seu traballo un cambio significativo no tecido cultural galego; e que precisen información sobre cuestións laborais, fiscais ou de xestión.

A participación nesta xornada é gratuita. Se che interesa podes anotarte completando os datos a través deste formulario:

http://goo.gl/forms/wNftMrejLG

Un proxecto ben bonito



Esta semana celébrase o 1º Festival Internacional de arte público en Carballo

O evento actuará como un axente rehabilitador contra o feísmo urbanístico e utilizará as rúas como un espazo de diálogo e de expresión artística.
 
Rexenerará espazos deteriorados, achegaralle valor engadido á paisaxe urbanística, dinamizará o tránsito peonil e expandirá os espazos de lecer nas zonas nas que se vai intervir.
 .

Durante unha semana, os/as artistas participantes estarán traballando en distintas localizacións, ás que os veciños, veciñas e visitantes poderán achegarse e apreciar a habilidade e mais todo o proceso artístico de cada obra.