xoves, 21 de xullo de 2016

Xornada medioambiental no Parque Natural de Corrubedo

O sábado 30 de xullo a Dirección Xeral de xuventude organiza unha actividade gratuíta medioambiental para mozxs de 16 a 30 anos no Parque Natural de Corrubedo e zona do Vilar

Se estades interesadxs enviade mail a omix@boiro.org

Máis info:

DESTINATARIOS/AS
Mozos e mozas galegos entre 16 e 30 anos de idade.
DATA E LUGAR
Sábado, 30 de xullo de 2016
Parque natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
(Vilar, s/n - CARREIRA - 15959 -Ribeira).
PRAZAS
25 prazas.
Mínimo de prazas que deberán cubrirse para a realización da actividade: 15.
COBERTURA
A actividade terá un carácter gratuíto e facilitarase aos participantes unha liña de transporte para o desprazamento ao parque natural de ida e volta.
O xantar correrá a cargo dos participantes.
TRANSPORTE
Porase a disposición dos/as mozos/as participantes unha ruta de transporte con saída e volta dende a cidade de Santiago, ruta que se confeccionará segundo a procedencia xeográfica dos/as participantes.
Non é obrigatorio a utilización deste medio de transporte, polo que os mozos/as poderán achegarse ata o parque natural polos seus propios medios. Neste caso, os gastos de transporte correrán a cargo do/a participante.
RECOMENDACIÓNS
É moi importante utilizar calzado axeitado, resistente e flexible. E nos días de moito sol, tamén é recomendable levar proteción solar.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES.
10.00 RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES NO PARQUE NATURAL.
10.30 VISITA GUIADA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO ECOSISTEMA LITORAL GALEGO (CIELGA)
11.30 SAÍDA A RUTA GUIADA:
  • Camiño da auga: percorrido 3km – 1,5h. Chegada ata a laguna de auga doce de Vixán (alimentada polo regato do Vilar) e os restos dun castro en Porto Baixo.
13.30 FIN DA RUTA
13.45 ACTIVIDADE DE LECER: OBSERVACIÓN E AVISTAMENTO DE AVES NOS ARREDORES DO PARQUE NATURAL (LAGOA DE VIXÁN).
14.45 FIN DA ACTIVIDADE.
15.00 XANTAR NA PRAIA DO VILAR.
16.00 VISITA Á PRAIA DO VILAR E SUBIDA AO MIRADOIRO DA PEDRA DA RÁ.
18.30 FIN DA ACTIVIDADE E SAÍDA.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 20 de xullo a 28 de xullo ás 23:59 horas
INSCRICIÓN
A inscrición será mediante o formulario electrónico.
As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición.
Se no momento de finalizar o prazo de inscrición non houbese o mínimo de 15 inscritos, a actividade será suspendida.
Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, no que se indicará a ruta e horarios de transporte.
No caso de que o venres 29 de xullo antes das 14:30 horas o/a solicitante non recibe mail de confirmación, entenderase que non obtivo praza
MÁIS INFORMACIÓN
Sonia Sánchez Mella
646 905 325


saúdos

Ningún comentario:

Publicar un comentario