Páginas

mércores, 27 de xuño de 2018

Voluntariado europeo en Italia

OMIX Ribadavia seleccionada 1 voluntaria ou voluntario para un proxecto xa aprovado de 12 meses en Italia (Turín)
Máis info en https://bit.ly/2tIiTfQ

"CAFÉS CON EUROPA"


"CAFÉS CON EUROPA": ENCONTROS COA XUVENTUDE nos que membros da Comisión Europea manteñen conversas con mozos e mozas co fin de dialogar acerca do lles preocupa e dan a coñecer programas comunitarios como as becas Erasmus ou a posibilidade de viaxar por Interrail, incluso gratis para os que teñan 18 anos.

A cita será o martes 3 de xullo, de 13 a 14.30 horas no Club Náutico Riveira. O aforo é limitado.

Se es moza ou mozo e estás inquiet@ por qué pode facer a Unión Europea por ti, acude e dialoga.
Ademais, terás a oportunidade de participar nun SORTEO dunha VIAXE para dúas persoas a BRUXELAS entre todos os asistentes aos Cafés.

As INSCRICIÓNS (gratuítas) hai que formalizalas en
https://www.cafeconeuropa.eu

martes, 26 de xuño de 2018

Bolsa de emprego de socorristas na Pobra do Caramiñal


26 Xun 2018
    O Concello da Pobra do Caramiñal está a elaborara unha bolsa de emprego de socorristas.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de xullo de 2018
    Máis información no BOP da Coruña do 26 de xuño de 2018

    luns, 25 de xuño de 2018

    Proxecto LEWO “ Vida permanente con voluntarios” - LIFE16 ESC -: un proxecto para a xuventude que desfruta e coida a natureza

    Con este proxecto preténdese:
    - Contribuír á redución do impacto que a acción humana ten sobre o Patrimonio Natural.
    - Facer sustentable  o uso de recursos naturais.
    - Promover a educación ambiental  e a participación cidadá no coidado da natureza.
    O obxectivo final é potenciar  o patrimonio natural de Galicia  a través da creación dun grupo de mocidade voluntaria que ata xuño de 2019 realizará diferentes actividades dentro de 17 dos hábitats naturais da rede Natura 2000 e áreas especiais de protección de aves en Galicia.
    As persoas voluntarias desenvolverán actividades de:
    - Preservación e conservación de 17 áreas Natura 2000 de Galicia.
    - Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
    - Educación (Sensibilización, formación, exposición)

    Se tes entre 18 e 30 anos e interésache participar nesta actividade de voluntariado ambiental, primeiro debes inscribirte como persoa voluntaria no Corpo Europeo de Solidariedade:
     http://europa.eu/youth/SOLIdARity_es   (Portal Europeo da Xuventude)
    Prazas: 300. Prevese unha reserva dun 10% das prazas para mozos e mozas con diversidade funcional.
    Podes solicitar máis información:
    No correo electrónico erasmus.xuventude@xunta.gal
    No teléfono 881 999 567

    venres, 22 de xuño de 2018

    Taller de Son, Imaxe e Comunicación


    Programa formativo gratuíto para mozos/as que pretende servir de iniciación no sector audiovisual, e desenvolver competencias para o emprego. Posibilidade de posterior acceso a estancias formativas no extranxeiro e contratación laboral en empresas galegas.

    Para quen?
    mozos/as desemplead@s  entre 16 e 29 anos

    Cando e onde?
    do 10 de xullo ao 13 de setembro
    en Padrón. Sede da fundación Paideia.

    Como participar?
    Inscripcións ata cubrir prazas no 981 817 000 

    venres, 8 de xuño de 2018

    FP

    Publicado na páxina web da FPGalicia o calendario de admisión aos ciclos formativos de grao medio e grao superior. Poderás presentar a túa solicitude desde o 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13.00h