Páginas

xoves, 26 de marzo de 2020

Máis propostas

A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue
👉🏻Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas ofrécense en formato electrónico e de maneira gratuíta a través da plataforma GaliciaLe
👉🏻Conxuntos monumentais como catedrais e mosteiros abren as súas portas en visitas e percorridos 360º a través da oferta de Turismo de Galicia
👉🏻Dotacións como a Cidade da Cultura, o CGAC ou o CGAI divulgan contidos tanto de actualidade como dos seus fondos con gran interese histórico
👉🏻O Portal da Lingua Galega conta con abondosos recursos didácticos para a cativada con xogos, materiais para imprimir e propostas interactivas

Recomendacións para tempos de quedar na casa dende República Creativa

A cultura é unha ferramenta de vida, e como en Boiro somos unha república creativa, propoñemos para este confinamento, un kit de supervivencia vital composto por:
_escoitar os novos discos de Agoraphobia e Triángulo de Amor Bizarro ademais dos temas diarios de Sabela King
_ ler libros online ou acudir á hora do conto da Biblioteca Municipal Boiro
_facer vídeos ca rapazada pra mandar a OlloBoi
_facer arte ca rapazada cos tutoriais de La doce
_sumarse á campaña de apoio ao comercio e a creatividade locais do Maio Vintage
_opcional para todo esto, usar mascarillas artesanais de Woodding



mércores, 25 de marzo de 2020

Teleformación

Aproveitemos esta situación para facer teleformación..aquí vos deixamos algúns enlaces de formación gratuíta.



Formación en novas tecnoloxías
https://bit.ly/2QLYOSd

Formación creativa
https://bit.ly/2UikhnQ

Formación a través da lectura
https://galicia.ebiblio.es/

Formación en patrimonio natural
https://bit.ly/2vRs2I6

Voluntariado social

☎ Teléfono social 900 400 800

🏥Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono de voluntariado da Xunta de Galicia (900 400 800) refórzase tamén como un teléfono social de apoio e acompañamento.

FUNCIÓNS

🙋🏼‍♀ Resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o  teléfono 012 🚨.

🧏Prestar apoio psicolóxico  especializado a persoas que o precisen. Derivaráselles a un/unha profesional 🥼 deste ámbito.

📡 Recoller información sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, ↪ derivaranse aos servizos sociais do correspondente concello 🏘

🌍📝 Crear unha rede de persoas voluntarias (sen límite de idade) para facer labores de acompañamento telefónico 📞 e apoiar a concellos e entidades de acción voluntaria nas súas actividades 🍽 🛒

‼Se te queres unir a esta rede galega de voluntarios e voluntarias contra a pandemia do 🦠 COVID-19
preme aquí👇
http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/modulo.php?mod=ppr&idc=412#forsux

luns, 16 de marzo de 2020

Bo día
debido a situación actual, na oficina de información xuvenil traballaremos a porta pechada, pero igualmente atenderemos tódalas túas dúbidas e consultas no mail omix@boiro.org ou no teléfono 981842635

Agardamos que pronto volte a normalidade