Páginas

mércores, 22 de abril de 2020

Atendemos as túas consultas!


Dende a Omix Boiro podemos resolver calquera dúbida sobre estudos, bolsas, emprego... non dubides en poñerte en contacto connosco a través dos seguinte correo electrónico: omix@boiro.org e se queres info sobre os programas da dirección xeral de xuventude podes poñerte en contacto a través do Teléfono Xove: 012

venres, 17 de abril de 2020

"Axenda para adolescentes confinad@s"


Versión galego: Descárgao aquí en pdf
Versión galego: Descárgao aquí en jpg

Se precisas apoio psicolóxico nestes momentos no teléfono gratuíto 112, te atenderán psicólogos e psicólogas expertos nas emerxencias.

Recursos sostibles para facer dende a casa
Preme no enlace

xoves, 16 de abril de 2020

10º Festival Audiovisual Escolar Olloboi


A Asociación cultural Olloboi organiza o 10º Festival Audiovisual Escolar Olloboi
Requisitos
- O concurso está dirixido a todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Escolas Audiovisuais). Poderán participar centros educativos de formación non regrada sempre e cando os traballos involucren a alumnado.
- Aceptaranse videocreacións (ficción ou documental) de duración preferentemente nonsuperior ós 20 minutos.
- Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas relacionadas co ámbito escolar público, concertado ou privado, formación regrada ou non: alumnado, profesorado e PAS.
Os/as menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor ou titora legal.
Categorías
Olloboi Peque: para traballos elaborados con alumnado de Infantil e Primaria.
Olloboi Plus18: para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior (escolas universitarias, ciclos de formación profesional superior, EOI, etc.) ou profesorado.
Olloboi Xubiloi: para traballos de profesorado xubilado. 
Olloboi Xeral, onde participan todas as pezas presentadas de acordo cos seguintes epígrafes:
- Olloboi Interpretación: onde se valorará unha boa dirección de actores e/ou un reparto ben escollido, evidenciándose na naturalidade ou adecuación das interpretacións
- Olloboi Imaxe: o que amose unha edición mellor planificada, un emprego consciente das leis de composición visual, a escolla da paleta cromática, tratamento da luz, etc.
- Olloboi DJ: a mellor sonorización e/ou interpretación musical, orixinal ou versión.
- Olloboi Guión: o mellor texto orixinal, onde se primará a existencia de personaxes e situacións verosímiles. Terase en conta a comicidade.
- Olloboi Arte e estética: onde se terá en conta a construción de escenarios, vestiario e maquillaxe. Terán especial cabida nesta categoría as animacións, Stop Motion, Time Lapse, etc.
- Olloboi Comprometido: porque vivimos tempos de reivindicar e defender o que tantos anos custou lograr e que tan facilmente pode perderse. Pola liberdade, polo rural, polas mulleres, pola cultura e polo ben público en xeral.
- Olloboi Zamburrioi: premio especial concedido pola Asociación Olloboi.
- Olloboi COVIDeo doméstico: Categoría ad hoc onde poderedes reflexionar sobre esta situación que estamos a vivir e sobre o país que nos agarda á volta. Poderá ser unha peza de corte experimental e poético, con material actual ou de fondo de disco duro; documental, recollendo o diario da vida doméstica, de ficción ou animación. Ten que levar nos créditos o cancelo #OlloboiCOVIDeo e aspira a un premio especial que consistirá en asistir a unha rodaxe de cine galego (datas a considerar en función da evolución do virus.) Recursos para esta categoría: https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/
A inscrición de traballos en olloboi.com estará aberta ata o 17 de maio.
O Encontro Olloboi 2020 durará cinco días, do 25 a 29 de maio de 2020 se as circunstancias o permiten
Máis información e videos de edicións anteriores: https://www.olloboi.com/olloboi-2020/

martes, 14 de abril de 2020

20.000 bolsas e axudas de formación online

Banco Santander, a través de Santander Universidades, lanza máis de 20.000 bolsas e axudas de formación online co fin de contribuír a mellorar a situación xerada pola pandemia global do coronavirus.
A convocatoria #YoMeQuedoEnCasa apoia aos estudantes e graduados universitarios no desenvolvemento daquelas competencias, dixitais, idiomas e softskills que melloren a súa empregabilidade futura. Ademais facilita aos profesores universitarios a actividade académica nunha contorna máis dixital.
Un dos obxectivos destas bolsas é potenciar o desenvolvemento de competencias dixitais. Neste sentido, alcanzouse un primeiro acordo coa Fundación IE University, para ofrecer bolsas e axudas para profesores e estudantes co fin de impulsar as súas habilidades dixitais e de liderado e facilitarlles formación online:
2.500 bolsas "Santander IE Online Learning Journey for Learners", dirixidas a graduados, posgraduados e estudantes de 14 países.
5.000 bolsas do proxecto "Santander IE Best Practices in Dixital Education for Teachers" dirixidas a profesores.
Outra prioridade neste período de confinamento é a formación en idiomas. Por iso, a iniciativa #YoMeQuedoEnCasa incorpora un acordo co British Council para que os estudantes e mozos graduados poidan certificar de forma oficial o seu nivel de idioma.

Garantía xuvenil on line

A Dirección Xeral de Xuventude ofertaa posibilidade da inscrición online no sitema nacional de Garantía Xuvenil: