Os interesados en participar nos campos
de traballo de Galicia poderán solicitar a súa praza ata tres días
antes do inicio da actividade, sempre e cando existan vacantes; para
acudir a outras comunidades autónomas poderán pedirse ata o 16 de maio,
mentres existen prazas libres; e, por último, para os campos de
traballo no estranxeiro a inscrición rematará o 11 de maio.
As inscricións faranse na Dirección
Xeral de Xuventude e Voluntariado ou a través dos teléfonos 981 544
838; 981 957 115; e 981 544 840. Tamén se poderá solicitar unha praza
nos servizos de xuventude e voluntariado e oficinas locais das
xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario