O
programa Xuventude Emprende, dirixido a mozos/as de bacharelato ou
graos formativos de grao medio, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo
no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Consiste nunhas xornadas
formativas, de 3 días de duración e nas que se inclúe o aloxamento,
durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras
como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación
interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. Tamén haberá
espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.
O prazo de inscrición estará aberto até o día 8 de marzo con un
límite de 40 prazas. As actividades e o aloxamento non suporán ningún
custo económico para os/as participantes.
Consulta o folleto do programa
Accede ao formulario de inscrición |
Ningún comentario:
Publicar un comentario