O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía convoca 8 bolsas para o 2014:
1 bolsa de investigación no Departamento de Coleccións. Requisitos, entre outros: - titulación de licenciatura. - titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte (Diploma de Estudos Avanzados ou Doutorado).
2 bolsas de investigación no Departamento de Exposicións. Requisitos, entre outros: - titulación de licenciatura en Xeografía e Historia ou en Historia da Arte. - titulación de posgrao, con especialización en Historia da Arte.
1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Actividades Públicas. Requisitos, entre outros: - titulación de licenciatura en Historia da Arte, Humanidades ou Comunicación Audiovisual. - ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.
1 bolsa de coordinación-formación no Departamento de Exposicións. Requisitos, entre outros: - titulación de licenciatura en Historia da Arte ou Humanidades, con especialización de posgrao en ámbitos da Historia da Arte. - ter finalizado a licenciatura en 2007 ou anos posteriores.
1 bolsa de formación museística no Departamento de Exposicións. Requisitos, entre outros: - titulación de licenciatura en Historia da Arte - ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.
1 bolsa de formación en conservación no Laboratorio de Química do Departamento de Conservación e Restauración. - titulación de licenciatura ou grao en Ciencias Químicas. - ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.
1 bolsa de formación en biblioteconomía e documentación na Biblioteca e Centro de Documentación
- titulación de licenciatura en Biblioteconomía e Documentación ou
dunha licenciatura cun título técnico de capacitación de cando menos un
ano en Biblioteconomía e Documentación. - ter finalizado a licenciatura en 2008 ou anos posteriores.
Consulta aquí as bases da convocatoria: http://bit.ly/19d1rPR O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 2 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario