Baixo o lema 'Galicia é auga', a Cidade da Cultura convídate a subir
imaxes que reflexen a arte que se agocha na auga doce que baña Galicia:
da choiva aos ríos, das fontes ás augas termais. As 6 mellores fotos
elixidas por un xurado profesional e a que consiga máis votos de
facebook de entre todas as subidas conseguirán unha fin de semana termal
ou aventuras en kaiak pola Ribeira Sacra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario