mércores, 29 de setembro de 2010
CURSO DE MEDIADORES EN SAÚDE
Destinatarios: persoas entre 18 e 30 anos, estudantes de ciencias sociais e da saúde e personas interesadas no tema.
Data: 4 de octubro de 2010. Lugar: Casa da Cultura. Noia.
Horario: 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 h.
OBXECTIVOS
Clarificar os conceptos de saúde, sexualidade e saúde sexual.
Identificar e analizar os factores que inflúen na mellora ou deterioro da nosa saúde.
Derribar os mitos e estereotipos creados ó redor da sexualidade.
Informar sobre os métodos preventivos e anticonceptivos existentes.
Ofrecer información sobre as distintas ITS (vías de transmisión e contaxio e prevención)
Potenciar a utilización do preservativo tanto masculino como feminino como único método eficaz na prevención de ITS.
O curso está organizado pola Consellería de Sanidade do Concello de Noia dentro do programa de prevención da infección polo VIH e coa colaboración do Comité Antisida Lazos de Ferrol.
O curso é de balde, e as inscrición as podedes facer no 609.82.31.34 ou no email: saavedrapino@gmail.com. O número de prazas é de 12 persoas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario