xoves, 22 de outubro de 2020

CURSO MONITOR TEMPO LIBRE

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza un curso de Monitor de Tempo Libre que están a organizar, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas. Está dirixido a xente moza (18 anos cumpridos) en posesión do título da ESO/Equivalente. Para máis información/ preinscripción: Local “Amas de Casa de Riveira” Teléfono: 981874577 Whatsapp: 619066684 E-mail: amasdecasaderiveira@gmail.com

XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A dotación económica do premio é de 2500 euros. O Concello de Dodro comprométese, ademais, a publicar a obra gañadora dentro do ano 2021, nunha editorial de recoñecido prestixio. As bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 111, do luns 20 de xullo de 2020, e están dispoñibles para consulta na páxina web municipal: www.dodro.gal. O prazo de presentación das obras candidatas remata o vindeiro 23 de outubro. Posteriormente darase a coñecer públicamente tanto a titularidade da coordinación como as persoas que compoñen o xurado nesta edición. A elección do poemario gañador terá lugar o 21 de novembro e o acto de entrega celebrarase o día 12 de decembro.

venres, 16 de outubro de 2020

PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO SEGUNDO SEMESTRE 2020

No seguinte enlace podedes consultar a formación gratuíta da dirección xeral de xuventude https://voluntariadogalego.org/novas/plan-de-formacion-da-direccion-xeral-de-xuventude-participacion-e-voluntariado-segundo

Ampliación do prazo para a obtención do permiso de condución para as persoas que solicitaron as axudas

Se xa solicitáchedes a axuda para a obtención do carne de conducir é importante que saibades que se amplia o prazo para que teñades que obtelo. Máis ibfo en xuventude.xunta.es

luns, 5 de outubro de 2020

Formación gratuíta en linguaxe de signos

 

Aberta a inscricición ao curso "Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1", en modalidade en liña e presencial.
Curso en liña: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1
A inscrición estará aberta ata cubrir as 30 prazas.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 30

Nº de prazas: 30

Contidos:
MÓDULO 1:
 Rexistrámonos
• Saudar e responder saúdos
• Presentarse aos demais
• Preguntar como se atopa alguén
• Rematar unha conversa e despedirse
• Usar o signo persoal
• Pedir unha aclaración cando non entende algo.
• Deletrear o alfabeto dactilolóxico
• Usar os pronomes persoais
• Signar os números do un ao trinta.
MÓDULO 2: Presentámonos a un casting signado
• Signar sobre a familia
• Describir a casa
• Signar o que está a facer
• Signar as cores
• Chamar a atención dunha persoa xorda
• Solicitar unha aclaración cando non entende algo.
• Preguntar
MÓDULO 3: Convivir é compartir
• Signar sobre o traballo
• Signar sobre os estudos
• Signar o que está a facer
• Agradecer e felicitar
• Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas
• Usar a negación
Modalidade: en liña (Plataforma de FAXPG)

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización: do 4 de novembro ao 9 de decembro

Formulario de inscrición

Curso presencial: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1
A inscrición estará aberta ata cubrir as 15 prazas.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 30

Nº de prazas: 15

Contidos:
MÓDULO 1:
 Rexistrámonos
• Saudar e responder saúdos
• Presentarse aos demais
• Preguntar como se atopa alguén
• Rematar unha conversa e despedirse
• Usar o signo persoal
• Pedir unha aclaración cando non entende algo.
• Deletrear o alfabeto dactilolóxico
• Usar os pronomes persoais
• Signar os números do un o trinta.
MÓDULO 2: Presentámonos a un casting signado
• Signar sobre a familia
• Describir a casa
• Signar o que está a facer
• Signar as cores
• Chamar a atención dunha persoa xorda
• Solicitar unha aclaración cando non entende algo.
• Preguntar
MÓDULO 3: Convivir é compartir
• Signar sobre o traballo
• Signar sobre os estudos
• Signar o que está a facer
• Agradecer e felicitar
• Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas
• Usar a negación

Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil - R/ Ramón Piñeiro 17-19 - 15781 Santiago

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de novembro e 2 e 3 de decembro de 17:00 a 20:00 horas

Formulario de inscrición