mércores, 29 de abril de 2015

Proxección do documental polo cambio climático

 O próximo mércores 6 de maio ás 20h proxectarase de forma simultánea en Boiro e Ribeira o documental realizado mediante a campaña de crowfunding pola Plataforma por un Novo Modelo Enerxético,

Plataforma formada por más de 200 organizacións sociais ambientais, políticas e sindicais, e 1700 personas adscritas a título individual, xunto coas cooperativas de electricidade verde que están surxindo, e as empresas de economía social.

O documental intenta explicar porqué é necesario un cambio de modelo enerxético non dependiente dos combustibles fósiles e da enerxía nuclear, que non xere desigualdades e teña en conta o cambio climático.

A proxección en Boiro realizarase o mércores 6 ás 20h no Salón de Actos do Centro Social de Boiro.


martes, 28 de abril de 2015

Xornadas Insultarte

O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte, dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta.
Unha proposta de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller e dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual, onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento para os seus proxectos.

Máis info: http://cgac.xunta.es/GL/actividad-detalle/90/insultarte2GAL

Mientras sucede

Ciclo de conferencias relacionadas ca arte e cas súas posibilidades na Fundación Barrié e no CGAC
    • La situación de las Artes | Francisco Jarauta
    • CGAC: 5 mayo, 20 h
    • Fundación Barrié: 6 mayo, 20 h
  • Transurbanismos de andar por casa | Andrés Jaque
    • Fundación Barrié: 13 mayo, 20 h
  • Las galerías como agentes dinamizadores del desarrollo del Arte | Juana de Aizpuru
    • Fundación Barrié: 9 junio, 20 h
    • CGAC: 10 junio, 20 h

  • 33 artistas en 3 actos | Sarah Thornton
    • CGAC: 22 junio, 20 h 
  • Concurso de fotografía Comercio con talento

    Participa no concurso de fotografía "Comercio con talento" e gaña estupendos premios de 400, 250, 150, 100 e 50 euros. Anímate!!!!
    http://portaldocomerciante.xunta.es/index.php/gl/articulo/comercio-talento

    Novos cursos no Centro Social de Boiro




    Certame de pintura ao aire libre


    luns, 27 de abril de 2015

    Axudas Injuve para a Creación

    O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2016 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:

    a) Produción de obra. Admitiranse proxectos a realizar con liberdade de formato e técnica nos ámbitos creativos anteriormente sinalados.
    b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores. Admitiranse,proxectos de participación, xiras, ou residencia, que non teñan por obxecto cursar estudos regulados ou a obtención de titulación académica, en espazos especializados e acordes coa actividade para a que se solicita a axuda, situados fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional, sendo imprescindible achegar carta de convite á participación ou aceptación, segundo o caso, asinada pola persoa responsable do evento ou espazo para o que se solicita a axuda.
    c) Emprendemiento en espazos emerxentes de creación nova. Admitiranse proxectos de actividades puntuais e acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional, a desenvolver en espazos xa existentes e que iniciasen a súa actividade. Non se admitirán proxectos de inicio de actividade económica ou empresarial.
    d) Sala «Amadís» do Instituto da Xuventude. Admitiranse proxectos de comisariado de exposicións, talleres de traballo, ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en agrupación ou colectivo na sala

    Requisitos:
    Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos a) e b) ou os 35 nos supostos c) e d) o día 31 de decembro do ano 2015.

    Contía:
    A contía individualizada das axudas non poderá superar o importe de 6.000 € nos supostos a) e b) e de 10.000 € nos supostos c) e d), e deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.

    prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de maio de 2015
    Máis información no BOE do 27 de abril de 2015 e en www.injuve.es

    xoves, 23 de abril de 2015

    Formación para o emprego

    "Centro de recursos para o emprego: simulación e preparación dun proceso de selección" 

    Elixe data, horario e inscríbete!

    29 de abril
    - de 09:00 a 10:30 h.: http://bit.ly/1GGjoZZ
    - de 10:30 a 12:00 h.: http://bit.ly/1crHzyW
    - de 12:00 a 13:30 h.: http://bit.ly/1FPXII7
    - de 16:00 a 17:30 h.: http://bit.ly/1zcNXi9
    - de 17:30 a 19:00 h.: http://bit.ly/1CJuE00

    30 de abril
    - de 09:00 a 10:30 h.: http://bit.ly/1DdZBxh
    - de 10:30 a 12:00 h.: http://bit.ly/1ymz8hU
    - de 12:00 a 13:30 h.: http://bit.ly/1H2RsOI

    Proxecto: Rede Xiana 2

    • Tes ata o 30 de abril para inscribirte no curso de: Xerente de empresas de economía social
    • + info. : Departamento de Emprego do Concello de Boiro; Telf. 981842609 ; E-mail: orientacionl.laboral@boiro.org
    • Rede Xiana.pdf

    martes, 21 de abril de 2015

    Compostela gastronómica



    Do 16 ao 21 de abril CompostelaGastronómica en Santiago
    +
    Aquí vos deixo o enlace por se é do voso interese.

    luns, 20 de abril de 2015

    Moz@s e emprego


    Este venres na facultade de Económicas en Santiago, tedes a oportunidade de manter o contacto con consultoras e empresas relevantes no mercado laboral nacional e internacional

    Espazo aberto e dinámico con talleres formativos en competencias transversais, mesas redondas onde os directivos das mellores empresas pondrán en comun sua experiencia cos participantes 


    Consulta o programa de actividades http://www.excellencejobfair.com/

    COMO SACARLE PARTIDO A MI NEGOCIO O IDEA EMPRESARIAL

    Este mércores en Santiago..aproveita!


    Miércoles, 29 de ABRIL 2015, Lugar: Hórreo, 22 - 3º 15701 - Santiago de Compostela

    Dirixido a : empresarios/as, xerentes de casas de turismo rural que queiran dar un cambio e mellorar o seu negocio.

    10:00-11:00 ¿QUE ESTÁ PASANDO? – Aproximación á realidade do mercado actual.

    11:00-12:00 Experiencia de casos e plan de acción de negocios que cambiaron a súa visión.

    12:00 – 13:00 Recursos Humáns como atractivo turístico e pautas para conseguir novos ingresos.

    13:00-14:00 ¿QUE ESTOU FACENDO? – Análisis da actividade da miña empresa- Exercício de competencias clave

    15:00-16:00 Observación personal dos resultados a través do método Lean Start Up.

    16:00-17:00 Traballo en Equipo, técnicas e creación de ideas.

    Prezo: 30 € Inclúe: material+ documentación+ comida + certificado


    moi interesante..educación!!


    Xornada educación informal e xuventude

    Hoxe recomendamos esta xornada que realizan os compañeir@s de Porto do Son o venres 24 de abril

    venres, 17 de abril de 2015

    Programas IDA para moz@s: Alemania

    Se tes entre 18 e 30, estas en desemprego e non tes formación superior non te perdas este programa é moi interesante.


    Máis info no tlf 981223927

    mércores, 15 de abril de 2015

    curso de Fotografía en Boiro


    Formación e estadías para mestres

    Estanzas para profesores no estranxeiro:
    http://xuventude.xunta.es/2015041415891/prazas-estanzas-en-europa-para-profesorado-en-linguas-estranxeiras.html


    Formacion idioma para profes

    Proxecto de recuperación de espazos para centros educativos

    O Ministerio de Educación convoca o programa "Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas" destinado a alumnado de:
    - 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
    - Bacharelato.
    - Formación Profesional de Grao Medio.
    - Programas de Cualificación Profesional Inicial.


    As actividades desenvolveranse en pobos abandonados de Búbal (Huesca), Granadilla (Cáceres) e Umbralejo (Guadalajara)

    Os grupos de alumnos participantes e os seus profesores desenvolverán as actividades en períodos semanais de domingo pola tarde a sábado pola mañá, de acordo coa seguinte distribución temporal:
    Alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Programas de cualificación profesional inicial
    - Primavera: entre o 24 de maio e o 20 de xuño de 2015.
    - Outono: entre o 20 de setembro ao 17 de outubro de 2015.
    Alumnos de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Medio.
    - Outono: entre o 18 de outubro e o 28 de novembro de 2015.

    Os alumnos que desexen participar, deberán solicitalo a través da Dirección dos seus centros, formando grupos de 20 a 25 alumnos que serán acompañados por un ou dous profesores dos que habitualmente lles impartan clase. Os grupos de Centros de Educación Especial que participen deberán respectar a seguinte ratio profesor/alumno: un profesor acompañante máis, tres en total, por grupo de 20 a 25 alumnos.

    prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2015.
    Máis información no BOE do 15 de abril de 2015

    martes, 14 de abril de 2015

    Formación gratuía. Emprego Boiro

    Nome do curso: PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E TRAUMATISMO MÚSCULO ESQUELÉTICOS


    Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade de fábricas de conservas de atún


    Concello: BOIRO


    Lugar: CENTRO SOCIAL DO CONCELLO DE BOIRO

    Modalidade: presencial


    Datas: do 13 de MAIO de 2015 de 16:30 a 20:30 horas.


    Duración: 4 horas

    Número de prazas: 25


    Presentación de solicitudes: ata o 30 de ABRIL no Departamento de Emprego do concello de Boiro ou no enderezo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es
    informacion@ensinoformacion.com

    Teléfono de contacto: 986 891999


    Máis información na páxina web do ISSGA: http://issga.xunta.es/portal/index.html
    http://ensinoformacion.com/prevencion-de-riesgos-laborales-y-tme-para-fabricas-de-conservas-
    de-atun/ e no:


    Departamento de Emprego do Concello de Boiro
    Telf: 981842609
    E-mail: orientacion.laboral@boiro.org

    venres, 10 de abril de 2015

    Iniciativa Xove 2015

    Xa podes solicitar o programa Iniciativa Xove para grupos informais de mozos/as e asociacións, neste enlace tes máis info:
    http://xuventude.xunta.es/2015041015827/iniciativa-xove-2015.html

    e se queres dende a OMIX axúdamoste cos trámites!!!

    Programa Galeuropa

    Se estás interesado en realizar prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, tes unha xornada en Abril en santiago onde che explicarán todos os trámites que debes realizar.

    Data: 20 de abril de 2015
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). R/Madrid, 2-4. Fontiñas (Santiago)
    Destinatarios:
    • Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos
    • Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude
    • Técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
    • Representantes de empresas interesadas na internacionalización
    • Interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade
    Programa
    • 10:30-10:45 h Inauguración da xornada por D. Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de           Xuventude  e Voluntariado da Xunta de Galicia.
    • 10:45 - 11:45 h. A convocatoria coordinada de mobilidade trasnacional xuvenil. Orixe, finalidade, características, socios. Representantes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña
    • 11:45 -  12:30 h. O programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) en Galicia. Obxeto, características, destinatarios. Yolanda Otero Balsa, subdirectora xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
    • 12:30 – 12: 45h. Pausa café
    • 12:45 - 13:30 h. Panel de experiencias en proxectos de mobilidade trasnacional por parte de D. Guillermo Vergara, Vicepresidente da Fundación Paideia Galiza
    • 13:30 -  13:45 h. Quenda de preguntas
    • 13:45 h. Fin da xornada
    Inscricións.- Do 9 ao 17 de abril ás 12:00 h mediante envío de formulario electrónico.

    mércores, 8 de abril de 2015

    Moi interesante cidade e espazos para a cidadadanía



    Para mais información, programa e para facer a inscripción online visita a web da Red Transibérica AQUI
    ou envía email a info@redtransiberica.org

    Mercados Sachos á Rúa..xa están aquí



    Do mes de maio en adiante os mercados de produtos ecolóxicos e artesáns dos foros ecolóxicos da Barbanza celebraranse en :

    Ribeira: o primeiro e terceiro sábado do mes pola mañá (10:00 a 15:00h aprox) no Rueiro.

    Boiro: o segundo e cuarto sábado do mes pola mañá (10:00 a 15:00h aprox) en Praia Xardín*.


    Rianxo: o primeiro venres do mes pola tarde (17:00 a 21:00h aprox) na Alameda.


    No mes de abril quedan así:
    11 de abril en Rianxo
    18 de abril en Ribeira
    25 de abril en Boiro

    Bótalle un ollo!

    Para facer un curso de idiomas no verán en Europa:
    http://xuventude.xunta.es/2015040815811/axudas-para-estudar-idiomas-durante-o-veran.html

    martes, 7 de abril de 2015

    mércores, 1 de abril de 2015

    Obradoiros de sáude

    Este mes en Boiro, dous obradoiros gratuítos de técnicas saúdables: Ioga para nenos/as e terapia natural metamórfica(antiestrés a través do traballo en pés, mans e cabeza), ven e proba!!!! máis info no Centro Social de Boiro.

    non o perdas!!