Que é a OMIX?

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é un servizo de carácter municipal que presta servicios de información aos mozos e mozas do concello. A OMIX forma parte da RIX (Rede de Información Xuvenil da Xunta de Galicia).

Os  servizos que ofrecemos dende a OMIX son:

  • Atención ao público sobre diferentes temas como emprego, formación e estudos, organismos e axudas, actividades de lecer, carnés desconto, voluntariado, turismo, premios e concursos…

  • Carné Xoven(o carné entrégase no mesmo día)

  • Axudar na tramitación de subvencións e axudas xuvenís

  • Promover  programas de mobilidade xuvenil

  • Organizar eventos en colaboración coas asociacións xuvenís do Concello de Boiro e apoiar as asociacións Xuvenís na organización das súas actividades

  • Contamos con un espazo de estudio e autoconsulta: con diversa información sobre emprego  formación, oferta cultural e de lecer, voluntariado, programas e prestacións sociais dirixidas á mocidade.