luns, 30 de setembro de 2019

“Mocidade”: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia- Norte de Portugal. Santiago de Compostela, 25 – 27 de outubro de 2019

PROGRAMA DO ENCONTRO
25 DE OUTUBRO
14:00 h. Chegada dos participantes.
15:00 h. Xantar.
16:15 h. Traslado ata a Cidade da Cultura.
17:00 h. Palabras de benvida.
17:05 h. Mesa redonda:” Emprendemento: da idea á realidade”.
  • Carolina Lodeiro Malde, de Wayna consultora.
  • Pablo Ríos, creador de Woutick.
  • Eva Soto Conde, deseñadora de moda premiada en Xuventude Crea.
  • Relator/a de Portugal.
*Moderadora: Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
18:45 h. Mesa redonda: “Claves para xerar futuro: actitude, aptitude e talento”.
  • Arkano, rapeiro freestyle.
  • Desirée Vila, deportista paralímpica.
  • Abelo Valis, artista multidisciplinar.
*Moderadora: Alba Mancebo, xornalista.
20:00 h. Mocidade Festival: música ao vivo.
  • Baiuca
  • Ortiga
22:15 h. Traslado ao Monte do Gozo.
22:30 h. Cea.
26 DE OUTUBRO
08:30 h. Almorzo.
09:30 h. Saída do Monte do Gozo.
10:00 h. Mesa redonda: “Novas profesións: as oportunidades na industria dos videoxogos”.
  • Fernando Prieto, Gato Salvaje Estudio.
  • Luz Castro, Ceo Imaxin.
  • Kiko Béjar, Ceo & Executive Production Manager en Benditos Videojuegos, profesor do ICEMD
  • Relator/a de Portugal.
*Moderadora: Marta Gómez, xornalista.
10:00 h. a 17.00 h. Graffiti en directo cos nove proxectos finalistas da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2019.
12:00 h. Charla: “Como funciona un equipo de e-Sports”.
  • Arnau Vidal e Jorge Bancells, de Team Heretics.
13:00 h. Showcooking.
  • Lucía Freitas, do restaurante “A Tafona”.
  • Cociñeiro/a de Portugal.
14:00 h. Xantar.
16:15 h. Charla: “Xuventude inquieta, xuventude creativa: superación, expresión e creatividade”.
  • El Langui, cantante e artista polifacético.
  • Simultaneamente graffiti en directo de Mon Devane, premiado en Xuventude Crea.
17:30 h. Anuncio dos proxectos gañadores da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea 2019.
17:45 h. Finais Xuventude Crea 2019
  • Actuación dos grupos finalistas da especialidade de música.
  • Proxección dos proxectos finalistas da especialidade de videocreación.
18:45 h. Mesa redonda: “Comunidade TECH”.
  • Lucía Míguez, Rysia.
  • Marta Verde, organizadora de Marker Faire.
  • Cora Novoa, DJ e compositora de música electrónica.
* Moderador: Rodrigo Vázquez, xornalista.
20:00 h. Mocidade Festival: música ao vivo.
  • Blanco Palamera
  • Triángulo de Amor Bizarro
  • Cora Novoa
* Cea: no transcurso do festival.
00:00 h. Traslado ao Monte do Gozo.
27 DE OUTUBRO
09:30 h. Almorzo
10:30 h. Saída do Monte do Gozo e realización do último tramo do Camiño de Santiago ata a Praza do Obradoiro.
11:30 h. Percorrido pola zona monumental de Santiago de Compostela.
12:15 h. Saída cara a Cidade da Cultura.
13:00 h. Actuación musical de peche de “Mocidade”
  • Presumido
  • The Sunflowers
14:30 h. Saída cara o Monte do Gozo.
15:30 h. Xantar.
16:00 h. Finalización do encontro.

luns, 23 de setembro de 2019

Problema Galeuropa

As asociacións colaboradoras ainda teñen prazas vacantes para participar en Galeuropa:

Programa xuventur




Mozas e mozos de entre 18 e 35 anos, chega unha nova edición de #Xuventur
Un programa gratuíto de educación non formal para a mocidade en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural
🗓O prazo de inscrición abre o 23 de setembro ás 9:00 h.
ℹ️ bit.ly/2mjKTGq

luns, 16 de setembro de 2019

A importancia de realizar exercicio


Park(Ing) Day en Boiro

Este sábado 21 de setembro a asociación cultural Unión de Muchachas celebra en Boiro o Parking Day, iniciativa que se celebra en multitude de cidades co fin de promover iniciativas que propicien unha vida máis saludable. Trátase dunha iniciativa que reivindica os espacios verdes nas vilas e cidades para poder gañar en calidade de vida e concenciar sobre a importancia da mobilidade sostible.

Esta terceira edición terá lugar na rúa Principal poñendo en valor o barrio de Cimadevila. Ocuparanse dúas prazas de aparcamento onde durante todo o día desenvolveranse actividades de sensibilización.

O programa será o seguinte:

11h Almorzo na rúa con viandantes
11.30h Sesión de Ioga 
12.30h A danza urbana: unha aproximación ao urbanismo feminista con Natalia Campos
13.30h Sesión vermú con Nunca é Tarde
16.30h Paseo pola memoria do barrio de Cimadevila
17.30h Intervención artística con push pink
19.30h Visita a DaRiaLuv con showcase x SEPE e dj set por Alvaro M
21.00h Inauguración da exposición "maleza" de Aby Castillo en La DOCE

xoves, 12 de setembro de 2019

Cursos preparatorios para o CODIX


Axudas a vivenda

A Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente.
Requisitos específicos:
a) Ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, en condición de persoa arrendataria, con mención expresa da súa referencia catastral.
b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
Requisitos comúns:
a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, as persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento no momento da presentación do contrato, para o caso de que este non se achegase coa solicitude.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM*. Este límite será de 4 veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
- Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
- Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
d) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
A contía da axuda será do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
A renda mensual da vivenda obxecto do contrato de alugamento non poderá superar os seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:
vivenda
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 11 de setembro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal