xoves, 13 de xuño de 2019

Programa Galeuropa

A Galeuropa é un Programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que tén como obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
  • Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
  • Complementar a competencia profesional e persoal.
  • Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
  • Fomentar a autonomía persoal.
ONDE PODO REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS:
  • Portugal (Lisboa).
  • Malta (La Valletta).
  • Irlanda (Cork).
 DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: 
Xornadas de 100h mínimo e 120h máximo ó mes,
durante 3 meses dende finais de Agosto ata finais de Novembro 
(tódalas mobilidades teñen que estar rematadas antes do 30 de Novembro).

QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:
  • Aloxamento.
  • Manutención ata 320 euros ó mes.
  • Clases gratuitas do idioma local.
  • Transporte local no país de destino.
  • Transfer dende e ata o aeroporto (recollida e despedida).
  • Transporte ó país de destino parcialmente cuberto.
  • Asesoramento, apoio e seguimento antes, durante e despois do programa.
QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:
  • Mozxs entre 18 e 30 anos.
  • mocidade Galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación.
  • Inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.
  • Que NON participara no programa Galeuropa en anos anteriores.

Despois desta info, se estás interesada/o ou coñeces a alguen que poida estalo, 
Se estás interesado/a:
 * O primeiro paso é cubrir este formulario online,
e enviarnos un mail a galeuropa@sustinea.org para máis información ou chamar ao 988 782 964