mércores, 26 de decembro de 2012

Bolsas de formación para licenciados

A Fundación Galicia Europa e Novacaixagalicia convocan cinco bolsas de formación dirixidas a licenciados universitarios para a realización de prácticas orientadas ao seguimento de asuntos relacionados coa Unión Europea, a desenvolver nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2013.
O prazo para solicitar as bolsas finaliza o mércores 26 de decembro de 2012. Para máis información sobre os requisitos dos candidatos e o proceso de selección, pode consultar as condicións particulares das bolsas e a convocatoria na páxina web da Fundación Galicia Europa (www.fundaciongaliciaeuropa.eu).
 

A partir de xaneiro novos obradoiros..



Inglés: Aula de Linguas Vivas
Obradoiros conversación en inglés Básico(martes de 19 a 21h) e intermedio( Xoves de 19 a 21h)

Francés: Aula de Linguas Vivas
Obradoiros conversación en francés. Mércores de 19 a 21h

Axudas do transporte do Concello de Boiro

Aproveita que seguro que tes tempo libre neste nadal e solicita a axuda para o transporte que concede o Concello de Boiro antes do 15 de xaneiro. Consulta as Bases

Emprego

Traballo no Concello de Manzaneda
O Concello de Manzaneda fai unha convocatoria para a confección dunha bolsa de emprego de determinadas categorías do Concello.
Postos:
ATS/DUE Residencia 3ª Idade
Fisioterapeuta Residencia 3ª Idade:

Auxiliar de clínica Residencia 3ª Idade
Xericultor/a Residencia 3ª Idade
Camareira-limpadora Residencia 3ª Idade
Oficial 2ª cociña
Auxiliar de apoio Residencia 3ª Idade
Auxiliar servizo axuda no fogar:

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de xaneiro de 2013.
Máis información 


Traballo no Concello de Malpica
O Concello de Malpica de bergantiños fai unha convocatoria para cubrir unha praza laboral temporal baixo a modalidade de obra e servizo de técnico/a de igualdade. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de xaneiro de 2013.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de decembro de 2012 e na OMIX de Malpica de Bergantiños, teléfono 981 720 001


Traballo na provincia de Pontevedra
Boletín pontemprego

Que temos para esta semana?

Hoxe, mércores 26 de decembro, na Pousada das Ánimas The Lakazans en concerto ás 23:00h..ainda nos os coñecedes?


O día 28 de decembro concerto de Skarallaos no Curral de Marqués(Taragoña) ás 23:45h



e ese mismo día antes, ás 20:00h na Casa da Cultura, tedes teatro


Mañá, xoves 27 de decembro,  proxección de O Apóstolo na Casa da Cultura ás 21:00h


venres, 21 de decembro de 2012

O que temos para o finde..

Antes de que cheguen as enchendas de bandullos, os brindis e de que o carboeiro lucense nos visite para apalpar as nosas barrigas e deixarnos algo mais que castañas..esto é o que podes atopar na fin de semana



Venres 21 de decembro

Litle Stones na Pousada das Ánimas(Boiro) as 23:45h

 Caras Be no Curral de Marqués(Taragoña) as 23:00h






Sábado 22 de decembro

20.00h presentación no Ateneo Valle Inclásn(Ribeira) do libro "a verdadeira historia da mosca da tv" de Maria Solar

22:30h Concerto de Rockfamidas na Noite Meiga(Ribeira)

Domingo 23 de decembro
  
Mofa e Befa na Pousada das Ánimas(Boiro) as 23:45h

 



Proximamente en Boiro


Formación gratuíta en novas tecnoloxías

Xa podes inscribirte nos cursos de informática que teremos no mes de xaneiro no Centro Social de Boiro

 Inicio a informática do 8 ao 11 de xaneiro de 11 a 13h
 Inicio a internet do 15 ao 23 de xaneiro de 11 a 13h 
Correo electrónico do 24 ao 31 de xaneiro de 11 a 13h 

Para febreiro e marzo teremos mais e mellor: Ofimática, edición e montaxe de vídeo, retoque fotográfico, ...
Para inscribirte nos cursos  debes pasar polo Centro Social e traer cuberta esta ficha ou se preferides a cubrides directamente na oficina que está na primeira planta.

xoves, 20 de decembro de 2012

mércores, 19 de decembro de 2012

Estrea da obra de teatro no Centro Social de Abanqueiro




 Este venres 21 de decembro as 20h no Centro Social de Abanqueiro será a estrea da obra de teatro realizada polos alumnos/as do obradoiro de teatro que se realizou no mesmo centro durante os meses de outubro, novembro e decembro. 

Estades convidados, empezamos puntuais!!!

Praza de responsable de biblioteca

Trátase dunha biblioteca especializada en Ciencias Sociais, fundamentalmente en Economía e con especial interese nos temas monetarios, financeiros e de Historia Económica; complementariamente, cobre tamén outros campos das Ciencias Sociais, como o Dereito e a Historia.
Os usuarios da biblioteca son os empregados do Banco, pero tamén está aberto a usuarios externos e, de modo especial, aos investigadores.
Preténdese seleccionar un especialista con coñecementos e experiencia de polo menos cinco anos no desempeño de postos de responsabilidade en bibliotecas con obxectivos similares aos da biblioteca do Banco de España.


A data límite é o 21 de Xaneiro de 2013. Mais info

 

Traballos do obradoiro de creación de complementos creativos no Centro Social






  Podes atopar mais traballos neste enlace

martes, 18 de decembro de 2012

Prazas para auxiliares de conversación de lingua española

O Ministerio de Educación convoca convocan prazas para auxiliares de conversación de lingua española en centros docentes de Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nova Zelandia, Portugal e Reino Unido, para o curso académico 2013-2014.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xaneiro de 2013.    Mais información 

Certames de poesía e relatos

Imaxe


XV certame literario poesía e relato curto. "José Rodríguez Dumont 2013"
Bases 

Premio "Carmen Conde" de poesía escrita por mulleres
Bases 

 Concurso de relatos de ciencia ficción "somnium" 2013 
Bases 

Subvencións a pequenas e medianas empresas para empregar mozos

O Ministerio de Emprego tamén convoca subvencións a pequenas e medianas empresas para facilitar o acceso e a integración de mozos traballadores.

Toda a información

Emprego

en Boiro...licenciados en filoloxía inglesa ou francesa

Buscase  Administrativo/a para departamento de comercio exterior. Tareas de contacto e enlace con mercados e clientes estranxeiros, comercialización de productos e xestión de pedidos
Requisitos: 

 * Coñecementos de inglés e francés (oral e escrito)
* Residencia na zona da Barbanza
* Carnet de conducir e vehículo propio
* Experiencia en posto similar
* Licenciatura Filoloxía Inglesa/ Francesa




Para licenciados en filoloxía inglesa tamen vos pode interesar...






Para ver todas as ofertas de hoxe pincha aquí


Axudas para buscar traballo no estranxeiro


Se estas pensando en buscar traballo no estranxeiro a RED EURES oferta unhas axudas para costear os gastos de transporte e aloxamento ocasionados pola aceptación do posto de traballo.

Neste enlace atoparás mais información

Ludoteca no nadal






Este nadal no Centro Cultural e Deportivo de Boiro realizarán do 24 de decembro ao 4 de xaneiro unha ludoteca para rapaces de 3 a 12 anos.

Mais información e inscricións no tlf 620272170

luns, 17 de decembro de 2012

Mais axudas

Bolsas para enxeñeiros do programa Citius
Información 

Bolsas culturais para universitarios
Información

Agasalla diferente



Ademais de animarvos a mercar no comercio local estas son algunhas das ONGs e as súas propostas de agasallos para este Nadal.


Acción contra el hambre
Agasallos

Intermon Oxfam
Agasallos

AIPC Pandora
Agasallos

Unicef
Agasallos

e ademais  se podes agasalla en galego

Axudas para estudiantes para mercar no Mercado de Abastos


Tedes ata este venres 21 para solicitar estas axudas:
A USC convoca 10 bolsas para estudantes de grao, primeiro e segundo ciclo, destinadas ó consumo de produtos frescos. A Contía de cada bolsa é de 120 € mensuais. Entre os requisitos está o de estar matriculado no curso 2012/13, ten o docicilio familiar fora do Concello de Santiago, non ser beneficiario nos cursos 2008-2012 e ter unha nota mínima
media de 7,500 puntos. 


O prazo de presentación de solicitudes é desde o 30 de novembro ata o 21 de decembro de 2012. Máis información www.usc.es

Festivais de Nadal en Boiro


xoves 20 de decembro
Festival da Escola de música de Boiro
Casa da Cultura 20:00h

sábado 22 de decembro
Festival da asociación Xilbarbeira
Casa da Cultura 18:00h

domingo 23 de decembro
Festival da asociación da asociación Amas de Casa
Casa da Cultura 18:00h

Programación de Nadal na Cidade da Cultura

Unha programación na que atoparás teatro, xogos, obradoiros e  música, ademais para os mais cativos unha actividade moi interesante impartida pola boirense Paula Tubío obradoiro "Os regalos son cousa miña"

Emprego



Alemania demanda científicos naturales, matemáticos, ingenieros, médicos e informáticos. Mango ofrece empleo en Alemania para 50 españoles..... E moitas mais informacións no boletín de abertal .org

Se o que queres e coñecer outras ofertas de emprego mais preto pincha neste enlace podes consultar as ofertas recopiladas no blog de emprego de arousanorte. 

Belén de San Vicente de Cespón: horarios






Horario de visita dende o 18/12/2012 ata o 15/01/2013: domingos e festivos mañán de 13:00 a 14:00, tarde de 16:00 a 20:00; de luns a sábado 20:15 h.  

Lugar: Igrexa  de San Vicente de Cespón

xoves, 13 de decembro de 2012

Un espazo para emprendedores



Agora na Cidade da Cultura podes ter un espacio adicado ao COWORKING
Podedes presentar a vosa solicitude antes do 30 de decembro través da web http://www.agadic.info/, acompañada dunha memoria do proxecto que queredes levar a cabo.

Viaxe á neve(San Isidro)




Outro ano mais a asociación cultural Borobó organizará unha viaxe á neve, ainda non teñen data fixada por iso ofrécenche a posibilidade de escoller entre varios fins de semana en xaneiro e febreiro.

Se estás interesado...selecciona aqui unha data.

Programación cultural o fin de semana

Venres 14 de decembro 

ás 23:00h
Monólogo de Pedro Brandariz
Noite Meiga 2.0(Ribeira)

ás 23.45h
Concerto Lakazans
Curral do Marqués(Taragoña)

de 11 a 20h
Mercado da Estrela
(mercado de artesanos e novos creadores galegos)
CGAC. Santiago de Compostela

Sábado 15 de decembro

12:30h Inauguración/ 16:30 a 20:30
Exposición da Camelia
Casa da Cultura(Boiro)

ás 18.00h
Festival de Nadal da Apa Loureda
Centro Social de Cabo de Cruz

ás 18:30h
Ludoteca de Nadal para nenos 6 a 10 anos
Leñaverde(Centro Social Boiro)

ás 19:00h
Exposición Expresións da Camelia
Alfonso Costa, Amelia Palacios, Nito da Vila...
Galería Sargadelos(Boiro)

ás 19:30h
Festival Solidariedade por música
Casa da Cultura(Boiro)

de 11 a 20h
Mercado da Estrela
(mercado de artesanos e novos creadores galegos)
CGAC. Santiago de Compostela

Consulta a guia de prácticas no estranxeiro

bolsas para posgrao no estranxeiro

bolsas para posgrao no estranxeiro neste enlace 


Becas para profesores en Latinoamérica

150 becas para profesores e investigadores en institucións de educación superior e centros do CSIC. 
Prazo: 30 octubre 2012 a 3 marzo 2013

Mais info e solicitudes aquí

Emprego

En Alemania
A empresa de moda MANGO ofrece emprego para as súas tendas que abrirá en Alemania(Munich). Mais información

En Galicia
As ofertas de emprego no Boletín Pontemprego
e esta outra: "Se buscan 3 figurantes para Reis Magos para zona de Coruña o día 21 pola mañá. Requisitos: experiencia en actividades con nenos, preferiblemente maiores de 35 anos. Ca posibilidade de mais contratacións na empresa. Interesados enviar CV con foto a través de http://www.oxigenogestion.es/index.php?option=com_rsform&Itemid=193 REFERENCIA: Reis Magos

mércores, 12 de decembro de 2012

Ludoteca para rapaces de 6 a 10 anos



Este sábado 15 de decembro, comezarán, de 16:30 a 18:30h., no local Leñaverde do Centro Social de Boiro, os talleres para nenos e nenas de 6 a 10 anos ludo-educativos gratuitos organizados pola Cruz Vermella Boiro Inscricións e información: Cruz Vermella Boiro-981842635 

Practicar francés cun recital de poesía

Agora é posible..

Carole David 
RECITAL-ENCONTRO COA POESÍA FRANCÓFONA
Data: Mércores 12 de decembro  (20h30)
Lugar: Auditorio Obradoiro, Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Nova, 33). Santiago de Compostela

Proxección do Apóstolo en Boiro

Se ainda non viches o filme O Apóstolo de Fernando Cortizo..agora podes velo en Boiro.

 27 decembro e 4 de xaneiro

Os días 27 de decembro e 4 de xaneiro ás 21:00h proxectarase na Casa da Cultura de Boiro, a entrada á proxección(1 € por persoa) será en beneficio de Cáritas.

REDE CULTURAL: Axudas da deputación da Coruña

O 7 de decembro publicouse no Bop a Convocatoria para a participación na programación da rede cultural da Deputación da Coruña para o ano 2013 para entidades profesionais e non profesionais nas categorías de: Música, teatro e danza

Concursos

Concurso de pezas audiovisuais
A Fundación UNESCO Etxea lanza a terceira edición do concurso de vídeos a nivel internacional, “Dame 1 Minuto de Econciencia”

Para mais información sobre as bases do concurso visitar a web oficial:www.unescoetxea.org ou na páxina de Facebook www.facebook.com/minutu1minute.

II concurso de dibuxos solidarios 

Concurso para menores de 11 anos. Bases e información en:

http://www.obrasocialncg.com/es/socialia/subvencion/ii_concurso_de_dibujos_solidarios

martes, 11 de decembro de 2012

Novas ofertas de emprego

Entre as que podedes atopar ofertas para diseñadores gráficos, community manager, docentes, monitores..
Pincha aquí

Novas propostas para emprendedores

 GETTING CONTACTS!
14 de decembro as 9:30 en Área Central

Getting Contacts! ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras poboacións e abrir as portas a novas inversións. A organización garante que os asistentes ás xornadas entrevistaranse cun mínimo de 10 profesionais con intereses comúns para atopar novos clientes e proveedores, atopar novos socios e proxectos, mellorar a rede comercial e atopar potenciais inversores. 

Mais info en:
Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 542 493. luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

email: cersia@santiagodecompostela.org

ADN(Activador de novas ideas)
27, 28 e 29 de decembro
 
Un proxecto que se desenvolverá en Santiago  que ten como obxectivo dotar aos xóvenes de competencias emprendedoras a través de metodoloxías educativas e creativas. 
Información e inscricións

Certame de narración curta





O Concello de Curtis convoca o IX Premio de Narración Curta “Trágame Curtis!, contalles o que nunca te atreviches a contar….aquela vez que pasache tanta vergoña”.

Máis información en www.concellodecurtis.org , no teléfono 651 046 603 e tamén no vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=_Cj1SQdrHXI

Practicas profesionais para Universitarios con discapacidade



 Convocadas pola fundación Universia e American Express, o período de prácticas tuteladas terá unha duración de 12 meses e cunha dotación de 800 euros ó mes. Entre os requisitos está ser universitario con discapacidade (Económicas, dereito e enxeñeiros). 
O período de inscripción é do 4 ao 31 de decembro de 2012.

Máis información Fundación Universia: beatriz_arribas@universia.net, carolina.arranz@universia.net, 91-2895694 www.empleo.fundacionuniversia.net

Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu segundo Proxecto de Voluntariado Europeo para maiores de 50 anos, “Still Being Active”, subvencionado polo Programa Grundtvig dentro dos Programas de Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea,xunto coa organización Hordaland County Council de Noruega

A finalidade do proxecto é proporcionar ás persoas de máis de 50 anos de España e Noruega, unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos, habilidades e competencias, sobre todo dixitais, lingüísticas e interculturais, que reforzarán a mensaxe de que a idade non pode parar á xente na súa aprendizaxe. Isto se logrará a través da realización de actividades voluntarias noutro país, mellorando a súa calidade de vida e promovendo a cidadanía activa da Sociedade Europea. A xente de máis de 50 ten que seguir activo, facer cousas, aprender cousas, entendendo que seguen sendo unha parte importante da sociedade e sentindo que poden ser cidadáns activos.

Mais información


         

VII Carreira popular Mar de Boiro

Este domingo 16 de decembro celébrase a carreira Mar de Boiro

luns, 10 de decembro de 2012

Congreso de educación da saúde en Noia

  
Consulta o programa que ademais e de balde


Agasalla talento galego

  
Nace o Mercado da Estrela en Santiago! Un espacio onde os xóvenes creadores galegos exhibirán e venderán o seu talento neste Nadal. O mercado celebrarase 14 e 15 de decembro no CGAC


Ofertas de emprego

Pulsa para ver as ofertas

Outras iniciativas solidarias

 

Nos xa temos a nosa entrada..


 Este sábado 15 de decembro a partir das 19:30h na Casa da Cultura a asociación Borobó en colaboración co Concello de Boiro organiza un festival de música solidario, teredes a vosa entrada facendo unha donación de material escolar ou xoguetes. A donación pódese facer na sede de Caritas(antigo local de Xefa) hoxe luns ata as 21h ou venres de 17 a 21h, ou na Casa da Cultura o sabado antes de comezar o festival.

venres, 7 de decembro de 2012

 Boa fin de semana a todos e todas! Aproveitade que o tempo acompaña


Unha das expos que tivemos no Centro Social



Proxección do filme O apóstolo e de balde

Dentro da programación de nadal do Concello de Ribeira, proxectarase o día 30 de decembro as 19h o filme O apóstolo. Aqui vos deixo o pdf ca programación completa

Formación para empresas e emprendedores

A unión de cooperativas de traballo asociado UGACOTA organizará os seguintes cursos gratuítos:
  • A túa empresa  na rede. Presenza en Web e Redes Sociais relevantes (84 horas)
  • Protección de datos de carácter persoal (64 horas)
  • Dirección e xestión de proxectos (94 horas)
  • Calidade total, xestión empresarial e produtividade (64 horas)
  • Xestión de asembleas e reunións (62 horas)
  • Xestión de cooperativas (59 horas)
Queres saber mais?

Certames e premios

O Concello de Cambre convoca un Certamen de relato breve navideño
Bases e información

Premio de Novela Corta "Fundación MonteLeón"
Bases e información 

Formación para monitores de tempo libre

Plan de Formación 2013 para a xuventude, queres saber mais?

Festas de Sta Baia


mércores, 5 de decembro de 2012

Prácticas para estudiantes en Canada

Prácticas en Toronto(Canada) dende o 6 de maio ao 23 de agosto. Saber mais en: http://www.trabajosporelmundo.com/news/pg/

Plazas para SVE

Queres irte como voluntario europeo a Milán en xuño do 2013? pois consulta este enlace

Iniciativa interesante

Intermon Oxfam lanza unha campaña moi interesante, Para que ninguen se marche a durmir con fame, queres saber mais de ela? http://bit.ly/mesaIO

Consulta as ofertas de emprego



10 Dependentes/as campaña nadal. Grupo Cortefiel.Pontevedra.
Coordinador de centro. Fundación Summa Humanitate.Pontevedra.
200 enfermeros/as para Inglaterra. Reach Health Recruitment.
Xestor/a de compras, organización e loxística. Suministro Industrial. Vigo.
2 Vendedores/as. ACR Ibérica. Santiago.
Controller de xestión. Interatlantic Fish. Vigo.
2 Bolseiros/as- periodismo/ informática. Interatlantic Fish. Vigo.
Administrativo/a. Consenur. Vilagarcía.
Responsable de compras internacional. Grupo P&A. A Pobra do Caramiñal.
Programador/a de páxinas web. Vigo.
2 Delegados/as comerciais de comunicacións. Redcom. Pontevedra.
3 Teleoperadores/as. Ames.
3 Asesores comerciais de formación.Sanea. Santiago, Ames e Brión.
Promotores de productos informáticos. Santiago.
Peón para envasado de productos lácteos. Vilagarcía.
Promotor/a de telefonía móvil. Santiago.
Empleo en Brasil. Brasil
Tamen tes ofertas interesantes no Boletin Pontemprego

Que facer nesta ponte..

Mércores 5 de decembro

22:30 Concerto The Covers Band
Bar A Caseira(Ribeira)

23:30h Concerto Son Real
Música Cubana. Pousada das Ánimas(Boiro)

Venres 7 de decembro

23:15h Concerto de Gramola
Versións de Elvis Presley, The Doors, Jeff Buckley, Janis Joplin, Eric Clapton, Silvio Rodríguez,..
Cervecería Gilligans(Boiro) 

23:30h Concerto de Siniestro Total
Pousada das Ánimas(Boiro)


23:45h Concerto Irmandades do Falo
Grupo folk-rock gañador do concurso da Radio Galega "vas sacar nota"
Curral do marqués(Taragoña)

Sábado 8 de decembro

Ruta en Barco en Sálvora e Festa da Centola(O Grove)
Embarque as 10:00h en Ribeira e volta as 17:00, viaxe de balde
Organiza Mancomunidade Arousa Norte
Mais info 

Domingo 9 de decembro

Ruta da natureza e observación de aves na Ría de Arousa
Embarque as 10:00h en Rianxo e volta as 17:30, viaxe de balde
Organiza Mancomunidade Arousa Norte
Mais info

martes, 4 de decembro de 2012

IV Edición do Concurso Internacional de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira"

Novas ofertas de emprego



 Camareros para zona de Rianxo. Adecco.
Enxeñeiro industrial junio (Servizos). A Coruña.
Licenciado en Dereito. Nortempo ETT. Santiago de Compostela.
Supervisor/a territorial de Rede Zona Noroeste. Grupo Avance. A Coruña.
Operario/a torno-plegadora cnc. Unique. A Coruña.
Formador/a en Gestión Comercial para Hostelería. A Coruña.
5 postos para campaña de Nadal. A Coruña.
Charcuteiro/a. Nortempo ETT. Santiago de Compostela.
Montador de neumáticos e mecánica rápida. Euromáster Automoción y Servicios. A Coruña.
Cerralleiro e/ou carpinteiro. Europea de Sistemas Técnicos e Seguridade, SL. A Coruña.
Técnico informático nivel medio. Seguriber, SLU. A Coruña.
Administrativo contable. Adecco. A Coruña.
Limpiador/a. Nortempo ETT. Boiro.
Monitor/a de escola. Compass Group. Zona Rianxo.
Cociñeiros/as. Adecco. Rianxo.
Axudantes/as de cociña. Adecco. Rianxo. 

Información das ofertas 

Novas bolsas para estudios

Bolsas para Máster en Enerxías e medios en EEUU.
Mais Info

Bolsas de Creación literaria
Mais info

Bolsa de informática no Tribunal Constitucional
Mais info

luns, 3 de decembro de 2012

Bolsas de xestion cultural

A Deputación Provincial de Lugo convoca unha bolsa formativa para colaborar no programa formativo da Área de Cultura e Turismo para a anualidade 2012-2013.

A bolsa terán unha duración de 18 meses.

Requisitos:Ter estudos en Humanidades.
Ter estudos de técnico medio en Xestión Administrativa
Ter experiencia laboral e coñecementos en Xestión Administrativa.
Ter experiencia no eido do tecido asociativo cultural
Ter coñecementos en lingua galega
Ter coñecementos informáticos
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de decembro de 2012.

Máis información no BOP de Lugo do 1 de decembro de 2012 e neste enlace

Calendario de plantas medicinais

Gracias a todas esas señoras encantadoras que nos axudaron a recopilar toda a información que teredes mes a mes neste calendario e que agora podedes descargar desde o blog.