martes, 23 de abril de 2019

Campos de Voluntariado xuvenil

xoves 25 de abril, ás 9:00 abrirase o formulario para solicitar Campos de Voluntariado.
A oferta inclúe campos en Galicia, España e estranxeiro.
Idade: 18-30 anos... pero na oferta de España hai algún desde 14 anos...
 
OFERTA 2019:
 
 
Oferta concertada:
 

CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA

Idades:
a) As persoas nacidas no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
b) As persoas nacidas no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% 
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran