venres, 28 de febreiro de 2014

Festival Atlantica

Do 11 ao 22 de marzo chega a Santiago o festival Atlántica, e xa ten lista a súa programación http://festivalatlantica.com/o-programa/

Programa Galeuropa: prácticas formativas

Convocatoria de axudas para o programa Galeuropa dirixido a que mozos/as de entre 18 e 30 anos realicen prácticas formativas non remuneradas, durante 8 semanas, en empresas de calquera Estado ou país, agás España http://bit.ly/1huvqXB

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partires de mañá 1 de marzo.

Curso Básico de Educación Ambiental

Gratuíto. Modalidade online

Máis información neste enlace

xoves, 27 de febreiro de 2014

Taller de construcción de palletas

Despois da magnífica acollida que tivo o primero Taller de Construcción de Palletas na a Escola de Música de Boiro e SONAXE, S. Coop. Gal organizan a segunda edición deste curso!!! Será o vindeiro sábado 8 de marzo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas terá lugar no Centro social de Boiro  a cargo de Xosé Piñeiro Pérez. Será preciso traer unha navalla de bo corte.


Cultivándonos!

Ademáis das abundantes programacións de Entroido para a fin de semana..aquí vos deixo algunha suxerencia máis. Boa fin de semana!


Formación

Dirixidos a persoas desempregadas e a traballadoras/es vencelladas/os ao sector turístico, medio ambiente ou patrimonio

martes, 25 de febreiro de 2014

luns, 24 de febreiro de 2014

Día de Rosalía

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Boiro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, la Voz de Galicia, e a Libreria NOBEL, convídante á lectura pública no DÍA DE ROSALÍA e á presentación dos libros PROSOPAGNOSIA e COMO FOI O CONTO E OUTRAS PEZAS TEATRÁISde ALBERTE PAGÁN.

Nun acto que terá lugar o LUNS, 24 DE FEBREIRO , ás 20:00 HORAS, na LIBRERÍA NOBEL de BOIRO e no que estarán presentes, amáis do Autor, Xesús Laíño, Presidente de BARBANTIA e Xerardo Agrafoxo, escritor. No mesmo Acto proxectarase o filme, PELÍCULA URGENTE POR PALESTINA (ALBERTE PAGÁN, 2.012, 14 minutos)
Campos de traballo en Semana Santa http://bit.ly/1gvMyds

venres, 21 de febreiro de 2014

lista de concedidas e suplentes nas axudas do transporte do Concello de Boiro

Hoxe se publican as listas de concedidos e suplentes das axudas ao transporte do Concello de Boiro, recordade que agora os que aparecedes na lista de concedidos, debedes xuntar os billetes de transporte(tren ou autobús) e canxealos por unha factura oficial na empresa, posteriormente entregar a factura en rexistro antes do 27 de xuño acompañada dunha solicitude de xustificación(que ben a podedes recoller na OMIX ou descargala da páxina web do Concello de Boiro). Os que aparecedes na lista de suplentes debedes agardar ao remate do prazo de xustificación(27 de xuño) pero igualmente ide xuntando os billetes de transporte para canxealos por unha factura oficial, porque o procedemento para xustificar a axuda será igual que no caso anterior. Se tedes algunha dúbida podedes pasar pola OMIX ou poñeros en contacto no mail omix@boiro.org ou 981842635.

Formación para o emprego

Curso:
O potencial profesional e aprendizaxe permanente como medio para mellorar a búsqueda de emprego

Obxectivo:
analizar, planificar e evaluar as nosas potencialidades para facilitar a inserción no mundo laboral.

Horario 
de 10.30 h a 12.30 h no cuarto andar do centro social de Boiro.

Xornada gratuita. 

Inscripción antes do día 25 no EBAE

EBAE
Plan de Emprego
Cruz Roja Española en Boiro
C/ Principal, 77 - Centro Social, 3ª Planta
15930 - Boiro (A Coruña)
Tel.+ 34 981 844 804

mércores, 19 de febreiro de 2014

Novidades de cara a fin de semana


Lingua de namorar

Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá participar con dúas mensaxes no concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • PlayStation 4 500 XB
  • Mesa de mesturas de dj
  • MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
  • GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
  • MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
O prazo para enviar as mensaxes remata o vindeiro domingo 23 de febreiro. Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación.

Máis información sobre o concurso Lingua de namorar: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html

Voluntariado

NOVO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE CORTEGADA AS FINS DE SEMANA DE MARZO http://bit.ly/1fvIJTX

OFERTA PRÁCTICAS BOLSA FEUGA

OFERTA PRÁCTICAS BOLSA FEUGA : 33 prazas para recén titulados con discapacidade en diferentes zonas da Comunidade Autónoma.

Titulación Universitaria: Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Enxeñería, Químicas, Relacións Laborais, Dereito.

Imprescindible: ter Certificado de Discapacidade (mínimo do 33%)

Imprescindible: ter finalizado os estudos universitarios nos 3 últimos anos

Coñecementos de informática Idade: menor de 30 anos

http://slidesha.re/1cm1uf8

título de bacharelato para maiores de vinte anos

A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
A proba terá lugar o día 25 de abril de 2014 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2014 e en http://www.edu.xunta.es/fp

Escola Creativa

Nace unha escola creativa en Boiro, queres vir a formarte?xa te podes inscribir na OMIX


martes, 18 de febreiro de 2014

Voluntarios para FEAFES

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES Galicia, precisa voluntarios que queiran colaborar coa entidade nas cidades de Vigo, Lugo e A Coruña.

Para máis información, podes consultar a web de FEAFES Galicia www.feafesgalicia.org.
As persoas interesadas, poden poñerse en contacto e enviar o seu Currículo Vitae a través dos seguintes contactos:
SANTIAGO: zulema@feafesgalicia.org (981 554 395)
CORUÑA: intermediacioncoruna@feafesgalicia.org (981 228 135)
LUGO: intermediacionlugo@feafesgalicia.org (982 254 452)
www.feafesgalicia.org

Andaina solidaria

na Coruña o 22 de febreiro


venres, 14 de febreiro de 2014

Programación de Entroido en Boiro

Xa podedes consultar as bases do concurso de entroido de Boiro e a programación.

PROGRAMACIóN BASES

bolsas para a realización de programas de postgrado

A Fundación Eduarda Justo convoca bolsas para a realización de programas de postgrado preferentemente máster de dirección de empresa (MBA ) nas mellores escolas de negocios do mundo.
Os seus obxectivos é formar mozos/as proporcionándolles os recursos económicos necesarios para a realización de estudos preferentemente en dirección de empresas.
A bolsa supón aproximadamente uns 4600 euros agrupados en diferentes conceptos. Inclúe tamén a matrícula dos estudos que se aboarán na institución elixida.
A Fundación ofrece dúas rondas de presentación de solicitudes: a  primeira finaliza o 15 de marzo de cada ano, a segunda o 1 de maio.
A duración  das bolsas é un ano académico con posibilidade de prórroga segundo máster ou estudos elixidos.

Axudas ao desprazamento do Concello de Boiro

A resolución da concesión de axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudios técnicos, medios ou superiores, ou para o alumnado con necesidades educativas especiais, farase pública a finais do mes de febreiro mediante a páxina web do concello(www.boiro.org) e o taboleiro de anuncios.

mércores, 12 de febreiro de 2014

martes, 11 de febreiro de 2014

Curso de creación e deseño de páxinas web

A ONGD ConTacto organiza un curso de “Creación e deseño de páxinas web” gratuíto
Datas: do 13 de febreiro ata o 17 de abril.
Lugar: aula de informática do Centro social de Boiro.

Inscricións: en Rúa Principal nº3- Edificio Polivalente / 981847307 / 661883109

CONTRATACIÓN PERSOAL PARA COLABORAR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN

UNIVERSIDADE SANTIAGO DE COMPOSTELA Convocatoria Pública 2/2014 de CONTRATACIÓN PERSOAL PARA COLABORAR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN mediante contrato de obra ou servizo determinado O persoal contratado colaborará especificamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado. Prazo: 17/02/2014 http://bit.ly/1kxOrff

Axenda cultural Concello de Boiro

Aquí vos deixamos a axenda cultural do Concello de Boiro para os meses de febreiro a xuño


AUXILIARES DE INFORMACIÓN DE TURISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria de listas previas para a contratación temporal de AUXILIARES DE INFORMACIÓN DE TURISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Requisitos indispensábeis:

- Titulación: Técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas ou anteriores equivalentes, Grao en Turismo / Diplomatura en Turismo ou equivalente, así como calquera outra titulación universitaria complementada cun máster ou posgrao en turismo.

- Idiomas: Galego, castelán. Inglés e francés, ou inglés e alemán.

Bases e modelo de solicitude: http://bit.ly/1h7bnS9

Prazo de presentación de solicitudes: até o 28 de febreiro ás 14:00 h.
As solicitudes serán entregadas nas oficinas de INCOLSA – Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63, 15705 Santiago de Compostela) de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. (Administración).

luns, 10 de febreiro de 2014

curso de formación para profesores sobre temas relacionados coa adolescencia


A iniciativa, na que participan 25 docentes, terá unha duración de 50 horas:
32 presenciais e 18 de traballo a distancia. Nas sesións de 8 horas, durante os sábados 8
e 22 de febreiro e 8 e 29 de marzo, os profesionais do Quérote + impartirán catro
 sesións de formación ao profesorado e titorizarán os traballos a distancia.
Máis info neste enlace

Curso de COACHING

o 22 e 23 de febreiro en Cospeito (Lugo). Curso, comida e aloxamento de balde!

http://bit.ly/LGUAqJ

venres, 7 de febreiro de 2014

praza de auxiliar de conversa de español no estranxeiro.

Enlace para solicitar praza de auxiliar de conversa de español no estranxeiro.

Prácticas en Alemania

 Proxecto LA IDA http://bit.ly/1g9gtIL

Formación gratuíta para a hostelería e turismo en Riveira

os días 12 e 13 de febreiro en horario de mañá, de 10 a 13.30 horas, impartirase a xornada “Os novos factores do éxito das empresas do sector turístico” onde se desvelarás as claves que deben conducir a xestionar con éxito unha empresa turística: como encher un destino e un aloxamento en épocas difíciles, como incrementar as ventas de restaurantes e locais de hostalería, como incrementar as ventas nun comercio turístico ou como integrar aos empregados e dirixilos con éxito, etc...

Por outra parte, en horario de tarde de 17 a 20.30 horas desenvolverase tamén os días 12 e 13 a acción “Os novos factores do éxito nun municipio turístico”, que servirá para expoñer os coñecementos que debe manexar calquera cargo público na súa responsabilidade de liderar as novas e complexas variables da xestión dun municipio turístico: como crear produtos turísticos atractivos, como atraer clientes a un destino turístico, como coordinarse con outros municipios e ser máis atractivos ou como coordinarse co sector privado.

Os dous cursos teñen carácter totalmente gratuíto e celebraranse no Centro Cultural Lustres Rivas. Os interesados en inscribirse poden facelo no teléfono 686 587 000 ou ben enviando un email a sanroqueturismo@gmail.com.

Tamén desenvolverase unha serie de cursos de cociña e elaboración de tapas, que estarán complementadas cunha serie de módulos sobre coctelería, protocolo e decoración.

Se ben aínda se están a perfilar os últimos detalles da iniciativa, os interesados xa poden preinscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas, chamando ao número 981 835 650. Os cursos serán impartidos no restaurante Jenaro.

Probas de obtención da ESO

Se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Formación organizado polo voluntariado galego

Curso de Maquillaxe infantil
Horario: 9.30-14.00 h
1. Introducción á maquillaxe de nenos/as
2. Materiais.
3. Hixiene.
4. Psicoloxía á hora de establecer un contacto con menores á hora de maquillalos.
5. Opcións de maquillaxe ‘’estandar’’ que se poden adaptar a cada neno/a
6. Personaxes en concreto que soen demandar.
7. Efectos especiais.
8. Prácticas
Módulo II: Globoflexia
Horario: 16.00-20.30 h
Práctica da globoflexia
Programa curso

Curso de Primeiros Auxilios especializados en bebés e infancia

Data: 22 de febreiro
Duración: 8 horas
Horarios: 9.30-14.00 e de 16.00-20.30 h
Lugar: Centro de Formación de Cruz Vermella Española. Rúa Médico Devesa Núñez, A Coruña (zona cuartel Lonzas)
Prezo: Gratuíto para o voluntariado (5 € para o resto)
Docente: Xosé Puente Grela, axente de emerxencias e formador especialista en Primeiros Auxilios.
Programa curso

xoves, 6 de febreiro de 2014

Punto de información ao emprendedor

A Federación de Empresarios do Barbanza impulsa un Punto de Atención ao Emprendedor, co propósito de que os que queiran poñer en marcha un negocio atopen a axuda precisa para levar a cabo os trámites necesarios. A FEB está no terceiro andar do Centro Social de Boiro

Reapertura piscina de Boiro

Moitos seguro que o agardábades e finalmente a piscina de Boiro reabrirá a finais de febreiro, pero xa podedes comezar a facer a vosa matrícula a partir de venres ás 17h, as primeiras 200 persoas poderán optar á oferta de pagar un euro máis a tasa de matrícula por abonarse.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Cursos para desempregados/as

Cursos para desempregados/as menores de 30 anos na provincia de Pontevedra http://bit.ly/1nSHdT5

Bolsas para a creatividade Matadero de Madrid

Eres  universitario con inquedanzas creativas e por falta de recursos ou oportunidades non podes dar renda solta a túa creatividade..pois o Matadero de Madrid incorpora un novo programa ca Fundación Banco Santander e Openbank para o fomento da investigación e producción artística. Neste enlace verás máis Estudio Busca Talento


Cultívate esta finde

Aquí tedes a programación que comeza mañá..e que chova!


Iniciativa interesante na rede: coworking

Se estás buscando un sitio onde traballar fora de casa, pero non sabes cal, te propoñen unha recomendación personalizada. Sólo tes que ir a esta páxina
https://www.facebook.com/coworkingon 

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas de entre 18 e 35 anos.
Cada Espazo Xove require a colaboración de ata tres voluntarios en horario flexible de 08:30 a 22:30h (no verán só de 08:30 a 15:00) para realizar as seguintes tarefas:

- Colaborar na elaboración e dinamización da información xuvenil nos Institutos, centros culturais, parroquias e concellos que abrangue o Espazo Xove.
- Colaborar nas actividades organizadas polo Espazo Xove.
-Propoñer actuacións para desenvolver nos espazos que redunden en benefício da mocidade da zona.
- Colaborar e propoñer actividades que fomenten a participación e a creatividade.
- Colaborar na organización de obradoiros , actividades de solidariedade, campañas informativas, etc...
- Colaborar e propoñer todas aquelas iniciativas que sexan de interese para as/os voluntarias/os xuvenís e que redunden nunha mellora dos servizos que ofrecen e poidan ofrecer os Espazos Xove.

Benefícios para as/os voluntarias/os:
As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito xuvenil , na organización, xestión e dinamización de programas e actividades que se desenvolvan nos Espazos Xove o que redundará nunha maior riqueza persoal.

Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntaria/o recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa experiencia neste programa.

Formulario de inscrición http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=120#forsux

martes, 4 de febreiro de 2014

Obradoiro de bici urbana en Compostela



Dentro da campaña de obradoiros prácticos con tecnoloxías apropiadas que cofinancia Cooperación Galega da Xunta, o vindeiro mércores 12 de febreiro, ás 20 h no CIAC en Compostela, organizamos coas compas da Sociedade Cívica Composcleta o titulado OBRADOIRO DE BICI URBANA, outra forma de entender a cidade.
Este é o programa:
  • 20:00 "Mobilidade sostible e bicicleta no entorno urban"
  • 20:15 "Unha revisión do entorno urban. O exemplo da Rúa de S Pedro"
  • 20:40 Mesa redonda: "A revisión dos modelos de mobilidade: propostas e realidades"
  • Se o tempo o permite (tanto o cronolóxico coma o climático) haberá ao final un paseo urbano nocturno, así que se o desexades TRAEDE AS VOSAS BICIS
A asistencia é libre, pero é necesaria preinscripción en compostela@galicia.isf.es

Formación en lingua de signos gratuíta

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 2

Nº. de prazas: 25

Contidos:
Módulo I. Rexistrámonos
Módulo II. Presentámonos a un casting signado
Módulo III. Convivir é compartir
Módulo IV. Quedamos cos amigos

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición
:
A Coruña: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, R/ Félix Estrada Catoira, 3-Baixo Dta. A Coruña

Data de realización: A Coruña, Os martes e os xoves do 6 de marzo ao 1 de abril, de 18:30 a 21:00 horas


Formulario de inscrición e información

Formación ambiental

Curso gratuíto e en liña: Actuación do voluntariado para a rexeneración dos montes queimados 2014.
Neste enlace tes a información do curso.

PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS ALEMANAS.


PROGRAMA DE MOVILIDAD TRANSNACIONAL PARA JÓVENES.

Datos generales:
• Salida prevista: Marzo 2104 (segunda quincena).
• Duración de la estancia: 4 – 5 semanas.
• Ubicación: Recklinghausen, Renania del Norte-Westfalia (Alemania).
• Plazas: 10 participantes.
• Sectores de prácticas: comercio, peluquería, jardinería, metalurgia, sanidad, otros son posibles.

Requisitos:
• Edad: entre 18 y 30 años
• Formación: ciclo medio de formación o sin titulación académica.
• En situación de desempleo más de 6 meses.

Condiciones:
• Cobertura económica:
o Alojamiento y manutención.
o Billete de avión de ida y vuelta
o Transporte local a la empresa de prácticas.
o Seguro de asistencia en viaje (responsabilidad civil, accidentes, asistencia médica).
o Mediador Transnacional y Tutor de Contacto hispano hablante durante toda la estancia en Alemania.

Formación:
• Preparación: formación lingüística e intercultural presencial a cargo de la Fundación Paideia Galiza, A Coruña.
• En Alemania: prácticas formativas en empresas, curso de alemán y actividades culturales/deportivas.
• A la llegada: evaluación y elaboración del informe final.
________________________________________________________________
NOTAS:

• Si estás interesado/a puedes enviar tu currículo modelo EUROPASS a la dirección de correo electrónico laida@paideia.es hasta completar las plazas disponibles. 

luns, 3 de febreiro de 2014

Concurso Lingua de namorar


Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

Máis info neste enlace

Curso de manipulador de alimentos gratuíto

Curso de "Manipulador de alimentos" totalmente gratuito para persoas que estén no paro.

Para máis información nos teléfonos 981 87 43 79 e  981 84 53 02.

Febreiro Choqueiro

Comezamos e lanzamos unha nova programación dende o Centro Social de Boiro para o mes de febreiro..anímate hai un montón de cousas interesantes!!




















Para recibir información ou inscribirte só tes que escribirnos(omix@boiro.org/centrosocial@boiro.org) ou chamarnos ao 981842635. Tamén se o prefieres contacta mediante o facebook/CentrosocialBoiro