martes, 31 de xaneiro de 2012

I CONCURSO INFANTIL E XUVENIL DE RELATOS “LETRAS NA BRÉTEMA”

Obxecto: promover a creación literaria e valorar as historias populares entre os máis mozos.

Beneficiarios: orientado á participación de estudantes de Primaria, Secundaria e Bachillerato, ata 17 anos.

Categorías:

  • 1ª categoría: ata 9 anos
  • 2ª categoría: de 10 a 13 anos
  • 3ª categoría: de 14 a 17 anos


Tema dos relatos será: mitos e lendas galegas.

Os contos, “reais ou ficticios”, deberán estar baseados en historias ou personaxes populares e traicionais e ambientados dentro da comarca do Barbanza.

O prazo de admisión de orixinais: comezará o día 1 de febreiro de 2012 e rematará o día 5 de marzo de 2012.

mais información en:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/31/i-concurso-infantil-e-xuvenil-de-relatos-letras-na-bretema/

Actualización de boletíns de emprego

Xa podes consultar os boletins de emprego actualizados no seguinte enlace atoparás a información:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/31/actualizacion-de-boletins-de-emprego/

bolsas Stevenson para estudos univesitarios en Escocia

Poden optar a estas bolsas todos os estudantes universitarios menores de 25 anos (excepcionalmente poden ter ata 35 anos) que estean matriculados ou que rematasen os seus estudos recentemente nalgunha universidade española e que desexen estudar en Escocia. As bolsas están abertas a calquera disciplina e permiten estudar nunha universidade escocesa de 3 a 9 meses.

A contía da bolsa será de entre £200 ata £4,000 podendo variar esta cantidade considerablemente a discreción do Comité Executivo. É requisito imprescindible posuír un bo coñecemento de inglés e que o solicitante establecese contacto previo con algunha universidade escocesa aínda que non fose formalmente aceptado aínda. Estas bolsas son axudas complementarias e os bolseiros seleccionados terán que custearse a viaxe e os gastos de estanza.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de febreiro de 2012.
Máis información en http://www.britishcouncil.org/spain/stevenson-scholarship

luns, 30 de xaneiro de 2012

Obradoiros para redactar proxectos de INICIATIVA XOVEN

Se estades pensando en presentar un proxecto para Iniciativa Xoven da Dirección Xeral de Xuventude ou queredes enterarvos un pouco mais das axudas ás que podedes optar sendo xoven, entre o 7 e o 17 de febreiro se organizarán xornadas, que terán unha duración aproximada de 2 horas e media, para aprender a redactar os proxectos a presentar e coñecer masi acerca de iniciativas de participación xuvenil.

As DATAS E LUGARES DOS FOROS son:

7 de febreiro: 12.00 hs Facultade de Ciencias Económicas de Santiago.

8 de febreiro: 18.00 hs Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa e 20.00 hs Espazo xove de Lalín.

10 de febreiro: 18.00 hs Albergue LugI ( Lugo) e 18.00 hs Residencia Xuvenil Universitaria " Florentino López Cuevillas ( Ourense).

11 de febreiro: 11.00 hs Albergue Xuvenil Gandarío ( Bergondo) e 11.00 hs Edificio Multiusos de Redondela ( Pontevedra).

13 de febreiro: 11.00 hs Facultade de Arquitectura da Coruña.

15 de febreiro: 11.00 hs Peritos de Ferrol.

16 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Viveiro.

17 de febreiro: 19.00 hs Espazo Xove de Curtis.

Poderedes solicitar, a partir do luns 30 de xaneiro, a través da web xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir.

Axudas á danza e a música

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música convoca axudas destinadas a asociacións, federacións e confederacións de ámbito estatal para o desenvolvemento de actividades de danza con proxección nacional ou internacional, asi como para a realización de actividades de lírica e música.
A actividade desenvolvida por estas entidades debe exceder o ámbito dunha Comunidade Autónoma.
Excepcionalmente, tamén poderán solicitar axuda aquelas de ámbito autonómico que teñan acordos con outras entidades análogas doutras Comunidades Autónomas, para levar a cabo os proxectos de danza e para a realización de actividades de lírica e música, que contribúan ao coñecemento e intercambio das manifestacións artísticas xeradas en distintos puntos do territorio español.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de febreiro de 2012.

Máis información en www.mcu.es (Artes Escénicas y Música /Becas, ayudas y subvenciones/convocatorias) e no BOE do 30 de xaneiro de 2012.

Novas de emprego

Licenciados en Quimica ou farmacia
A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (8 meses) para licenciados en química/farmacia como colaborador nas tarefas do proxecto de investigación. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de febreirod e 2012.
Máis información www.udc.es

Enxeñeiro de camiños
Convocadas 2 prazas temporais (9 meses e 3 meses), como colaborador/a nas tarefas do (proxecto/convenio) de investigación que se determina. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 8 de febreiro
de 2012. Máis información www.udc.es

chofer-mecánico
O Concello de Xinzo, convoca 1 praza de chofer-mecánico Oficial de 1ª persoal laboral fixo, polo sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 28 de xaneiro de 2012.

Comerciais
Sector decoración.Contactos con estudos arquitectura_diseño.Teléfono: 689.177.665
Comerciais en Monforte.Selección para departamento comercial en monforte e comarca. Mínimo graduado escolar. Tfno: 690934677. El progreso.

Programador LAMP
Autónomo ou empresa.Optimización servidor e BBDD.Teléfono: 986.451.355

venres, 27 de xaneiro de 2012

PRAZAS DISPOÑIBLES ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

Aberto o prazo para que os interesados e interesadas fagan a reserva para ROTEIROS, quedan prazas dispoñibles nas seguintes fins de semana

“Dende o ar”:
do 3 ao 5 de febreiro (7 prazas),
do 10 ao 12 de febreiro (3 prazas),
do 17 ao 19 de febreiro (1 praza),
do 24 ao 26 de febreiro (4 prazas),
do 2 ao 4 de marzo (1 praza), e do 23 ao 25 de marzo (1 praza)

“Dende o mar”:
do 3 ao 5 de febreiro (8 prazas),
do 10 ao 12 de febreiro (14 prazas),
do 2 ao 4 de marzo (6 prazas),
ábrese a oferta de prazas a calquera persoa interesada.

Para facer a reserva de praza nestas fins de semana podes chamar aos números de teléfono 981 545937 / 545822 / 545702 / 541689, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Podedes consultar a información:
http://xuventude.xunta.es/201201276240/aviso-prazas-disponibles-roteiros-para-a-xuventude.html

Concurso de relatos de inspiración científica

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca Inspiraciencia: un concurso de relatos de inspiración científica. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Este concurso é unha iniciativa participativa que combina ciencia e escritura para xerar cultura científica e unha mentalidade aberta á innovación.
1. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal en calquera de as dúas modalidades do concurso que estea inspirado nunha temática científica cual sexa o xénero literario (narración, poesía, teatro).
2. Os orixinais estarán escritos en catalán, español ou galego. Deberán ser inéditos e non ter sido premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ter sido publicados en ningún outro medio.
Modalidades e categorías
3. O concurso ten dúas modalidades:
Relatos curtos. Deberán ter unha extensión mínima de 800 palabras e máxima de 1.500 palabras.
Microrrelatos. Deberán ter unha extensión máxima de 500 palabras.
4. Os participantes poderán participar nunha das seguintes categorías:
Público adulto (a partir de 18 anos)
Público xuvenil (de 12 a 17 anos)
5. Os participantes deben rexistrarse nunha das dúas categorías e poden enviar como máximo un relato para cada modalidade competitiva. É dicir, cada participante pode enviar un relato curto e un microrrelato.
Presentación dos relatos
6. Os orixinais deberán publicarse no sitio web do concurso:
www.icmab.es/inspiraciencia
Previamente haberá que rexistrarse a través dun formulario dispoñible no mesmo sitio web.
7. Os participantes poderán acceder á súa conta co nome de usuario e unha contrasinal. O pseudónimo será o nome co que se asinará os relatos que se queiran publicar.
8. O prazo de presentación de relatos pecharase o 15 de marzo de 2012.
Premios
9. Os premios outorgaranse durante o mes de abril de 2012, nun acto que se anunciará oportunamente.
10. O concurso prevé un premio institucional e un premio do público, para cada modalidade e categoría. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura ou talleres similares.

Máis información en www.icmab.es/inspiraciencia

V premio internacional Compostela para álbums ilustrados

O Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka convoca o V premio internacional Compostela para álbums ilustrados, dentro da XII Campaña de Animación a Lectura.
Poderán optar ao V Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados todas as obras que se poidan incluir na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.
As obras poden presentarse en calquera das linguas oficiais peninsulares e serán orixinais e inéditas.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non poderá superarar as 40 páxinas interiores.
Os/as autores/as que opten ao premio deberán presentar:
Cinco copias do texto.
Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias encorde cada unha delas.
Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.
Nas obras non deberá figurar o nome dos/as autores/as senón un lema ou pseudónimo. Os datos persoais dos e das participantes achegaranse nun sobre pechado indicando no exterior o título da obra e o lema ou pseudónimo, e no seu interior, o nome ou nomes completos, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo electrónico. Dentro do sobre tamén se incluirán unha fotocopia do DNI ou pasaporte así como unha breve recensión biográfica.

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 2 de marzo de 2012.
O premio é de 9000 € e a publicación da obra en tódalas linguas peninsulares no mes de outubro de 2012.
Máis información en www.kalandraka.com

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Boletíns de emprego

No blog de emprego de Arousa Norte xa podedes consultar a Actualización dos boletíns de emprego
Boletín Máis Compostela.
Boletín Pontemprego.
Boletín Xuventude.

arousanortemprego.wordpress.com

“CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO DE 2 PEÓNS PARA O GRUPO MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN RÁPIDA.

Convocatoria para 2 peóns Grumir. Concello de Santa Comba. BOP 26 xaneiro. Prazo ata 15 xaneiro.

Atoparedes a información en:
http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/26/novas-ofertas-de-emprego-publico-e-privado-2/

ademais podedes revisar as ultimas novas en ofertas de emprego privadas.

prazas de interinidades ou substitucións

Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de ESO e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería

Mais información:
http://www.edu.xunta.es/web/node/3866

CURSO DE DISCAPACIDADE INTELECTUAL E CALIDADE DE VIDA

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de inscrición do curso "DISCAPACIDADE INTELECTUAL E CALIDADE DE VIDA" en modalidade presencial, incluído dentro do Plan de Formación de Voluntariado 2012.

O curso realizarase na cidade de Santiago de Compostela.
DESTINATARIOS:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº DE HORAS: 8

Nº DE PRAZAS: 25

información e inscricións
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=190&pag=0

CONTIDOS:
• Principais características das persoas con discapacidade intelectual
• O papel da persoa voluntaria nas actividades Socioculturais con persoas con discapacidade intelectual
• Técnicas de actuación adecuadas a persoas con discapacidade intelectual para a mellora na súa calidade de vida

MODALIDADE: presencial

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Sede da asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual , Aspas
R/ Santa Teresa de Jornet nº19 – 15.890, San Marcos - Santiago de Compostela

DATA DE REALIZACIÓN: 25 de febreiro e 03 de marzo

HORARIO:
de 10:00 a 14:00 H

xornada de xogos tradicionais




Este sábado 28 de xaneiro a Cruz Vermella de Boiro organiza unha xornada de xogos tradicionais para nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Lugar: Pavillón de Praia Xardín
Hora: de 17 a 20h

Entrada libre

shows de Breakdance

Esta fin de semana poderás disfrutar de shows de Breakdance da man do grupo
local Glande´s Clan.

SÁBADO 28 XANEIRO
Centro comercial Área Central (tarima de madeira) -
Fontiñas 18:30 horas

DOMINGO 29 XANEIRO

Multiusos Fontes do Sar (partido de Baloncesto Obradoiro CAB - Lagun Aro GBC)
12:00 horas aprox. (no descanso)

mércores, 25 de xaneiro de 2012

Proxectos de iniciativas xuvenis

A participación e o asociacionismo facilitan que os mozos e as mozas se involucren na posta en marcha das súas propias ideas, así como na defensa dos seus dereitos e valores democráticos, solidarios,sociais..., mediate a manifestación dos seus intereses.

Tanto a participación coma o asociacionismo requiren dunha colaboración activa entre as persoas implicadas para a toma de decisións, xestión e execución, polo que consideramos importante poñer os medios e os lugares de encontro necesarios para facilitar a participación entre a mocidade.

É obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acadar unha participación social activa e dinámica da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida.

Xuventude con iniciativa supón unha aposta polo potencial e polas capacidades da nosa mocidade, que se manifestarán sen dúbida a través dos proxectos realizados no ámbito dos programas Iniciativa Xove e Voluntariado Xuvenil.

Máis información aquí.

Bolsas Santander para Mozos/as

BOLSAS SANTANDER CRUE CEPYME PRÁCTICAS EN EMPRESA

Convocatoria

Programa dirixido a complementar a formación dos estudiantes, acercándolles a realidade do ámbito profesional, ampliando os seus coñecementos e favorecendo o seu contacto con empresas que poderían facilitarlles a súa inserción laboral.

Importe: 600 euros/mes brutos. Puede ser complementada con calquer outra axuda que a empresa de destino queira ofrecer ó bolseiro.

Requisitos estudantes:

- Estar matriculado nunha Universidade española ou en centros adscritos á mesma.

- Estudantes de grao e master (oficiais e propios).

- Haber superado o 50 % dos créditos ou estar nos dous últimos cursos ou realizando o proxecto fin de carreira.

- Non mantener relación contractual coa universidade ou empresa onde realizará a práctica

Prazo: ata o 28 de febreiro de 2012

Programación para a fin de semana

venres 27 de xaneiro ás 20:00h terá lugar na Casa da Cultura de Boiro a representación de obra de teatro:
Pío da compañía teatral Caramuxo.
A función está destinada a nen@s de 3 a 10 anos.
Programación organizada polo departamento de cultura do Concello de Boiro

venres 27 de xaneiro ás 21:00h terá lugar o I Encontro de Música
Tradicional organizado pola Escola de Música de Boiro. Será no Centro
Social de Boiro, na Estación Leñaverde. Participarán no Encontro as
formacións locais : Grupo de Gaitas da Escola de
Música, Grupo de Pandereteiras da Escola de Música, Os da Boina,
Xilbarbaeira, Nunca é tarde entre outros. O encontro é aberto a todas
aquelas persoas que queiran vir a pasar un bo rato ou
participar e traer o seu instrumento para unirse á jam galega posterior ás
actuacións.
Programación organizada polo departamento de cultura do Concello de Boiro
e a Escola de Música de Boiro

venres 27 de xaneiro ás 23.30h actuación de Quico Cadaval
no Curral do Marques(Taragoña)
Programación organizada polo local.

Taller de amor

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través dos Centros Quérote+ convoca A Escola Do Amor
Nº de horas: 15
Nº de prazas: 25

CONTIDOS:
Presentación
• Presentación dos programas da DXXV
• Presentación dos servizos dos Centros Quérote+
Amor e os factores que interveñen no proceso de namoramento
• Definición de amor
• Tipos de amor
• Proceso de namoramento
Modelo de amor imperante na sociedade actual
• Dependencia e codependencia emocional
• Medios de comunicación e expresións artísticas do amor
Elaborar ferramentas na abordaxe do duelo nas relacins afectivas
Abordar os conceptos de dependencia emocional e codependencia

Lugar: Quérote+ A Coruña
Datas de realización;17 de Febreiro, 16 Marzo, 13 Abril, 11 Maio, 15 Xuño
Horario: 20:00 – 22:00

I Encontro de Música e Baile Tradicional Escola Boiro




Este venres 27 de xaneiro non te perdas no Centro Social
O I Encontro de Música e Baile tradicional e se te atreves trae o teu instrumento musical para unirte á festa.

Obradoiro de Emprego Xuvenil

A Dirección de Xuventude e Voluntariado a través da súa Oficina de Emancipación Xuvenil organiza un Obradoiro de Busca de Emprego para mozos de ata 35 anos de idade.

Obxectivos:
Favorecer e apoiar a inserción laboral da mocidade galega, mediante ferramentas de busca de traballo por conta allea e para a creación da propia empresa ou autónomos.

Contidos :
O Currículo. Partes. Elaboración. A Carta de Presentación. Tipos. Elaboración. Recursos para a busca de emprego.:Redes familiares, coñecementos de búsqueda de emprego on line (buscadores, boletíns oficiais, universidades, ETT’s, etc), guías de empresas, outros. Recursos on-line para a busca de emprego. A entrevista de traballo. Calendario de busca.

Metodoloxía :
No obradoiro realizarase un seguimento individualizado para cada persoa para a resolución dos seus problemas laborais, así cóma para establecer un itinerario personalizado de búsqueda de emprego.
Desenvolvemento do obradoiro: O obradoiro desenvolverase en catro sesións de 3 horas cada unha.

Datas: Xoves, 16 e 23 de febreiro, e 1 de marzo de 2012

Horario: 16.00 a 19.00 h

Destinatarios: Mozos e mozas desempregados menores de 35 anos

Prazo de inscripción: Ata o 13 de febrero de 2012.

martes, 24 de xaneiro de 2012

ofertas de emprego e novas de xuventude

Hoxe xa podedes consultar o boletin de novas de xuventude no que ademais de concursos e actividades culturais atoparedes ofertas de emprego público e privado.
Este é o enlace:

http://xuventude.xunta.es/201201246181/informe-semanal-do-23-de-xaneiro-de-2012.html

Persoal para Radio Televisión de Galicia

Televisión de Galicia S. A. convoca probas para un contrato en prácticas na seguintes categorías laborais:

- Técnico electrónico: Ciclo Superior de Instalacións electrotécnicas, Ciclo Superior de Desenvolvemento de productos electrónicos,
Ciclo Medio de Equipos electrónicos de consumo, Ciclo Superior de Sistemas de regulación e control automáticos ou Ciclo Superior de
Sistemas de telecomunicación e informáticos ou equivalentes.
- Redactor para Radio Galega: licenciado en Xornalismo. Non se considera equivalente a titulación de Comunicación Audiovisual nin de Publicidade e Relacións Públicas.

- Inscripción:
Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo: proceso.seleccion@
crtvg.esun curriculum vitae indicando que é para esta proba.
- Período de inscrición:
O prazo de inscrición remata o 25 de xaneiro de 2012, ás 12:00 horas.

Máis información en: www.crtvg.es.

Bolsas proxecto ambiental

15 Bolseiros-Xestores de proxectos ambientais. Fundación Novacaixagalicia.

Atoparás mais información no seguinte enlace:
http://www.infojobs.net//www.infojobs.net/vigo/gestores-proyectos-ambientales/of-ia99a534cc04a1495d8ec5c6a78d4c5

Cursos gratuitos para mozos/as desempregados/as

Requisitos:
  • Alumnos Menores de 30 años
  • Inscritos como demandante de emprego
  • Non ter finalizado un FP ou Estudios Superiores, ou non dispoñer dun Certificado de Profesionalidade e/ou carnet profesional (Baixa cualificación)
  • Estas acciones formativas inclúen a realización obrigatoria de Prácticas Profesionales non Laborais en empresas
  • Estar dado de alta como demandante de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cursos dispoñibles do Grupo Femxa:

Modalidade Teleformación
Modalidade Presencial
Modalidade Mixta
* Todas as accións formativas constan de 300 Horas, a excepción de Camareiro de piso e Camareiro excelente que constan de 160h

o enlace para acceder a información do curso é:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/24/cursos-gratuitos-para-mozos-desempregados/

luns, 23 de xaneiro de 2012

Encontro de mobilidade xuvenil

Para todos/as aqueles que estedes interesados en solicitar becas internacionais, proxectos europeos ou voluntariados en outro país, é mais que recomendable esta cita na Coruña o 4 de febreiro.

Ata o próximo 29 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición no III Encontro galego de mobilidade xuvenil que terá lugar o vindeiro 4 de febreiro no Centro Ágora da Coruña.
Este Encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mobilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades prestadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.


http://xuventude.xunta.es/201112275883/iii-encontro-galego-de-mobilidade-xuvenil.htmlhttp:

Ir atrás Ir arriba

BOLSAS DE IDIOMAS DA FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN NAS ZONAS MINEIRAS DO CARBÓN

A “Fundación para el Desarrollo de la Formación en las Zonas Mineras del Carbón" lanza a convocatoria do Programa de Bolsas de Idiomas en Zonas Mineiras do Carbón polo que se financia a realización de estudos de idiomas para mozos, mozas e traballadores menores de 30 anos.
O obxectivo é facilitar a aprendizaxe e perfeccionamento das linguas máis faladas na Unión Europea (inglés, francés, alemán e italiano) mediante cursos a realizar nos países nos que se fala a lingua ou en España en réxime de internado ou aberto.
O número de axudas que se concederán será de 1.100 becas para cursos de idiomas no estranxeiro e 250 para cursos de idiomas en España.
Poderán solicitar estas becas os fillos e orfos do persoal procedente de reestruturacións laborais na minería do carbón e de traballadores do sector activos e pasivos cos seguintes requisitos:

  • Para o caso de programas no estranxeiro: menores de 30 anos, a 30 de novembro de 2011, e maiores de 12 anos, a 30 de xaneiro de 2012.
  • No caso de programas en España: menores de 30 anos, a 30 de novembro de 2011, e maiores de 10 anos, a 30 de xaneiro de 2012.

Igualmente, poden ser solicitadas polos propios traballadores menores de 30 anos, a 30 de novembro de 2011, do sector da minería en activo.
O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 31 de xaneiro de 2012.


As dotacións das axudas son:

  • Para cursos de idiomas no estranxeiro: dotación máxima de 2.725 euros para cursos de idiomas, estancia e desprazamento ó país elixido.
  • Para cursos de idiomas en España en réxime de internado: dotación máxima de 1.310 euros para cursos de idiomas e da estancia.
  • Para cursos de idiomas en España en réxime aberto: dotación máxima de 1.135 euros para cursos de idiomas.

mais información:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/23/novas-bolsas-9/

Novas ofertas de empleo privadas

Electrohidráulico. Mariña Lucense. 22/01/2012

4 Dependentas. Cortefiel. Vilagarcía.23/01/2012.

5 vacantes atención ó cliente. Sector enerxético. A Coruña. 23/01/2012

Profesor de chino. Santiago. 23/01/2012

Delegado comercial. Galicia. 22/01/2012

Distribución loxística. Multinacional. Ourense. 22/01/2012

3 consultores de recursos humanos. Proveer Consulting. Arteixo. 22/01/2012

Electricistas. A Coruña. 22/01/2012

Operario para sondeos e perforacións. Lugo. 22/01/2012

Profesional de peluquería e estética. Santiago. 22/01/2012

Administrativa con francés. Mos. 22/01/2012

Técnico microinformático. Pontevedra. 22/01/2012

Técnico de Helpdesk bilingüe eslovaco. Osiatis. Vigo. 22/01/2012

Persoal para campañas de promoción. Red Unio. Pontevedra. 22/01/2012

información en http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/23/novas-ofertas-de-emprego-privado-7/

Curso de escultura alternativa

Duración: 8 horas mensuais

Horario: 2 modalidades
a) luns de 16.30h a 18.30h
b) sábados de 11 a 13h

Custo mensual 30 euros

Inscricións e contacto: 666 278 753

Carné Xove

Desde o luns, día 23 de xaneiro e ata as 9:00 h. do venres, día 27 de xaneiro, ábrese o prazo para o novo sorteo do programa Carné Xove.

Sortéase un lote de 2 prazas para o Roteiros para a xuventude, programa “Dende o Mar”, que terá lugar do 10 ao 12 de febreiro no Albergue Xuvenil de Gandarío – Bergondo (A Coruña).

Neste sorteo só poden participar os usuarios de Carné Xove, maiores de 18 anos.

Máis información en:

http://xuventude.xunta.es/roteiros-para-a-xuventude.html

Concurso de banda deseñada

A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o concurso de Banda Deseñada dentro dos Cuartos Encontros de Banda Deseñada da Mariña, no que rexeran as seguintes bases:

Poderán presentarse neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
-libre ou aberta. Poderá presentarse calquera persoa que non gañara en anos anteriores.
-categoría escolar para alumnos de 15 ata 18 anos.
-categoría escolar para alumnos ata 14 anos.
Cada traballo só poderá presentarse a unha das categorías.
O tema será libre, con textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
Os traballos terán que ser orixinais cunha extensión mínima de catro páxinas, en cores ou branco e negro. A técnica libre e en tamaño DIN A4.
Con autoría individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.
Os traballos enviaranse a: IES Perdouro, rúa do instituto sen número, 27880 Burela (Lugo).

O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de marzo de 2012.

Premios:
Categoría Libre ou Aberta:
1º Premio: Ordenador portátil e tableta dixitalizadora.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
● Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
● Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
http://www.culturagalega.org/docs/bases_concurso_CUARTOS_ENCONTROS_DE_BANDA_DESENHADA_NA_MARINHA.pdf

Practicas no estranxeiro

Para aqueles que queirades facer prácticas no estranxeiro mirade as ofertas existentes no blog de Arousa Norte:

http://arousanortemprego.wordpress.com/2012/01/20/practicas-internacionais/

bolsas de formación para a especialización en materia de Seguridade Nuclear e Protección Radiolóxica

O Consello de Seguridade Nuclear convoca bolsas de formación para a especialización en materia de Seguridade Nuclear e Protección Radiolóxica.
O número de bolsas convocadas son oito:
Catro bolsas en materias específicas de seguridade nuclear.
Catro bolsas en materias específicas de protección radiolóxica

Requisitos:
A data de obtención do título que dá acceso á bolsa deberá ser posterior ao ano 2006.
Titulación universitaria superior técnica ou científica. Preferiblemente, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría química, Físicas, excepto na bolsa destinada a área de formación en Deseño, Construción e Comportamento de Estruturas en Instalacións Nucleares con vida de deseño de ata 100 anos: Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 22 de febreiro de 2012


Máis información no BOE do 23 de xaneiro de 2012 e en http://www.csn.es

Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) convoca un Curso para obter o certificado de aptitude de profesor de formación vial. O curso, que terá carácter teórico e práctico, constará de dúas fases: unha de ensino a distancia e outra de formación presencial no centro onde o curso se celebre.
As quendas da fase de presencial terán lugar en Alicante, Cantabria, Madrid, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid e Zaragoza.

PROBA PREVIA DE SELECCIÓN:
As persoas aspirantes serán sometidas a unha proba previa de selección que consistirá na realización de dúas probas eliminatorias, unha teórica e outra práctica.
A proba teórica, que versará sobre normas relativas a condutores, vehículos e circulación, sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial, terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito, en impreso facilitado ao efecto, a un cuestionario de 30 preguntas sobre as materias antes indicadas, seguindo un sistema de elección múltiple.
A proba práctica versará sobre técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ao tráfico, e terá unha duración mínima de trinta minutos.


Requisitos:
Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
Ser titular do permiso de condución da clase B que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, polo menos, cunha antigüidade mínima de dous anos.
Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen para a obtención dun permiso do grupo 2.


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro de 2012.

Máis información no BOE do 20 de xaneiro de 2012 e en www.dgt.es

venres, 20 de xaneiro de 2012

Curso Basico de Enoturismo

Os días 24 e 25 de febreiro realizarase na sede da UNED de Ourense un curso de Enoturismo.

Atoparedes a información no seguinte enlace: http://www.uned.es/ca-ourense/

Estancias Creativas

Lembrámosvos que hoxe se abre o prazo das estancias creativas para xóvenes: estadías creativas de fin de semana.

O programa ‘Estancias creativas para xóvenes’ consiste en estadías creativas de fin de semana para mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.

As estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG (Lugo) en oito fins de semana desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012.

Neste enlace atoparedes mais información:

http://xuventude.xunta.es/201111165412/estancias-creativas-para-xovenes-estadias-creativas-de-fin-de-semana.html

Ultimas novas de emprego

XERENTE. FOCUS SELECCIÓN. VIGO. 19/01/2012

http://www.infojobs.net/vigo/gerente/of-ibc052dbefe45b889915e7801474f40

FORMADOR “VISUAL MERCHANDISING RETAIL”. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/formador-a-visual-merchandising-retail/a-corunna/1388788/

TUTORA-PREPARADORA. FORBE. VIGO. 19/01/2012

http://www.infojobs.net/vigo/tutora-preparadora/of-iabb1f1e08d46e48eb341ef974082fe

BOBINADOR DE MOTORES ELÉCTRICOS. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/bobinador-de-motores-electricos/a-corunna/1393129/

5 CLIENTES MISTERIOSOS. SANTIAGO. 19/01/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/cliente-misterioso-en-santiago-de/santiago-de-compostela/1404773/

5 AXENTES DE TITULIZACIÓN DE HIPOTECAS. MANPOWER. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/agente-de-titulizacion-de-hipotecas/a-corunna/1404627/

100 TELEOPERADORAS. TELEMARKETING DE REDONDELA. VIGO, MARÍN E REDONDELA. 19/01/2012

http://www.infojobs.net/seleccionar/100-teleoperadoras/of-iaf8713204b46eba18f9591a6b16928

3 COMERCIAIS SECTOR FORMACIÓN/CONSULTORÍA. AULATEL. VIGO. 19/01/2012

http://www.infojobs.net/vigo/comercial-sector-formacion-consultoria/of-if99710547c48218c521cec29c85df2

12 TELEOPERADORES CON PORTUGUÉS. GALICIA. 19/01/2012

http://emplea.universia.es/empleos/oferta/41696/teleoperador-a-idioma-portugues.html

2 PEÓNS DE MANTEMENTO (FP ELECTRÓNICA OU ELECTRICIDADE). A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.randstad.es/content/findjobs/job-details/index.xml?currentPage=1&id=95514&__version=1

MÉDICOS ESPECIALISTAS EN ANESTESIOLOXÍA. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.tiptopjob.com/search/jobs/10456627_m_dicos_especialistas_en_anestesiolog_a_coru_a_la_coru_a_galicia_spain_job.asp

CARPINTEIRO. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.perfilempleo.es/a-coruna/carpintero/630

LIMPADOR. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.perfilempleo.es/a-coruna/limpieza-limpiador/636

DEPENDENTE DE TELEFONÍA. A CORUÑA. 19/01/2012

http://www.perfilempleo.es/a-coruna/dependiente-telefonia/629

5 CONSULTORAS DE BELEZA ( IMPARTIR CURSOS DE IMAXE). VIRGINIA. VIGO. 18/01/2012

http://www.perfilempleo.es/pontevedra/consultora-de-belleza/571

CONTABLE A MEDIA XORNADA. A CORUÑA. 18/01/2012

http://www.randstad.es/content/findjobs/job-details/index.xml?currentPage=1&id=95522&__version=1

COMERCIAL SENIOR. TRAINING CHANEL. A CORUÑA. 18/01/2012

http://www.linkedin.com/jobs?viewJob=&jobId=2422345

ALBANEL. INVERSIONES Y RESTAURACIÓN. MADRID. 17/01/2012

http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/Albannil/Madrid/1403297/

FONTANEIROS, ALBANEIS, CARPINTEIROS, ELECTRICISTAS. SADDGA.BILBAO. 17/01/2012

http://acciontrabajo.es/votIIOIg.html

ABANEL, OFICIAL DE 1ª. MURCIA. 18/01/2012

http://cartagena.ipsojobs.com/job/albanil-oficial-1/5-692226

DIRECTORES, ASISTENTES E PERSOAL DE ÁRE PARA CRUCEIROS. GENNIE HUMAN RESOURCES. BARCELONA

http://acciontrabajo.es/votEOgUI.html

EMPREGO EN CRUCEIROS (AZAFATAS, CAMAREIROS, COCIÑEIROS). CANARYCONECTIONS. TENERIFE

http://acciontrabajo.es/votEgbOU.html

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Programación para a fin de semana

Venres 20 de xaneiro ás 20:00h. Casa da Cultura
" A danza dos instrumentos". Público infantil.
Organiza a Concellería de Cultura do Concello de Boiro e a Deputación da Coruña

Venres 20 de xaneiro ás 23:30h. Curral do Marques(Taragoña)
Sleeping Cat(Dylan, Beatles..)
Programación Organizada polo local

Domingo 22 de xaneiro ás 12:30h.Curral do Marques(Taragoña)
Chiquilicuatres
Programación Organizada polo local

Convocatoria de axudas

Fomento do emprego en empresas de economía social e cooperativismo
http://bit.ly/zuWdYU


Axudas para facilitar a compra do primeiro buque pesqueiro a menores de 40 anos
http://bit.ly/xYLebP


Axudas para proxectos de Prevención de drogodependencias e condutas adictivas
http://bit.ly/xrcr3B


Axudas para Proxectos de accións de saúde pública no campo do VIH/sida
http://bit.ly/zYKZlG

mércores, 18 de xaneiro de 2012

Probas para a obtención dos Celga 1, 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012.
Destinatarios: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de abril de 2012.
Datas de realización das probas:
Celga 4: 2 de xuño de 2012.
Celga 2: 3 de xuño de 2012.
Celga 3: 9 de xuño de 2012.
Celga 1: 10 de xuño de 2012
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es

Máis información en www.xunta.es/linguagalega e no DOG do 17 de xaneiro de 2012.

Persoal docente para a Universidade da Coruña





A Universidade da Coruña convoca concurso polo procedemento de urxencia para a contratación laboral do persoal docente.
Área: Expresión gráfica arquitectónica: topografía.
Requisitos: estar en posesión do título académico de Licenciado. Arquitecto, Enxeñeiro ou Diplomado Universitario, Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro Técnico, ou Graduado.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 23 de xaneiro de 2012.


Máis información na páxina web da Universidade: www.udc.es

Bolsas para cursos de inmersión en lengua inglesa da UIMP

O Ministerio de Educación convoca axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2012 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos:
2009-2010 y 2010-2011
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía
Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona e Pireneos no período comprendido entre o 5 de marzo e o 10 de decembro de 2012.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xaneiro de 2011.
Máis información no BOE do 24 de decembro de 2011 e en www.uimp.es

martes, 17 de xaneiro de 2012

FORMACION

CURSO INICIAL DE LÍNGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA- Plan de Formación de Voluntariado 2012
Informámosvos de que xa está aberto o plazo de inscrición do "CURSO INICIAL DE LÍNGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA" en modalidade presencial, incluído dentro do Plan de Formación de Voluntariado 2012.

O curso realizarase na cidade de Vigo.


DESTINATARIOS:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº DE HORAS: 40

Nº DE PLAZAS: 25

CONTIDOS:
A comunidade xorda
Expresión corporal e facial
Os signos básicos na LSE
Saúdos e presentacións
Aspectos gramaticais básicos

MODALIDADE: presencial

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Asociación de Persoas Xordas de Vigo
Rúa Romil nº 24 baixo - Vigo

DATA DE REALIZACIÓN: luns e mércores do 06 de febreiro ao 16 de abril

HORARIO: luns e mércores de 16:30 a 18:30h


Se estades interesados en inscribirvos tedes de prazo ata o 01 de febreiro.


CURSO DE RETOQUE DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro Social de Boiro. Aula Cemit.

DATA DE REALIZACIÓN: do 7 ao 10 de febreiro

HORARIO: de 11:30 a 13:30h



CURSO DE EDICIÓN DE VÍDEO

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro Social de Boiro. Aula Cemit.

DATA DE REALIZACIÓN: do 14 ao 16 de febreiro

HORARIO: de 11:30 a 13:30h



luns, 16 de xaneiro de 2012

Prácticas de traducción na UE

A Comisión organiza dúas veces ao ano períodos de formación que dura entre tres e cinco meses para mozos titulados universitarios que desexen adquirir experiencia interna de tradución profesional. Esto non exclúe a aqueles que no marco da aprendizaxe permanente, obtivesen recentemente un título universitario e no comezo dunha nova carreira profesional.

Os seleccionados son asignados a unha unidade de tradución que inclúe tradutores da mesma lingua materna. Os alumnos fan o mesmo traballo que os seus colegas de persoal, que é traducir na súa lingua materna ou principal de polo menos dúas linguas comunitarias. O seu traballo é revisado polo persoal directivo con experiencia. Algúns dos participantes son asignados á biblioteca para a linguaxe ou na unidade da terminoloxía ou a unidade de apoio a outros no servizo de tradución.
Os alumnos son seleccionados, en principio, de entre os nacionais dos Estados membros das Comunidades Europeas e dos países candidatos beneficiarios dunha estratexia de preadhesión. Non obstante, un número limitado de nacionais de terceiros países poderán ser aceptados.
Requisitos:
Alumnos que completaron o primeiro ciclo de estudos superiores (universitarios) e obtiveron un grao ou o seu equivalente, pola data de peche para as solicitudes.
Non ter feito un período de prácticas noutra institución da Unión Europea ou do corpo;
Ser capaz de traducir á súa lingua materna a partir de dous dos idiomas oficiais da Comunidade;
Ter un moi bo coñecemento de inglés, francés ou alemán;
Ter un moi bo coñecemento dunha segunda lingua comunitaria
Se o alumno é un nacional dun Estado membro da UE: ter un moi bo coñecemento dunha lingua comunitaria
Se o alumno é un nacional dun terceiro país: ter un moi bo coñecemento dunha terceira lingua.

Os participantes reciben unha bolsa de 963 €. Os alumnos con minusvalidez poden recibir un complemento. Os períodos de prácticas polo xeral son do 1 de marzo e 1 de outubro, pero pode comezar noutras datas á discreción do servizo de tradución.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2012..

Máis información en:

http://ec.europa.eu/stages/information/application_en.htm
http://ec.europa.eu/stages/

Actuacións para grupos de música e mais

A Deputación da Coruña convoca a programación da rede cultural do ano 2012.
Poderán participar nos programas as agrupacións das seguintes categorías, que teñan residencia na provincia:

CATEGORÍA NON PROFESIONAL:
a) Música:
Bandas de música, Bandas de gaitas. Masas corais, Música clásica, Rondas ou orquestras, Cantareiras, Folk, Rock, Pop/Lixeira, Electrónica, Jazz, Blues, Soul, Tunas, Charangas, Solistas, Outros.
b) Danza:
Danza tradicional galega, Danza contemporánea, Danza clásica, Outros tipos de danza
c) Teatro:
Teatro, Títeres, Maxia e ilusionismo, Contacontos, Outros
d) Outras actividades

CATEGORÍA PROFESIONAL:
a) Intérpretes de música:
Música clásica, Jazz, Folk, Rock, Blues, Tecno
b) Compañías de danza:
Danza clásica, Danza contemporánea, Danza folclórica galega, Outros tipos de danza
c) Compañías de teatro e de títeres:
Teatro, Títeres, Maxia, Monólogos - Contacontos
d) Outras actividades.

Para recibir actuacións:
CONCELLOS: Poderán solicitar actuacións tódolos concellos da provincia que queran acollerse a esta convocatoria.
ENTIDADES: Poderán solicitar actuacións dos grupos incluídos no XXIX Programa de música e teatro para grupos non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xurídicamente constituídas e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
Os grupos e intérpretes que desexen participar nesta convocatoria, deberán presentar a súa solicitude antes do 31 de xaneiro de 2012.

Máis información no BOP da Coruña do 16 de xaneiro de 2012 e en www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural

Programa para a xuventude ROTEIROS

O programa Roteiros, que desenvolve cada ano a Consellería de Traballo e Benestar, ofertará entre o 3 de febreiro e o 25 de marzo un total de 336 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.

A iniciativa terá lugar na provincia da Coruña, no albergue de Gandarío e no aeródromo da Fervenza no concello de Mazaricos (A Coruña).

Os interesados en participar nestes programas poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres, a partires do próximo martes, 17 de xaneiro.

O prezo para tomar parte das actividades, que estarán dirixidas por monitores, é de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 euros para os que non dispoñan del. A contía inclúe o aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo, así como o desenvolvemento das propias actividades e o desprazamento ata o lugar onde se realizan.

Novas bolsas

Becas CRUE CEPPYME para prácticas en empresas 2012, dirixidas a complementar a formación, favorecendo o contacto co ámbito profesional, dos estudiantes universitarios/as. Trátase de prácticas remuneradas.

Eurobecas de Caja Madrid 2012 Para estudiantes e titulados/as de Formación Profesional, en dúas modalidades: Programa Prácticas Laborais en Reino Unido ou Irlanda e Eurobecas Erasmus complementarias Caja Madrid , para completar a beca Erasmus concedida pola Unión Europea e o Ministerio de Educación.

mais información no boletín 173 que atoparás en http://www.guiainjuve.injuve.es/

venres, 13 de xaneiro de 2012

Novas Bolsas de emprego

• 3 BOLSAS PARA DOCUMENTALISTAS
• 16 AXUDAS PARA BOLSAS E CONTRATOS DO PROGRAMA SALVADOR MADARIAGA

mais información en :
http://arousanortemprego.wordpress.com/bolsas/

xoves, 12 de xaneiro de 2012

Novas oportunidades de emprego

• Bolseiro para Nortempo. A Coruña. 12/01/2012
• Licenciados en Dietética ou en Ciencia e Tecnoloxía Alimentaria. Santiago.12/01/2012
• 5 formadores. Formastur. A Coruña. 12/01/2012.
• 5 Chapistas. Adecco. Santiago. 12/01/2012
• 2 Camareiros. Nortempo ETT. Santiago. 12/01/2012
• 2 Recepcionistas de hotel. Nortempo ETT. Santiago. 12/01/2012
• 5 Pintores de carrocería. Adecco. A Coruña. 12/01/2012
• 2 Comerciais de telecomunicacións. Nortempo ETT. A Coruña. 12/01/2012
• Técnico de campo. Eurocontrol. A Coruña. 12/01/2012
• Comercial sector automoción. Santiago. 12/01/2012
• Encargado de montaxes audiovisuais. Adecco. A Coruña. 12/01/2012
• 2 Formadores en Cooperativismo. Nortempo ETT. A Coruña. 12/01/2012
• Operario fabricación de productos alimentarios. Adecco. As Pontes. 12/01/2012
• Electromecánico para industria. Adecco. Betanzos. 12/01/2012
• Frigoristas. Adecco. A Coruña – Alemania. 12/01/2012
• Director de operación. Arach Selección. A Coruña. 12/01/2012
• Director de tenda electrónica e informática. A Coruña. 12/01/2012
• Farmacéutico. Nortempo ETT. Santiago.12/01/2012
• Enxeñeiro de taller de procesos. Grupo Norte ETT. A Coruña. 12/01/2012
• Comercial para ferrramentas de xardín. Galicia. 12/01/2012
• Axente de aduanas. Empresa transitaria. Santiago. 12/01/2012
• Dependente tenda solidaria. Obra social de grupo hospitalario. A Coruña. 12/01/2012

mais información http://arousanortemprego.wordpress.com/ofertas-de-emprego-2/ofertas-de-emprego-privado/

2º concurso de bandas do Festival Arteficial

Convocado  o 2º concurso de bandas do Festival Arteficial, para posibilitar a  grupos musicais
non profesionais representar as súas propostas durante a vinceira edición do festival
(18 de Agosto de 2012 en Ribadavia). A participación neste concurso está aberta a
tódolos músicos de Galicia, tanto de forma individual coma colectiva, e de calqueira estilo
musical.
O traballo a presentar será unha maqueta en formato Cd cun mínimo de 3 temas
e un máximo de 6 e o prazo irá do 19 de Decembro ata o 31 de Marzo, como data límite.
Os seleccionados participarán nunha final da que sairán dous gañadores, un mediante
o voto popular do público asistente á final e outro por criterio dos membros da
Asociación Arteficial.
Ambos serán os gañadores, que recibirán unha compensación de 250€ e participarán
na sexta edición do Festival Arteficial.

Mais información en
www.festivalarteficial.org

mércores, 11 de xaneiro de 2012

Encontros xuvenís programa Iniciativa Xoven

O fin dos encontros é achegarlle á mocidade a información precisa para fomentar
e promover actividades de aprendizaxe non formal que lle permitan desenvolver as súas
capacidades, aproveitar o seu potencial e oportunidades como a participación cívica e
política, o asociacionismo, o voluntariado, a creatividade e o espírito emprendedor.

Os destinatarios son os mozos e mozas menores de 30 anos,
concelleiros de xuventude ou con competencias na materia,
técnicos de xuventude e/ou cultura, membros de asociacións xuvenís ou
colectivos de mozos e mozas que poidan conformarse nun grupo informal.

Trataríase de unha sola xornada este venres 13 de xaneiro as 20h na
Casa da Xuventude de Noia
, a duración é aproximadamente unha hora.

Bolsas e ofertas de traballo privadas

12 BOLSAS DE FORMACIÓN DE EXPERTOS/AS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO.

mais información no enlace http://arousanortemprego.wordpress.com/bolsas/

OFERTAS EMPREGO PRIVADO
  • Dependente. Tenda Natura. A Coruña.10/01/2012
  • Dependenta. Via Láctea S. L . A Coruña.10/01/2012
  • Responsable de tenda. Firma de cosmética Hays. A Coruña 10/01/2012
  • Investigador ( médico e ciruxano). Instituto de Salud Carlos III. Proxecto na rexión de Anmahara ( Etiopía). 10/01/2011
  • Director-técnico de unidade de negocio. Santiago de Chile. 10/01/2012
  • Pintor de vehículos. Ferrol. 09/01/2011
  • Montadores de estrutura de madeira e mobiliario. Ferrol. 09/01/2012
  • Chapista de vehículos. Ferrol. 09/01/2011
  • Camarera. Vigo. 09/01/2011
  • Empregada do fogar interina (con portugués). Vigo. 09/01/2012
  • Técnico de instalacións electrotécnicas.Unique. Brión. 06/01/2012
  • Técnico de soldadura. Automotive. Vigo. 05/01/2012
  • 6 Titulados en Dereito con idiomas. Pontevedra. 30/12/2011
  • 20 Tradutores e intérpretes varios idiomas (excepto inglés ,francés e portugués).30/12/2011
  • Comerciais. Ocaso Seguros. Oficinas de Ribeira, Noia e Arzúa. 04/01/2012
  • Limpeza. Laboris ETT. Riveira. 04/01/2012
mais información no enlace http://arousanortemprego.wordpress.com/ofertas-de-emprego-2/ofertas-de-emprego-privado/

Prazas libres para becas Leonardo

Todavía quedan 15 vacantes para a Beca Leonardo da Vinci para os destinos de Italia, Malta e Portugal.
O prazo de entrega de solicitudes é ata o 18 de xaneiro do 2012.

Para calquera dúbida ou para maior información, podedes consultar a web www.corunahostelera.com ou poñervos en contacto ca asociación Integra.

Integra
C/ Adelaida Muro, Nº 1B - Bajo A
15002 A Coruña (España)
Tlfno: (+34) 981 260365 - (+34) 981 005194
Fax. (+34) 981 016277
www.integra.org.es
info@integra.org.es

xoves, 5 de xaneiro de 2012

webs de emprego

GALICIA

http://xuventude.xunta.es/emprego.html : páxina de emprego da Dirección Xeral de Xuventude.

www.coruna.es/empleo : Ofertas e demandas de emprego, principalmente no Concello da Coruña.

www.agrela.com/ : sobre as empresas do polígono da Grela da Coruña.

www.poligonosabon.org/ : sobre as empresas do Polígono de Sabón da Coruña.

traballo.xunta.es : Servizo público de emprego da Xunta de Galicia.

www.cimo.org/principal.php : base de datos de emprego de Galicia.

www.galiciaempleo.net/

www.noticiasgalicia.com/empleo/

www.concellodogrove.es/index.php?ap=2&lng=ga&cont=131&PHPSESSID=df1f267c967cf196c49c21c32cc762b8 : información de ofertas de emprego dende a Axencia de Emprego do Concello do Grove

hoxe.vigo.org/movemonos/empregolocal.php?lang=gal información de ofertas de emprego dende a Axencia de Emprego do Concello do Grove

programas de mobilidade para cursar estudos en universidades de países de fala inglesa para o curso 2011-2012

Preséntanse os programas de mobilidade para cursar estudos en universidades de países de fala inglesa para o curso 2011-2012, no marco de Convenios Bilaterais, do Programa ISEP e do Programa TASSEP. Todos eles precisan acreditación de idioma TOEFL. Pódese pedir asesoramento dos Responsables Académicos de Mobilidade (RAM) que ten cada centro, e das coordinadoras de ISEP Susana Jiménez ( susanamaria.jimenez@usc.es) e de TASSEP Pilar Bermejo Barrera ( pilar.bermejo@usc.es). -Universidades iberoamericanas con convenio bilateral

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xaneiro de 2011

Información

Podedes ver a información sobre os destinos (EE.UU, Canadá……..) na páxina web da Universidade de Santiago http://www.usc.es/gl/modules/news/news_0025.html

Becas de formación para Florencia

O Ministerio de Educación convoca 16 bolsas e contratos do Programa Salvador de Madariaga no Instituto Universitario Europeo de Florencia (IUE).

As áreas científicas que poderán ser obxecto dos proxectos a realizar no IUE son:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). A Historia das ideas e a Historia da ciencia. Estado, Economía e Réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e Historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: Perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.

A duración máxima das axudas será de corenta e oito meses. As axudas estrutúranse en dous períodos diferenciados, o primeiro en réxime de bolsa e o segundo de contrato en prácticas.
As axudas comprenderán:
Unha dotación económica mensual de 1.400 € durante a fase de bolsa dos dous primeiros anos e de 1.500 € durante a fase de contrato durante o terceiro e cuarto ano.
Unha axuda de viaxe de incorporación para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 € cada unha.

Os beneficiarios das axudas serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social e terán a cobertura da asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.

Requisitos: título de licenciado ou equivalente, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutorado nos devanditos campos.
Ter finalizado os estudos despois do 1 de xaneiro de 2003 e ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Ter dominio de dúas linguas oficiais da Unión Europea, con preferencia do inglés e/ou francés.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 10 ao 31 de xaneiro de 2012.

Máis información no BOE do 3 de xaneiro de 2012 e en www.educacion.es

mércores, 4 de xaneiro de 2012

Formación en habilidades sociais para profesionais

Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo do lecer.

Datas: venres 3 e 4 de febreiro. Padrón(A coruña)
Prezo: 40 euros
Prazas limitadas

Para mais información e inscricións:
www.chisem.es

martes, 3 de xaneiro de 2012

Formacion no Centro Social de Boiro

Cursos de música por ordenador
Contidos:
Efectos de gravación de instrumentos e voces
Edicion e automoción
Samplear e secuenciar
Hardware e Software

Lugar:
Centro Social de Boiro

Datas:
Febreiro

Inscricións e información:
cheagp@hotmail.com
omix@boiro.org
981842635

Cursos de Fotografía: Foto-noite
Taller teórico-práctico de fotografía nocturna pensado para resolver situacións de pouca luz, adaptándose a calquer tipo de cámara, tanto analóxica e dixital.

Lugar:
Centro Social de Boiro

Horario:
Luns de 20 a 21.30h

Datas:
16-23-30 xaneiro e 6-13-20 febreiro

Inscricións e información:
m.casanova@telefonica.net
omix@boiro.org
981842635

Oferta Formativa Cruz Vermella Boiro

A Partir de hoxe podedes consultar os cursos programados para o 2012 pola Cruz Vermella de Boir.

Para máis información: Centro Social de Boiro (3º andar), Cruz Vermella de Boiro,
Telf. 981844804
e-correo: gaboiro@cruzroja.es

podedes consultar as ultimas novas de emprego

en arousanortemprego.wordpress.com


luns, 2 de xaneiro de 2012

III Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil

O próximo 4 de febreiro celebrarase o III Encontro Galego de Mobilidade xuvenil, a partir do 9 de xaneiro ábrese o prazo para inscribirse no Encontro , organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que se celebrará o vindeiro 4 de febreiro de 2012 na cidade da Coruña.

Este encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mobilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades prestadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.

Todos/as os/as interesados/as en participar en programas de voluntariado europeo, intercambios ou iniciativas europeas é a vosa oportunidade para coñecer mais acerca de estos programas.

Inscricións en http://xuventude.xunta.es/201112275883/iii-encontro-galego-de-mobilidade-xuvenil.html

Axudas ao transporte para estudantes 2012

O prazo para solicitar as axudas ao transporte e entregar a documentación no Concello de Boiro, remata o día 14 de xaneiro.

Nos taboleiros de anuncios do Concello de Boiro e o Centro Social e na páxina web do concello(www.boiro.org) podedes consultar as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.

Os documentos deberán ser entregados en rexistro no concello acompañados da folla de solicitude que poderá recollerse en conserxería no Concello de Boiro ou na Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro, 1º andar).