xoves, 28 de outubro de 2010

Curso de Iniciación a rede de Internet

Curso para desempregados de iniciación a rede de Internet.
Lugar a impartir: Ribeira
Lugar de Inscripcións: Inem Boiro

Xornada de Emancipación e Información Xuvenil

XORNADA DE EMANCIPACIÓN E INFORMACIÓN

XUVENIL

ORGANIZA: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública de acordo co convenio de colaboración asinado o 9 de agosto de 2010.

DATA: 22 de novembro de 2010.

LUGAR: Centro Coordinador de información e Documentación Xuvenil.

DESTINATARIOS: Informadores xuvenis, asociacións xuvenis , universitarios e estudantes principalmente de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social e maxisterio.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o dia 11 de novembro de 2010

Certificado de Asistencia.

PROGRAMA

10:00 h.- Inauguración.

Ovidio Rodeiro Tato. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado

10:30 h.-Mesa Redonda. “Emancipación Xuveni: A transición da etapa educativa ao mundo laboral” .

Benjamín Tejerina Montaña. Catedrático de Socioloxía U.P.V.

Elsa Santamaría López. Profesora Especialista en Estudios de emancipación xuvenil. UPV.

12:00 h. Descanso.

12:30 h. Mesa Redonda. Recursos nas Administración Públicas que favorecen a emancipación xuvenil.

Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Instituto Galego de Vivenda e Solo.

14.00 h. Clausura e entrega de certificados de asistencia.


Para inscribirse nas xornadas debes acceder á páxina www.xuventude.net

Becas Quercus. Aviso Importante

A data de 28 de Outubro do 2010 xa se adxudicaron todas as axudas dispoñibles para
esta edición de BECAS QUERCUS.

Bolsas Fundación Galicia Europa para licenciad@s

A Fundación Galicia Europa anuncia a Convocatoria de Bolsas para o 2011.

1. Bolsas de formación en asuntos europeos para licenciad@ s universitari@ s nas oficinas da Fundación Galicia Europa.

  • Destinatari@ s: Persoas con título universitario superior obtido con posterioridade ao 31 de decembro de 2005.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de novembro de 2010.

2. Bolsas de especialización sobre a Unión Europea en centros universitarios belgas.

  • Destinatari@ s: Persoas con estudos universitarios completos de segundo ciclo, obtendo o título con posterioridade ao 31 de decembro de 2005. Porén, poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que, atopándose no último ano de carreira, poidan acreditar, con anterioridade á aceptación desta, estar en posesión do título que lles capacite para iso.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2011.

3. Axudas económicas para prácticas non remuneradas en institucións da Unión Europea.

  • Destinatari@ s: Titulad@ s universitari@ s.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2011.

4. Estadías curtas para o persoal das entidades membro e asociadas do Padroado da Fundación Galicia Europa.

  • Destinatari@ s: Persoal dalgunha das entidades membros e asociados do Padroado da Fundación Galicia Europa.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2011
mais información en www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Bolsas Fundación Santiago Rey Fernández Latorre

Convocadas as Bolsas 2010-2011 da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre para os Másteres en Edición Xornalística e en Produción e Xestión Audiovisual, títulos propios da Universidade da Coruña, desenvolvidos a través da Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia.

Para máis información
Escola de Medios da Voz de Galicia (Avda. da Prensa, 84-85 Polígono industrial de Sabón – 15142 Arteixo (A Coruña) ou no Tlf. 981 18 03 04.

mércores, 27 de outubro de 2010

OBRADOIRO DE EMPREGO DE RIVEIRA

O Concello de Riveira contará cun novo Obradoiro de Emprego.

  • Este programa de emprego – formación está destinado á formación teórico-práctica de persoas maiores de 25 anos con dificultades de inserción laboral.
  • As persoas interesadas en anotarse como alumn@ s-traballador@ s poden facelo na Oficina de Emprego de Boiro, especificando, para Servizos – código 340.
Podes atopar máis información neste enlace:
http://barbanzanoiaonline.wordpress.com/2010/10/26/obradoiro-de-emprego-airoas-en-riveira/

BECAS QUERCUS

Se eres titulado universitario por unha universidade española, podes acollerte a unha beca de movilidade Quercus. Con estas becas, os beneficiarios poderán realizar prácticas de seis meses en países da Unión Europea (Alemania, Austria, Bélgica, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido y República Checa). Quercus IV ofrece 100 becas para estancias de 6 meses que se realizarán ata maio de 2011. O beneficio económico da beca inclé unha dotación económica para cubrir os gastos de manuntención e viaxe, un seguro asistencial e preparación lingüística e cultural. A cuantía de cada beca dependerá da duración das prácticas e do coste de vida no país de acollida. As cantidades máximas oscilarán entre 4.515,85 € y 6.182,20 €.

Amplia información en www.becasquercus.net/

Seminario de Cultura Pesqueira e a programación Cultural

Os días 28,29 e 30 de Outubro celebrarase en Muros un curso de formación para programadores culturais " A CULTURA PESQUEIRA E A PROGRAMACIÓN CULTURAL" na Sala NAMO, Agra de Baño s/n. Muros.

Inscripcións: en gac4@accioncosteira.es.

Para máis información. tlf 981822754

CURSO DE OBRADOIRO DE HORTOS URBANOS E CATALOGACIÓN DE ESPECIES ARBOREAS

En Novembro organizaremos 2 cursos Gratuítos no centro Social.

OBRADOIRO DE HORTOS URBANOS
Contiodos: Funcionamento xeral dun horto, especies autoctonas, reproduccion de esquexes e sementes, poda e coidados xerais e pragas(metodos naturais)

Horario: 2-3-4-5-12 novembro de 17 a 20. e 13 e 20 novembro de 10 a 14


CATALOGACIÓN DE ESPECIES ARBOREAS
Contidos: Estudio de especies singulares e catalogación

Horario:
28 de outubro as 20.00
13 de Novembro as 9.30

Para inscribirse no telefono do Centro Social(981842635) ou no Departamento de Medio Ambiente

martes, 26 de outubro de 2010

Bolsas de Formación no Parlamento de Galicia

BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA (22/10/2010)

A Mesa do Parlamento de Galicia, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas coa actividade da Institución:

  • 5 bolsas formativas co obxecto de realizar estudos e traballos de carácter arquivístico, bibliotecario e documental.
  • 1 bolsa para a realización de estudos e traballos sobre comunicación institucional.
  • 1 bolsa para a formación práctica de persoal informático.
  • 1 bolsa para a formación práctica de persoal técnico de publicacións.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de novembro de 2010.

Mais información no boletín oficial do parlamento de galicia, Número 334 do 15 de outubro de 2010.

OMIXBoiro: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior

OMIXBoiro: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior: "Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior.

domingo, 17 de outubro de 2010

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior.

A matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes é gratuíta. Descarga aquí o Formulario de inscrición no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nürnberg do 5 ao 7 de novembro de 2010.

  • Orde convocatoria: Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010. (DOG 15 de xaneiro de 2010).
  • Denominación: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior
  • FINANCIAMENTO: o Centro Galego de Nürnberg asume os gastos de desprazamento, aloxamento e manuteción dos participantes procedentes de toda Europa.
  • Lugar de celebración: Nürnberg.
  • Datas de celebración: 5, 6 e 7 de novembro de 2010
  • Data límite de inscrición: 21 de outubro de 2010
mais info...http://galiciaaberta.com/

OMIXBoiro: Bolsas formativas para a xuventude

OMIXBoiro: Bolsas formativas para a xuventude: "<..."

xoves, 14 de outubro de 2010

Bolsas formativas para a xuventude

BOLSAS AIRBUS (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.funep.es

Entidade convocante: Fundación Sepi – Airbus

Localidade: España

Descrición: Convocatoria de bolsas correspondentes ao programa Airbus Operations do ano 2010 para titulados universitarios

Inscrición e prazo: Ata o 15 decembro

BOLSAS ROBERT SCHUMANN (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remuneradas reservados a titulados de universidades ou centros de nivel equivalente. Existen 2 tipos: opción xeral e opción xornalismo. A duración das prácticas remuneradas é de cinco meses

Inscrición e prazo: Ata o 15 outubro

BOLSAS PARA TRADUCTORES (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remunerados para tradutores reservadas a titulados universitarios ou de centros asimilados. A duración das prácticas é de tres meses, prorrogables excepcionalmente por un máximo de tres meses

Inscrición e prazo: Distintas datas de inscrición en función do período de inicio de prácticas que se solicite

BOLSAS DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL (09-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 245 (páx. 85781)

Entidade convocante: Cortes Xerais

Localidade: Madrid

Descrición: O Congreso dos Deputados convoca 4 bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria que encomende o Departamento de Prensa da Cámara

Inscrición e prazo: 10 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación no BOE

BOLSAS INSTITUTO CERVANTES (08-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 244 (páx. 85255)

Entidade convocante: Instituto Cervantes

Localidade: España

Descrición: Bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de 13 bolsas individuais de formación e especialización, así como para constituir unha lista de reserva a fin de garantizar a provisión das bolsas ofertadas en caso de vacantes. Duración: 12 meses naturais. Relación de bolsas por áreas: 1 para patrocinio e xestión comercial, 1 para cultura, 1 para administración, 2 para planificación e control de xestión, 1 para RRHH, 1 para gabinete de dirección, 6 para o Centro Virtual Cervantes e sistemas de información

Inscrición e prazo: 10 días naturais, a prtires do día seguinte ao da publicación no BOE

OMIXBoiro: I Feira do Emprego

OMIXBoiro: I Feira do Emprego: "A vindeira fin de semana celebrarase en Santiago de Compostela a I feira do emprego, esta feira incluirá diversas actividades prácticas de b..."

luns, 4 de outubro de 2010

I Feira do Emprego

A vindeira fin de semana celebrarase en Santiago de Compostela a I feira do emprego, esta feira incluirá diversas actividades prácticas de búsqueda de emprego e conferencias de diversos ponentes relacionados ca búsqueda activa de emprego e o autoemprego.

Para máis información podedes consultar a web da feira de emprego: http://feiradoempregosantiago.org

Cando?

Os días 7 e 8 de outubro de 2010.

En qué horario?

O xoves 7 de 9.00 a 20.00 horas e o venres 8 de 9.00 a 15.00 horas.

Onde?

Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (CERSIA)

OMIXBoiro: traballar fóra de España

OMIXBoiro: traballar fóra de España: "Traballo fóra de España, 2 Ofertas EURES que poden resultar de interese: 1. Profes@ r de linguas estranxeiras (español, francés ou alemá..."