xoves, 14 de outubro de 2010

Bolsas formativas para a xuventude

BOLSAS AIRBUS (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.funep.es

Entidade convocante: Fundación Sepi – Airbus

Localidade: España

Descrición: Convocatoria de bolsas correspondentes ao programa Airbus Operations do ano 2010 para titulados universitarios

Inscrición e prazo: Ata o 15 decembro

BOLSAS ROBERT SCHUMANN (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remuneradas reservados a titulados de universidades ou centros de nivel equivalente. Existen 2 tipos: opción xeral e opción xornalismo. A duración das prácticas remuneradas é de cinco meses

Inscrición e prazo: Ata o 15 outubro

BOLSAS PARA TRADUCTORES (07-10-10)

Bolsa publicada en: www.europarl.europa. eu/parliament

Entidade convocante: Parlamento Europeo

Localidade: Europa

Descrición: Períodos de prácticas remunerados para tradutores reservadas a titulados universitarios ou de centros asimilados. A duración das prácticas é de tres meses, prorrogables excepcionalmente por un máximo de tres meses

Inscrición e prazo: Distintas datas de inscrición en función do período de inicio de prácticas que se solicite

BOLSAS DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL (09-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 245 (páx. 85781)

Entidade convocante: Cortes Xerais

Localidade: Madrid

Descrición: O Congreso dos Deputados convoca 4 bolsas individuais para realizar traballos ou estudos sobre comunicación institucional relacionados coa actividade parlamentaria que encomende o Departamento de Prensa da Cámara

Inscrición e prazo: 10 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación no BOE

BOLSAS INSTITUTO CERVANTES (08-10-10)

Bolsa publicada en: BOE nº 244 (páx. 85255)

Entidade convocante: Instituto Cervantes

Localidade: España

Descrición: Bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de 13 bolsas individuais de formación e especialización, así como para constituir unha lista de reserva a fin de garantizar a provisión das bolsas ofertadas en caso de vacantes. Duración: 12 meses naturais. Relación de bolsas por áreas: 1 para patrocinio e xestión comercial, 1 para cultura, 1 para administración, 2 para planificación e control de xestión, 1 para RRHH, 1 para gabinete de dirección, 6 para o Centro Virtual Cervantes e sistemas de información

Inscrición e prazo: 10 días naturais, a prtires do día seguinte ao da publicación no BOE

Ningún comentario:

Publicar un comentario