mércores, 16 de agosto de 2017

Programa de mobilidade xuvenil Galeuropa

Se estás pensando en participar no programa galeuropa a entidade FOGART todavía ten prazas para mozos/as de entre 18 e 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.

O prazo de inscricións remata o 21 de Agosto ás 12.00 am. Para inscricións e información neste enlace 

luns, 14 de agosto de 2017

Técnic@ de animación sociocultural para Concello de Boiro

  • Técnic@ de animación sociocultural a media xornada
  • O Concello de Boiro convoca proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a superior de animación sociocultural a media xornada. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dende o luns 14/08/2017 ata o 22/08/2017 ás 13:30 horas. Tanto as bases como a instancia de solicitude desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial e na páxina web www.boiro.org
  • Bases e instancias na web www.boiro.org

martes, 8 de agosto de 2017

Prácticas formativas en Italia e Alemania

Neste enlace tes toda a información do programa LA IDA xestionado pola fundación Paideia que te permitirá poder facer prácticas formativas de 3 meses en Italia ou Alemania a partir de setembro.

luns, 7 de agosto de 2017

Persoal para a USC

21 CONTRATOS DE PERSOAL PARA COLABORAR EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN NA USC
Convocatoria: http://bit.ly/2v8veu8
Postos:
1 Doutorado en Bioloxía
2 Historia da Arte
1 Filoloxía galega/Lingua e literatura galegas
1 Filoloxía/Lingua galega
1 Veterinaria/Farmacia/Bioloxía
1 FPII/Ciclo superior Imaxe e Son/Téncico/a audivisual
1 Grao Fisica
1 Fisica/Enxeñería electrónica
2 Enxeñería Informática
2 Matemáticas
3 Graos Informática
2 Graos matemáticas
1 Enxeñería telecomunicacións
1 Doutor/a Enxeñería telecomunicacións
1 Grao Química/Bioloxía/Farmacia/Mediciña/Psicoloxía
1 Grao ADE/Economía
1 Xeografia/Historia da Arte/Historia/Psicoloxía/Economía
1 Doutor/a Física

O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 14 de agosto de 2017