mércores, 24 de xaneiro de 2018

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Bolsas autonómicas de continuación de estudos





Se es estudante universitario, a partires de mañá xa podes solicitar as bolsas autonómicas de continuación de estudos para ter matrícula de balde, no caso de que non acades os requisitos da convocatoria estatal. Máis Info neste enlace

martes, 16 de xaneiro de 2018

Teatro Social en Boiro




O vindeiro 20 de xaneiro en Boiro, no local leñaverde(Centro Social) ás 19.00h o grupo de teatro alecrín de Lousame interpretará a peza teatral "Feliz 1990"

Feliz 1990
É unha gala moi especial na que recordar aquel fin de ano de 1990 e vos ¿Que fixestes na noite de fin de ano de 1989? ¿ Non vos lembrades? Nos imos axudarche a refrescar a memoria a través dunha gala especial de fin de ano onde volveremos a dar as campanadas e a tomar unhas uvas....pero non unhas campanadas calqueira senon unhas moi especiais. Vente cas túas mellores galas que nos estamos esperándoche.

luns, 8 de xaneiro de 2018

Programación Xaneiro Centro Social de Boiro

Entre os nosos favoritos..retomamos LINGUAS VIVAS(con francés e italiano mércores e xoves pola mañá), novos grupos de BAILE LATINO e un taller de procura de emprego. Bótalle un ollo!

mércores, 3 de xaneiro de 2018

Formación mocidade

Accións formativas dirixidas a mulleres menores de 30 anos:
- Recepción en aloxamentos https://i.gal/UEUfe
- Confección de páxinas web https://i.gal/UVgNE
- Condución de autobús https://i.gal/ARBFk
- Marketing e comercio internacional https://i.gal/d3c5z