martes, 29 de marzo de 2016

Boletín semanal de Xuventude


Campamentos de lingua estranxeira

Ata o 28 de abril podedes solicitar as axudas para formación en lingua estranxeira

Máis info neste enlace ou en

  • Páxina web:
    www.edu.xunta.es/axudasle
  • Contacto:
    Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
    Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
    Edf. Administrativo de San Caetano s/n
    15781 Santiago de Compostela
    Atención telefónica: 981 957 296 - 981 546 544 - 881 997 497 - 981 597 538 - 981 546 503
    axudasle@edu.xunta.es Publicación: DOG 28-03-2016
  • Queres estar máis informado do que compramos ou o que comemos?

    Pois no Centro Social de Boiro ofertamos dous cursos gratuítos que che poden interesar.

    *Publicidade engañosa, cómo recoñecela? 4 abril de 10.30h a 12h.
    *Cómo ler as etiquetas dos alimentos? 2 maio de 10.30h a 12h.

    Inscricións e info en axentetic@boiro.org

    mércores, 23 de marzo de 2016

    Axudas para estudiantes

    Neste enlace http://bit.ly/1S5pKmm atoparedes o boletín da Dirección Xeral de Xuventude onde está a información(páxinas 8-9-10) de axudas de investigación e estudios. 

    Formación interesante na UNED

    Curso Arte e Internet. A rede como campo de investigación para as novas prácticas artísticas. (Uned) Ferramentas de aprendizaxe de aproximación á actualidade do net art. Comezará o 4 de abril cunhas 25 horas. Máis información: https://iedra.uned.es/courses/UNED.

    Cursos Espazos Intermedios: Maneiras de facer cultura na Posmodernidade. (Uned) 
    O obxetivo do curso é adquirir as habilidades para entender os cambios na cultura posmoderna cunha análise de prácticas culturais. O curso comezará o 7 de abril cunhas 25 horas. É totalmente gratuíto. Máis información: https://iedra.uned.es/courses/UNED

    Formación Aula Cemit


    martes, 22 de marzo de 2016

    Formación Concello de Rianxo


    Prazas temporais de auxiliares de policia local Concello de Boiro

    O Concello de Boiro convoca proceso de seleción para a confección dunha lista para a cobertura temporal de prazas de auxiliares de policía local. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dende as 09:00 h. do 17/03/2016 ata as 13:30 h. do 30/03/2015.

    As bases están colgadas na web do Concello de Boiro(www.boiro.org)

    mércores, 16 de marzo de 2016

    Campamentos Xunta de Galicia







    A previsión de publicación das bases e solicitudes para os campamentos: probablemente se convoquen a última semana de marzo ou a primeira de abril. 

    Seguiremos informando.

    mércores, 9 de marzo de 2016

    Xornada informativa sobre os programas de mobilidade xuvenil

    Se estades pensando en participar en prácticas en Europa ou algún proxecto de mobilidade europea este encontro vos será moi útil(participan un montón de entidades que vos axudarán a conseguilo).

    O encontro celébrase martes 14 de marzo de 10h a 14h na Facultade de Económicas da USC(Campus Norte).

    Neste enlace podes ver toda a información http://bit.ly/1R6qR4E

    xoves, 3 de marzo de 2016

    Subvención para Iniciativas xuvenís

    Ábrese hoxe o prazo para solicitar as subvencións de Iniciativas xuvenís. As áreas para solicitalas son:

    a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
    b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
    c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
    d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
    e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
    f) Proxectos que contribúan á conservación do ambiente e á posta en valor do patrimonio natural.

    Os Beneficiarios:

    a) Os grupos informais de mozos e mozas

    b) As asociacións xuvenís e as entidades que presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.


    martes, 1 de marzo de 2016

    Programas de prácticas en Europa e mobilidade xuvenil

    Se estás pensando en iniciar un proxecto en Europa, ben de prácticas en empresas ou de voluntariado pero non tes claro por onde comezar ou que entidades te poden axudar e enviar, pásate polo Centro Social(1º andar) que te informamos de todo o que tes que facer e que opcións podes ter.

    Ou xa coñeces os programas de voluntariado europeo e as prácticas de formación LA IDA en Alemania?

    Curso de monitor de tempo libre



    Para os que vos quédachedes sen a oportunidade de participar no curso de mtl que se organizou en Boiro..estades a tempo

    Curso de Monitor en Actividades de Tempo Libre en Riveira.
    Inicio o 19 de marzo de 2016.
    Máis información e inscricións: www.escoladasillas.com
    620 438 575 - 630 065 890