A Xuventude no Mundo é un programa de mobilidade que puxo en marcha en 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para procurar que os mozos e mozas de Galicia obteñan experiencias de educación non formal no estranxeiro, amplíen o seu coñecemento idiomático e o seu nivel de independencia e responsabilidade. No ano pasado foron 200 os mozos e mozas galegos que participaron nestas viaxes, en 18 destinos diferentes durante as dúas edicións que se convocaron en 2010. Nesta terceira edición, que se prolongará ata o mes de setembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo:
As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net . Os períodos de inscricións varían segundo o intercambio e deberanse seguir os prazos que se indican neste portal de xuventude. |