Está aberto o prazo de inscrición para un período de prácticas remunerados para tradutores no Parlamento da Unión Europea. A data de inscrición finaliza o 15 de febreiro de 2011 e o periodo de prácticas comenzaría en xullo
Os períodos de prácticas remunerados para tradutores estarán reservados a titulados universitarios ou de centros asimilados, co fin de que poidan completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.
Requisitos
Todo candidato a un período de prácticas remunerado para tradutores deberá:
- ser nacional dun Estado membro da UE ou dun país candidato (Croacia, a Ex República Iugoslava de Macedonia ou Turquía);
- ter cumprido 18 anos na data de comezo das prácticas;
- non ter gozado de ningún outro período de prácticas remunerado, nin ter desempeñado un traballo remunerado durante máis de catro semanas consecutivas, nunha institución europea ou nun grupo político ou no gabinete dun deputado ao Parlamento Europeo;
- ter finalizado, antes da data límite de presentación das solicitudes, estudos universitarios dunha duración mínima de tres anos avalados por un título;
- ter un perfecto coñecemento dunha das linguas oficiais da Unión Europea ou da lingua oficial dun país candidato á adhesión e un coñecemento profundo doutras dúas linguas oficiais da Unión Europea.
A duración dos períodos de prácticas remunerados para tradutores é de tres meses. Os períodos de prácticas poderanse prorrogar excepcionalmente por un máximo de tres meses.
Data de inicio das prácticas | Período de inscrición |
1 de xaneiro | 15 de xuño - 15 de agosto |
1 de abril | 15 de setembro - 15 de novembro |
1 de xullo | 15 de decembro - 15 de febreiro |
1 de outubro | 15 de marzo - 15 de maio |
Aconsellase non esperar ao último día destes prazos para presentar a súa candidatura; teña en conta que o elevado número de candidaturas pode saturar o sistema.
Os períodos de prácticas para tradutores realízanse en Luxemburgo
Máis información e formulario de solicitude na web:
http://www.europarl.europa.eu/parliament/public/staticDisplay.do?id=147&pageRank=5&language=ES
Ningún comentario:
Publicar un comentario