xoves, 27 de xuño de 2013

Iniciativa interesante





Se necesitas algo ou mesmo te sobra e non te pilla lonxe Santiago, tes unha iniciativa interesante..


Programación cultural



Con este sol apetece sair da casa e facer cousas..pois aqui vos deixo algunhas..

Xoves 27 de xuño

20.30h Degustación-Cata de viños
Vinoteca Abuela Gloria(Ribeira)

23.00h Concerto de Feeling Band
Bar Brétema(Ribeira)


Venres 28 de xuño

21.30h Ciclo teatro amador
Auditorio de Rianxo

23.30h monólogo de Victor Fábregas
Benboa(Corrubedo-Ribeira)

Sábado 29 de xuño

19.00h Títeres "Titiritando"
Auditorio de Ribeira

00.00h Concerto Forraje+Golpe Radikal
Pousada das Ánimas(Boiro)

+ Romeria de San Pedro de Vilas(Rianxo)

Domingo 30 de xuño

9.30h Andaina arqueolóxica
Sáida da capela da guia(Carreira-Ribeira)

22.30h Festas do sacramento en Boiro
Orquesta Salsa Rosa
Praza de Galicia(Boiro)

horario da aula de informática do Centro Social verán 2013


Voluntariado ambiental

Aberto o prazo de inscrición para participar nun programa de voluntariado ambiental en sálvora e Cortegada

mércores, 26 de xuño de 2013

Bolsas para turismo

Bolsas de #formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra (prazo ata o 27 de xuño).
Info

Axuda Económica para atopar emprego no Extranxeiro

A Rede Eures, está ofrecendo unha axuda económica dirixida a xóvenes entre 18 e 30 anos de idade que queiran traballar no extranxeiro e teñan unha entrevista ou contrato de emprego. A axuda está destinada  a cubrir gastos de transporte dende España ata o país de destino. Máis info aquí

23 Bolsas de prácticas de Securitas Direct

23 Bolsas de prácticas de Securitas Direct
No marco do "Programa de Bolsas Verisure" de Securitas Direct convócanse 23 bolsas de formación para universitarias/os recén tituladas/os, que desempeñarán o seu traballo na áreas de Mercadotecnia, Soporte de Vendas, Alianzas Estratéxicas, I+D Produto, IT, Operacións, Loxística e Compras, Quality Assurance e Recursos Humanos.
Convoca: Securitas Direct.
Duración: 12 meses.
Destinatarias/os: Universitarias/os recén tituladas/os.
Máis información: http://www.securitasdirect.es/rrhh/becas.html / http://www.securitasdirect.es/rrhh/becas.html

venres, 21 de xuño de 2013

Axudas para comerciantes




Aberto o prazo de solictudes de subvención para a compra de ordenadores, páxinas web e tpv para comerciantes.
Mais información e tramitación gratuíta para os socios na ABE ( 981 84 78 88)

Xa están aquí as festas!



Talleres de Risoterapia

O vindeiro SáBADO 29 DE XUñO NO 4º ANDAR DO CENTRO SOCIAL DE BOIRO 
a Cruz Vermella de Boiro pon en marcha TALLERES DE RISOTERAPIA,
que se levarán a cabo UNHA vez ao mes en horario de 10 a 12h. 
O seu prezo será de 5€/taller.

Os interesados e interesadas teñen que dirixirse á Cruz Vermella 
de Boiro(3º andar centro Social)para facela preinscrición.


xoves, 20 de xuño de 2013

Curso de creación de carteis

Queres aprender a crear, modificar..un cartel e todo isto de maneira gratuíta? Pois no Centro Social ainda nos quedan plazas libres no curso que se impartirá na aula Cemit os mércores e venres dende o 12 ao 24 de xullo de 10h a 11h.
Para inscricións acudir ao centro social ou no tlf 981842635 ou neste mail

Proxección no Centro Social de Boiro





Cruz Vermella Xuventude en Boiro organiza un Videofórum "En movemento... non te pares" que se proxectará este sábado 22 de xuño ás 11:00h. no 4º andar do Centro Social de Boiro.

Taller para potenciar a autoerótica

 
 Xa podes anotarte ao taller para potenciar a autoerótica que a psicóloga e sexóloga Daniela Gómez, vai a impartir no Centro Social de Boiro, o sábado 29 de xuño.
Información en daniela.gomezpezo@gmail.com

Ofertas de traballo en cruceros

unha empresa que realiza  crucerospolos ríos de Europa e Asia, busca persoal para este verán. Requírese dominio de inglés. Se estás interesado/a visita este enlace

Axudas para a realización de prácticas en empresas

Para alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio españo ou alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Máis información no DOG do 21 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es/fct

Programa de Artistas Caux (CAP): becas para músicos

Tes ata o 20 de xuño para solicitar o Programa de Artistas Caux (CAP) que concede un curso de verán interdisciplinar en música, teatro musical e  humanidades. Máis información

mércores, 19 de xuño de 2013

Curso sobre o cultivo in vitro e tecidos vexetais

A Asociación DELOA, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, pon en marcha un curso de formación para desempregados sobre o cultivo in vitro e tecidos vexetais.
Está previsto que o seminario comece no mes de setembro. Previamente haberá un proceso de selección de alumnos inicialmente datado para o 12 de setembro. O total de prazas dispoñibles é de 15 e o número total de horas do curso é de 165.
As persoas interesadas en ter máis información poden solicitala no teléfono da sede de DELOA 981817000, ou no correo electrónico: deloa@deloa.es.

Programación para a fin de semana

Quen o diria pero xa ven o verán..


Xoves 20 de xuño

20.30h Degustación de viño
Vinoteca Abuela Gloria(ribeira)

Venres 21 de xuño

21.00h Festival da escola de música de Boiro
Casa da Cultura de Boiro

21.00h Sardiñada popular
Aturuxo(Boiro)

21.30h Teatro Afeccionado
Adaravia teatro. Auditorio de Rianxo

00.00h Concerto de Mr Cool
Benboa(Corrubedo)

Sábado 22 de xuño

12.00h Sábados de contos con Charo Pita
BiBlioteca de Ribeira

20h Títeres "Só lles falta falar"
Auditorio de Ribeira

21.00h Teatro "Exercicios para escorrentar pantasmas"
Casa da Cultura de Boiro

21.30h Teatro con Pinchacarneiro
Auditorio de Rianxo

00.00h Festa Ibicenca
Duplex(Boiro)

Domingo 23 de xuño. Día de San Xoán
seguro que xa tedes plan para esta noite e mesmo recolleita algunha leña pero se estades en dúbidas..

9.00h Andaina 
Centro Cultural de Taragoña

20.00h Festa, concerto, regalos e máis
Bar Miramar(Boiro)
 
23.00h Concerto de Capitan Tifus
Curral do Marqués(Taragoña)


SVE en Eslovenia: 1 mes

Búscanse dous voluntarios de entre 18 e 30 anos para 1 mes de Servicio Voluntario Europeo en Eslovenia: para axudar na organización do evento JEFF - JAZZ ETHNO FUNKY FESTIVAL.

lugar: Koper (ESLOVENIA)
fechas: 28. 6. 2013  a 27. 7. 2013

As actividades dos voluntarios serán: gravaciòn de videos, talleres de tecnoloxias audiovisivas e multimedia. valoraranse posúir coñecementos nestas áreas e coñecemento de inglés.


Gastos: cubertos 100% aloxamento e manutenciòn, 90% viaxe (o participante paga o 10%) e cartos para o voluntario: 85 € / mes.

Máis detalles e o formulario de solicitude pódese descargar neste enlace , ademáis é necesario enviar  a este correo electrónico

martes, 18 de xuño de 2013

Bolsas para a formación práctica de documentalistas

A Xunta Electoral Central convoca tres bolsas individuais para a formación e colaboración na realización de traballos e estudos de carácter documental relacionados coa actividade electoral e coa documentación obrante na Xunta Electoral Central.
Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e a súa dotación será de 1.100 euros brutos mensuais nos exercicios 2013, 2014 e 2015.
Requisitos:Título de Grao en Información e Documentación ou de Licenciado en Documentación.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario esixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2008.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xullo de 2013.
Máis inforamción no BOE do 18 de xuño de 2013 e en http://www.juntaelectoralcentral.es

Bolsas de investigación en humanidades

A contía das bolsas será de 990 € brutos mensuais.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de outubro de 2013 e rematarán o 30 de setembro de 2015.
As solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED109A e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades www.cirp.es
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 18 de xullo de 2013
Máis información no DOG do 18 de xuño de 2013 e en www.cirp.es e neste enlace

Obradoiros de verán para rapaces dende 3 anos

O prazo de solicitudes abre o vindeiro 25 de xuño.

Campamentos temáticos. Centro Social de Boiro


Campamentos musicais. Escola de música de Boiro. Centro Social de Boiro.             15 ao 20 de xullo de 10h a 14h(de 9 a 14  anos do) e  do 22 ao 27 de xullo de 10h a 14h (de 10 a 14  anos)                                
Campamentos de novas tecnoloxías. 9 de xullo a 9 agosto de 10 a 11(9 a 14 anos).                                                        
Programa Ludieduca. Sábados de 16.30h a 18.30h(a partir de 6 anos)


Actividades lúdicas variadas. Casa da Cultura

MULTIOBRADOIRO ( DENDE 3 ANOS ESCOLARIZADO ATA 12
ANOS )
DE LUNS A VENRES DE 9.30 H A 13.30 H OU
DE 11.30 H A 13.30 H
INSCRICIÓNS: NO REXISTRO DO CONCELLO
DENDE O 25 DE XUÑO ATA CUBRIR
PRAZA
Solicitudes dispoñibles : Casa de Cultura, Concello
ou www.boiro.org

FOTOGRAFIA ( A PARTIR DE 7 ANOS)
MARTES E XOVES DE 12.00 H A 13.30 H
OPCIÓNS : 2 CLASES POR SEMANA , 1 CLASE POR SEMANA
POSIBILIDADE DE CURSO MENSUAL, QUINCENAL OU SEMANAL.

PINTURA
E MANUALIDADES ( DE 8 A 12 ANOS
MÉRCORES DE 12 .00 H A 13.30

TEATRO
( A PARTIR DE 7 ANOS
VENRES DE 12 .00 H A 13.30 H

 

Selección de persoal no Concello de Boiro

Proceso de selección de auxiliares de axuda no fogar
Contratación de persoal laboral temporal
Os aspirantes que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o día 27/06/2013 ás 13:30 horas.
BASES AXUDA NO FOGAR.pdf
INSTANCIA AXUDA NO FOGAR.pdf

Proceso de selección de albaneis
Contratación de persoal laboral temporal
Os aspirantes que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata o día 27/06/2013 ás 13:30 horas.
BASES ALBANEIS.pdf
INSTANCIA ALBANEL.pdf

luns, 17 de xuño de 2013

Certame Xuventude Crea

Expresa o teu talento con #XuventudeCrea: graffiti, creación literaria, teatro, artes plásticas, música, deseño...

Exposicións no Centro Social de Boiro

Esta mañá inauguramos a exposición dos alumnos do IES Virxe do Mar, composta por 30 imaxes nos que os/as alumnos/as plasman mediante fotografías o que lles evocan os poemas de Rosalía de Castro. Realmente recomendable para visitar. Estará ata o 30 de xuño de 9h a 14h e de 16h a 21h.

Ademais en xullo teremos a mostra pictórica de Armindo e en agosto a partir do 15, unha neoyorkina con raíces en Boiro Fumi Nakamura.

Cursos de novas tecnoloxías

A partir de hoxe podes anotarte nos cursos de novas tecnoloxías que se impartirán no Centro Social durante o mes de xullo. Recorda son todos gartuítos.


Informática básica, 2,3,4,5 e 11 de xullo  de 11.30h a 13.30h.
Iniciación a internet, 12, 17 ,18 e19 de xullo  de 11.30h a 13.30h.
Iniciación correo electrónico, 23/24/26 de xullo  de 11.30h a 13.30h.
Creación carteis con scribus, 12 a 24 de xullo(mércores e venres)  de 10 a 11h

venres, 14 de xuño de 2013

Persoal para oficinas de turismo

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte vai seleccionar a 4 persoas en total (1 por concello)  para as oficinas de turismo dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo polo período de 3 meses.
O prazo para presentar as solicitudes é do 17 ao 21 de xuño de 2013 no rexistro da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, en horario de 9.00 a 13.30 h.

BASES DE SELECCION
INSTANCIA-INFORMACION TURISTICA INSTANCIA-INFORMACION TURISTICA

xoves, 13 de xuño de 2013

Ruta de recollida e coñecemento das herbas de San Xoán

A noite de San Xoán, é a noite do lume, das fogueiras ou cacharelas; da auga, das nove ondas do mar, do orballo.. pero tamén cando as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, a tradición de recollelas, poñelas en auga e lavala cara con esta auga milagreira ao día seguinte.

Dende o Centro Social organizaremos unha ruta de recollida das sete herbas de San Xoán para todas aquelas persoas que queiran aprender a recoñecelas e levalas posteriormente para a casa.

A ruta terá unha duración de 30 min e ao remate comezará unha foliada con grupos de música tradicional

A cita é o sábado 22 de xuño ás 19h e o lugar de sáida é Praia Xardín(enfrente do Bar Arume).

As persoas interesadas poden inscribirse previamente no centro Social de Boiro ou nos mails centrosocial@boiro.org/ omix@boiro.org para que poidamos ter unha previsión do número de participantes.