martes, 18 de xuño de 2013

Bolsas para a formación práctica de documentalistas

A Xunta Electoral Central convoca tres bolsas individuais para a formación e colaboración na realización de traballos e estudos de carácter documental relacionados coa actividade electoral e coa documentación obrante na Xunta Electoral Central.
Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e a súa dotación será de 1.100 euros brutos mensuais nos exercicios 2013, 2014 e 2015.
Requisitos:Título de Grao en Información e Documentación ou de Licenciado en Documentación.
Ter finalizado os estudos para a obtención do título universitario esixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2008.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xullo de 2013.
Máis inforamción no BOE do 18 de xuño de 2013 e en http://www.juntaelectoralcentral.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario