xoves, 27 de setembro de 2018

Programa Xuventur. Aloxamentos e actividades gratuítas no rural para a xuventude

O programa, que é gratuíto, inclúe:
  • Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da asignación dos mesmos
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)     
O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.
Condicións de participación
  • Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha quenda.
  • As persoas mozas participantes terán que respectar os horarios establecidos.
  • Durante a estancia nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
  • As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
  • A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas xerais.
  • A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes.
  • Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da viaxe, poderán ser expulsadas da súa participación na actividade correspondente.
  • Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do programa.
  • A incorporación realizarase o venres pola tarde antes das 21:00 h, e a saída será ao remate da actividade que será sempre os domingos antes do xantar (consultar o programa de cada actividade para saber o horario específico)
  • A participación no programa supón a aceptación das condicións deste. Noutro caso poderá excluírse do programa á persoa participante que incumpra as devanditas condicións.

Material necesario
Útiles de aseo, roupa axeitada (usada e cómoda), prendas de abrigo e chuvia, calzado deportivo (forte e cómodo) e mochila.
É importante que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido. En cada programa figuran as indicacións a este respecto.

Prazas
O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 18.

Inscricións e reservas
  • A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que podes descargar no seguinte enlace.
  • As prazas asinaranse por estrita orde de chegada.
  • A confirmación da praza farase por correo electrónico. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventude.programas@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.

Prazo de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día  14 de setembro ás 9:00 horas.

Adxudicación das prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.
No formulario de confirmación de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
Os/as participantes admitidos/as que por calquera causa non poidan finalmente asistir ás actividades, deberán comunicalo á Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado a través dun correo electrónico (xuventude.programas@xunta.gal) cunha antelación mínima de 5 días naturais a data de inicio do programa, co fin de poder asinar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de espera.
De non facelo así quedarán excluídos de participación en sucesivas edicións deste programa e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado.


PROGRAMAS

Programa 1: ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo).
- Actividades:  ruta de sendeirismo nocturna, visita guiada polo interior das Covas do Rei Cintolo, visita á praia das Catedrais e ao porto de Rinli, visita cultural a Mondoñedo e Ribadeo (ruta dos indianos) e observación de aves (birding) na ZEPA  (zona de protección para Aves) na ría de Ribadeo.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 18:30 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as excursións, de asas, calzado cómodo para camiñar, (bota de sendeirismo resistente a auga e con calcetín alto), roupa cómoda e de abrigo (pantalón mellor longo), roupa de reposto, gorra ou viseira para o sol, chuvasqueiro , cantimplora ou botella, útiles de aseo persoal, prismáticos (opcional), toalla e saco de durmir.
Ademais, para visita á cova: roupa de reposto cómoda e calzado con piso de goma pechado e que non esvare. 
- Aloxamento: Hotel Voar, Rotonda Voar 27700 Ribadeo, Lugo  
- Tel. 982 128 685 /  982 130 678  / 982 130 685

Programa 2: XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).
Actividades: dinámica de creación e traballo en equipo (proba de obstáculos), dinámicas de xogos (Lego Serious Play e visual thinking), dinámica de liderado e sendeirismo en equipo.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:30 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: roupa cómoda e calzado apropiado para a actividade de sendeirismo, mochila, bañador e chanquletas.
- AloxamentoHotel Fraga do Eume, Lugar A Estoxa 4, 15613 A Capela
- Tel. 981 492 406

    
Programa 3: “AUTOCOÑECEMENTO 360º”: Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña).
- Actividades: ruta a cabalo, actividades para profundar no autocoñecemento e nas bases conceptuais da intelixencia emocional, dinámica da reacción de cada participantes ante o estrés a través dun xogo de escapismo, mindfulness e ioga e iniciación ao surf.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:30 h do domingo. 
- Prazas: 18 en cada quenda 
- Material indispensable: mochila, roupa e calzado axeitado para actividade de equitación, bañador e roupa deportiva.
- Aloxamento: Hotel A Roda, Lugar Playa del Río, Meirás (San Vicente), Valdoviño, 15552 Valdoviño
- Tel. 981 486 263 / 981 486 263  / 607 671 046

Programa 4: ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e  natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo.
- Actividades: turismo creativo en equipo, obradoiros con intervencións multidisciplinares (creación audiovisual, performance, artes escénicas, danza, creación literaria…) e  xogo de rol
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda.
- Material indispensable: gorra ou pano para o sol, crema solar, roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, unha prenda de abrigo e útiles de aseo personal. Ademais para uso na activiade: cámara de fotos (se a tén), roupa que permita flexibilidade completa, ordenador portátil (se o tén, non é imprescindible).
- Aloxamento: Casa Ferreiro, San Xoan, Seoane do Courel 24, 27324 Folgoso do Courel. 
- Tel.: 982 43 30 65

Programa 5: ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).
-Actividades: carreira de orientación pola Reserva Mariña de Interese Pesqueiro dos Miñarzos (Lira) e hórreo de Carnota, observación astronómica e recoñecemento de estrelas (solpor na praia de Carnota), ruta de sendeirismo, observación de aves e visitas guiadas.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 18:30 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda. 
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as excursións, de asas, calzado cómodo para camiñar, (bota de sendeirismo resistente a auga e con calcetín alto), roupa cómoda e de abrigo (pantalón mellor longo), roupa de reposto, gorra ou viseira para o sol, chuvasqueiro, cantimplora ou botella, útiles de aseo persoal, prismáticos (opcional), toalla e saco de durmir.  
- AloxamentoPensión o Prouso, Praza San Gregorio 5, 15293 Carnota, A Coruña 
- Tel.: 981 857 083

Programa 6: CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño,  Pontevedra)
- Actividades: técnicas de relaxación e consciencia do corpo, iniciación ao ioga e acroioga, obradoiro de masaxe e automasaxe, manexo e recoñecemento de plantas medicinais, obradoiros de plantas medicinais para cosmética, hixiene do fogar e botiquín.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada de 18:00 h a 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda. 
- Material indispensable: mochila pequena e cómoda para as saídas, esterilla de ioga, roupa cómoda para o ioga e acroioga, envases reutilizados para as elaboracións con plantas e clazado cómodo para as saídas. 
- Aloxamento:   Lugar dos Devas, Cernadela 4, 36873  (Covelo, Pontevedra)
- Tel.: 986 697 747

Programa 7: DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)
- Actividades: visita a aldea de montaña Salgueiro, roteiro polo Parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, recoñecemento in situ de especies de flora e fauna do Parque natural do Xurés, visita e baño as termas mineromedicinais de Lobios, travesía en kaiak ao campamento romano do Aquis Querquennis e visita  e baño as termas mineromedicinais do  Aquis Querquennis.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro, do 19 ao 21 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada de 18:00 h a 20:00 h h do venres e saída 13:00  h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda. 
- Material indispensable: moch¡la pequena e cómoda para as excursións, chancletas para o baño, toalla de baño, bañador, roupa cómoda para o roteiro, botas de montaña ou calzado cómodo para camiñar, roupa de abrigo, chuvasqueiro e calzado mollable para o kaiak.
- Aloxamento: Hotel Lusitano, Estrada de Portugal, 47, 32870 Lobios, Ourense 
- Tel.: 988 448 028

Programa 8: ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)
- Actividades: conformación de prototipos ambientais con base turística, creación de prototipos Plastics-free, Plogging (concienciación local na caracterización do lixo nun espazo ambiental de referencia a través da práctica deste deporte), creación de roteiros audiovisuais, orientación nun espazo natural de referencia (técnicas e dinámicas  multimedia) e xogo de rol.
- Datas: do 5 ao 7 de outubro, do 12 ao 14 de outubro e do 26 ao 28 de outubro (venres a domingo).
- Horario: entrada 20:00 h do venres e saída 13:00 h do domingo.
- Prazas: 18 en cada quenda. 
- Material indispensable: gorra ou pano para o sol, crema solar, roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro, unha prenda de abrigo e útiles de aseo personal. Ademais para uso na activiade: cámara de fotos (se a tén), roupa que permita flexibilidade completa, ordenador portátil (se o tén, non é imprescindible).
- AloxamentoHotel Piornedo, Donís (San Fiz), Piornedo, 27664 Cervantes, Lugo 
- Tel.: 982 161 587

XII xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias

19, 20 e 21 de outubro
Albergue Xuvenil de Gandarío, Bergondo, A Coruña
Destinatarios:
• Monitores/as e directores/as de actividades de educación no tempo libre.
• Técnicos/as de xuventude e dinamizadores/as xuvenís.
• Profesionais do ámbito (animadores/as socioculturais, educadores/as sociais, pedagogos/as, dinamizadores/as de actividades de educación no tempo libre).
• Membros de asociacións xuvenís, grupos informais que realicen actividades de educación no tempo libre e voluntarios/as.
As persoas interesadas en dispor dun posto na feira de experiencias poden solicitar a  participación como expositoras a través do e-mail institutoxuventude.ctb@xunta.gal antes do 13 de Outubro de 2018, xuntando a seguinte información:
- Título e presentación da experiencia a expoñer.
- Nome dos/as autores/as e nome da entidade/grupo onde se desenvolve ou foi desenvolvida a iniciativa.
- Necesidades de espazo e/ou explicación de como sería o posto. 
- Necesidades de material non funxible que poida haber na Instalación de Gandarío (mesas, cadeiras, pizarras…).
Lémbrese que todas as experiencias presentadas disporán ademais dun espazo no web https://interactuandonotempolibre.webnode.es/ para ficar para a posteridade.

Faladoiros
O cerne das xornadas son os faladoiros para a aprendizaxe, a reflexión e o debate. Cada persoa asiste a un único faladoiro e domingo ao final da mañá póñense en común.  
      
      1) É TRABALLO OU DÁ TRABALLO?
          A nova lei de contratacións, convenios, pregos, relacións laborais, trámites administrativos, seguros, dereitos e obrigas. En que estado estamos e en que estado queremos estar?
          Que cómpre saber? Que cómpre manter? Que cómpre mudar?
      
      2) PROGRAMACIÓNS DA CAMPAÑA DE VERÁN 
          Aprender a programar e aprender a avaliar programacións.
          Valorar programacións da campaña de verán e achegar suxestións de mellora.
          Que ten sentido? Que non ten sentido? Que propor?
      
      3) TITULACIÓNS DE TEMPO LIBRE
          Escolas de Tempo Libre, certificados de profesionalidade, experiencia práctica... que titulacións necesitamos? Que titulacións queremos? 
          Necesidades e oportunidades formativas. Bases para unha orde que regule a educación do Tempo Libre en Galicia. 
      
      4) CALIDADE NAS INTERVENCIÓNS DE TEMPO LIBRE?
          Posta en valor da educación no tempo libre. Entretemos? Animamos? Transformamos?
          Que é calidade? Que non é calidade? Como se valora a calidade dunha intervención?
      
Cando se realice a inscrición cómpre indicar a preferencia do faladoiro no que se desexa participar. A organización adscribirá os/as participantes nos faladoiros atendendo ás súas preferencias e á orde de inscrición.

Inscrición: a través do seguinte formulario


xoves, 6 de setembro de 2018

Monitor de tempo libre

Formación en tempo libre de outibro a decembro os sábados de 9h a 14h e de 16 a 21h.

Prazo de inscrición ata 21 de setembro

Entidade organizadora: Amas de Casa de Ribeira(solicitar información)

Lugar: Sede de Amas de Casa de Ribeira