xoves, 25 de abril de 2013

Para celebrar a primaveira



4 de maio... planazo!!

Campaña Libro por Libro

Hoxe durante todo o día, a Fundación Granell(praza do Toural-Santiago), levará a cabo unha campaña de intercambio de libros. Para participar soamente tes que levar un exemplar e trocalo por algún dos libros de arte e cutltura que a Fundación ofrece.

Bolsa de documentación e biblioteconomía na EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da Escola.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xuño de 2013 e rematarán o 31 de decembro de 2013.
O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.
Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e ter acreditada algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía ou documentación.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de maio de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770C.
Máis información no DOG do 25 de abril de 2013 e en http://egap.xunta.es/

Prazas de profesores de español en centros educativos no estranxeiro

O Ministerio de Educación convoca 136 prazas de profesores en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Rusia e Turquía para o curso 2013-2014.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de maio de 2013.
Máis información no BOE do 24 de abril de 2013 e en www.educacion.es/educacion/actividad-internacional.html

mércores, 24 de abril de 2013

Algo cultural para a fin de semana

Xoves 25 de abril

            Proxección do filme "Acción Mutante"
Bar Capri(Ribeira) 

Xoves Literarios: "Educación literaria, saberes e enciclopedia do mediador "
Blanca Ana Roig Rechou
ás 20 horas Biblioteca Municipal(Ribeira)


Venres 26 de abril

           Baobad teatro "Bad"
           20h Casa da Cultura de Boiro

          Proxección do filme “De tu ventana a la mía”, dirixida por Paula Ortiz.
          ás 21 horas Auditorio Municipal(Ribeira)

         Concerto de Moonjacket
         Bar A Rúa(Catoira)


Sábado 27 de abril
  
Taller de afinación de Gaita
a partir das 10h no Centro Social de Boiro

Obradoiro de creación poética con Esther Carrodaguas
Poetizando(de minimis)
de 10 a 14h no Auditorio de Rianxo 

Carreira do Corgo
           ás 17.30 horas no Lugar de Teira(Corrubedo)
Durante toda a fin de semana

Festas de San Marcos de Noia

E en maio tamen..FORMACION!

 Todavía quedan algunhas prazas libres nos seguintes cursos que se impartirán no Centro Social de Boiro no mes de maio.


Bailoterapia
xoves de 11h a 12h
Prezo 15 euros ao mes


Curso de monitor de tempo libre
do 3 de maio ao 3 de agosto
venres de 16h a 21h e sabados de 9 a 14h e de 16h a 21h
Prezo 250 euros(pago fraccionado). Homologados pola Xunta de Galicia.

Curso bixutería creativa e enfiado de swaroski
8-15-22-29 de maio e 5 de xuño de 20h a 22h
Prezo 60 euros(materiais incluídos)

Cursos de Repostería Creativa

Iniciación á técnica do fondant
11 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Creación de cupcakes

18 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Repostería educativa. Cociñando cos cativos
25 de maio de 16h a 20h
Prezo 30 euros(materiais incluídos)

Inscríbete no Centro Social de Boiro ou a través do mail omix@boiro.org

Traballo temporal no estranxeiro

Oferta de traballo para inxenieros industriais en Alemania
Info

Oferta de traballo paraa cadena de establecementos Sainsbury’s
Infórmate  AQUÍ
 

EUROCITIES, ofrece un periodo de prácticas de 6 meses en Bruselas na área de Asuntos Sociais
Interesados enviar  CV e carta de motivación a: jobs@eurocities.eu. Data límite:26 de abril de 2013

Bolsas Leonardo da Vinci

Para Titulados universitarios, de calquera universidade española que finalizaran os estudios universitarios despois do 16/06/2011 e antes do 01/07/2013, que na actualidade non estén matriculadod en ningunha universidadeespañola, sen experiencia laboral, e que acrediten un nivel de idiomas suficiente.
As prácticas laborais de 26 semanas comenzarán a partir do16/09/2013 cunha dotación desde 2.423€.
Máis Info:
http://www.adeituv.es/becas-de-movilidad-europea/becas-leonardo/informacion-becas/

luns, 22 de abril de 2013

Taller de cociña italiana

O establecemento Trescatorce de Boiro ten pensado realizar un obradoiro de cociña para aprender a elaborar Pizzas, o taller de cociña celebrarase no propio local a primeira semana de maio, se estas interesado/a pásate polo trescatorce ou contacta mediante mail

Libro "A Pobra do Caramiñal: cronoloxía histórica"

Mañá martes, 23 de abril, preséntase no Auditorio Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal unha nova edición do libro A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica.

Cursos gratuítos do plan Querote!

Ata o 13 de maio podedes solicitar os cursos do Centro Quérote. Os cursos son:

Curso de Especialista en Mediación Xuvenil , Intervención xuvenil afectivo-sexual coa mocidade, Intervención xuvenil no eido afectivo-sexual , Intervención xuvenil con persoas con diversidade funcional, Intervención xuvenil en convivencia e relacións sociais,Intervención xuvenil no ambito familiar e escolar
 
Consulta os cursos e as datas neste enlace

Bolsas da deputación da Coruña para titulados

Convocatoria de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2013-2014, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas en diferentes áreas. Tes ata o 20 de maio. Consulta as bases

venres, 19 de abril de 2013

Cursos gratuítos da Rede Xiana

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a:
- Obradoiros de empregabilidade
- Habilidades sociais e comunicativas
- Alfabetización informática: Internet
- Responsabilidade social
- Procura de emprego e novas tecnoloxías
- Apoio á preparación para as probas de competencias clave
- Igualdade
- Novas tecnoloxías da información e comunicación
- Sensibilización ambiental
- Medio ambiente na agricultura
- Prevención de riscos laborais
- Manipulación de alimentos
- Condución económica e eficiente
- Conselleiro de seguridade
- Xerente de empresas de economía social
- Creación e xestión de empresas: autoemprego
Estas accións se desenvolverán nos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois.
As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área
de EMPREGO de cada concello.
O prazo para inscribirse nas anteditas accións formativas estará aberto ata o día 03/05/2013, data na que terán que ter completa e presentada toda a documentación que corresponda.
Máis información en www.redexiana2.eu

Para non perderse



Hoxe na Casa da Cultura as 20.30h..

Curso de Monitor de Tempo Libre no Centro Social de Boiro


Comezo 3 de maio
200h teoría e 150h prácticas

Horario: 
Venres de 16h a 21h
Sábado de 9h a 14h e de 16h a 21h
do 3/05/2013 ata 3/08/2013
Inscricións e Información
A partir do 22 de abril na OMIX Boiro(Centro Social-1ºandar). omix@boiro.org/981842635

Feira de emprego

O 25 de abril en Oleiros celebrarase unha feira de emprego que contará con actividades e talleres que aportarán aos  candidatos ferramentas fundamentais para a consecución con éxito da  súa procura de emprego, ou o inicio da senda emprendedora.  Pode consultar máis información no seguinte enlace: http://www.iffe.es/feria_de_empleo

Axudas iniciativa xove

Se eres xoven e tes un proxecto na cabeza esta é a túa oportunidade, bótalle un ollo a estas axudas da Xunta: INICIATIVA XOVEN 2013
http://xuventude.xunta.es/2013041810314/iniciativa-xove-2013.html

xoves, 18 de abril de 2013

Esta fin de semana

Ademáis de sol, algunha alternativa para que te empapes de cultura...

Venres 19 de abril

20.30h Foro da Asociación ABE 
Casa da Cultura de Boiro

21.00h Proxección de "Miel de Naranjas"(Imanol Uribe)
Auditorio de Ribeira

24.00h Concerto de Moon Cresta
Pousada das ánimas(Boiro)

24.30h Concerto de Ruta 77
Bar Plaza(Ribeira)

Sábado 20 de abril

19.00h Desfile benéfico da ONG Mímame
Restaurante Chicolino

22.00h Festival Antrospinos Miúdo
FAMILIA CAAMAGNO+ULTRAQÜANS+3TREBONS+BIGOTEMIX
Campo de Arriba(Rianxo)


23.30h Concerto de Rebanda
NoiteMeiga 2.0(Ribeira)


Algo +

Record Store Day(Santiago)
Música+audiovisual

Un maio cheo de creatividade


TALLER DE CREACIÓN DE BIXUTERÍA E ENFIADO CON SWAROVSKI
no que se poderán realizar 3 pezas realizadas con cristais de swarovsky e iniciarase á técnica nipona de peyote con abalorios de miyuki. Impartido por María Magán

O taller impartirase os días 8,15,22,29 de maio e 5 de xuño en horario de 20h a 22h no Centro Social de Boiro.


TALLERES DE CREACIÓN CON FONDANT(un o sábado 11 de maio en horario de 16h a 20h e outro o 18 de maio no mesmo horario) e un novo de REPOSTERÍA EDUCATIVA(CREANDO NA COCIÑA COS CATIVOS) na que se aprenderán recetas para facer cos máis pequenos fomentando a creatividade e o diálogo entre pais e fillos nun contexto diferente. Impartidos por LiliFabeiro

Ademáis de esta formación no mes de maio...
Cursos de novas tecnoloxías na aula Cemit
Dous cursos de fotografía: Macrofotografía(luns de 20 a 21.30h e sábados de 12h a 14h) e Fotografía en movemento(mércores de 20 a 21.30h e sábados de 10h a 12h) 
Bailoterapia para persoas maiores(xoves de 11h a 12h)
curso de monitor de tempo libre que comezará o 3 de maio e rematará o 3 de agosto(no horario de venres de 16h a 21h e sábados de 9h a 14h e de 16h a 21h).




Para informarse acerca de prezos e condicións dos talleres e inscribirse en calquera de eles, débese acudir ao Centro Social de Boiro(1ª planta) ou no tlf 981842635 e mail omix@boiro.org



Certames



Poemas, acrósticos, lendas, caligramas, teatro, etc . Prazo de entrega o día 26 de Abril.

O prazo  para presentar as túas  fotografías é ata o 24 de Abril

O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de maio de 2013.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento TR802P
Máis información no DOG do 12 de abril de 2013 e en www.cooperativasdegalicia.com


Bolsas para mozos/as

Bolsas da Academia de España en Roma para artistas e investigadores españois 

A duración das becas será dende o 1 de outubro de 2013 ao 30 de xuño de 2014. Poderánse solicitar axudas para períodos de  tres, seis ou nove meses. REQUISITOS 


Becas de corta duración na República Federal de Alemania para estudiantes de doctorado e xóvenes investigadores Estudiantes de Doutorado e investigadores con excelente expediente e coñecementos de alemán. 
 Info en http://www.ic.daad.de/barcelona/download/beca-corta-duracion-2012.pdf
Bolsas mba
A Obra Social “La Caixa” e Casa Asia, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento das relacións entre España e a zona asiática e contribuír á formación de directivos, convocan 7 bolsas para graduados universitarios, licenciados e titulados superiores para cursar estudos de dirección de empresas (MBA) en China e India. O prazo finaliza o 25 de xuño de 2013.Más información.






Axudas á acción e a promoción cultural



O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para a acción e a promoción cultural co fin de fomentar actividades que contribúan a xerar contidos culturais e á modernización e profesionalización do sector cultural español, cumprindo algunha das seguintes finalidades:
a) Ofrecer produtos e servizos culturais, fomentando o uso das novas tecnoloxías na creación de contidos culturais e na súa difusión.
b) Incrementar a capacidade para xerar emprego potenciando a formación, profesionalización e articulación do sector cultural.
c) Estimular a participación do sector privado no financiamento de proxectos culturais.
d) Difundir a cultura española en todas as súas manifestacións, fomentar España como destino turístico cultural e favorecer os vínculos culturais entre as Comunidades Autónomas.
As actividades deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de marzo de 2014.
Requisitos: persoas xurídicas sen ánimo de lucro e que estean legalmente constituídas.
O modelo de solicitude terá exclusivamente formato electrónico e encontrarase dispoñible na páxina web da Secretaría de Estado de Cultura www.mcu.es/industrias.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2013.
Máis información no BOE do 8 de abril de 2013.

mércores, 17 de abril de 2013

140 prazas de Policía Nacional

O BOE Núm. 89 de sábado 13 de abril de 2013 publica o Real Decreto 254/2013, de 12 de abril , polo que se aproba a oferta de emprego público do Corpo Nacional de Policía para o ano 2013.
Autorízase a convocatoria para oposición libre no Corpo Nacional de Policía de 50 prazas na Escala Executiva e 140 prazas na Escala Básica.
Máis info en http://arousanortemprego.wordpress.com/

VI Concurso de pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga (Sesé).



bases do certame de pintura ao aire libre do 27 de abril en Noia

Curso de Desenvolvemento Tecnolóxico de Aplicacións JAVA

Todavía tes prazas libres no curso gratuíto, con prácticas en empresas, para mozos desempregados menores de 30 anos. Infórmate no 900 100 957 ou en atencionalumno@femxa.com

Proxección da película Pollock



Hoxe mércores 17 de abril proxectarase a película “Pollock” (biopic do coñecido artista estadounidense) ás 21 horas con acceso libre no Auditorio de Ribeira.

Info da peli

Búscanse comerciais para Cruz Vermella boiro


Curso de Organización de accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da educación non formal

Obxetivos: Analizar o ámbito da educación non formal dentro do concepto global de educación e a súa repercusión no deseño de accións coa poboación xoven.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Datas de realización: do 10 de maio ao 27 de xuño de 2013.
• Sesión presencial: venres 10 de maio ás 11.00 horas.
• Exame final presencial:  xoves 27 de xuño ás 17.30 horas.
Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do xoves 2 de maio de 2013. A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:

Máis información: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico: oixuventude.traballo@xunta.es

Probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:- Cumplir os requisitos de acceso.
- Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.
- Ter vinte anos, para os títulos de técnico superior, ou dezanove anos no caso de posuír xa o título de técnico.
- Non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional obxecto da proba.
O prazo de presentación de solicitudes será durante os derradeiros dez días hábiles do mes de abril.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es co procedemento ED527B
Máis información no DOG do 16 de abril de 2013 e en  www.edu.xunta.es/fp

Contratación auxiliares de policía local en Concello Boiro

martes, 16 de abril de 2013

Curso de monitor de tempo libre en Boiro



Curso de Monitor de Tempo Libre no Centro Social de Boiro
Comezo 3 de maio
200h teoría e 150h prácticas

Horario: 
Venres de 16h a 21h
Sábado de 9h a 14h e de 16h a 21h
do 3/05/2013 ata 3/08/2013
Inscricións e Información
A partir do 22 de abril na OMIX Boiro(Centro Social-1ºandar). omix@boiro.org/981842635


Xornada sobre emprendedores e comercio online



27 de abril en santiago no Palacio de Congresos
Xornadas sobre comercio e novo emprendemento
CONECOM é a  primeira Confererencia sobre Ecommerce en Galicia; 
ca finalidade de formar dotar de ferramentasde taballo para pymes e novos emprendedores
Gratuíta
Info en http://www.conecom.es/

luns, 15 de abril de 2013

Concurso de fotografía polo día de Internet

o 17 de maio non soamente se celebra o día das letras galegas, tamen é o día de internet e para a súa celebración a rede Cemit organiza o I Concurso de Fotografía Móvil “La tecnología en mi vida cotidiana”

Para competir no concurso, os participantes deberán demostrar a súa creatividade mediante a presentación dunha fotografía realizada co móbil que reflicta como se utilizan as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. A fotografía subirase directamente á páxina web do día de internet.
Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras. A presentación de fotografías remata o vindeiro 30 de abril.
Para máis información das bases do concurso poden consultar o seguinte enlace:
A presentación das fotos realízase no seguinte enlace:

CARTA VARIADA DE CURSOS

Esta semana comezamos cun menú variado de cursos..entre eles os de novas tecnoloxías que como xa sabedes son gratuítos(si , si  e as prazas se esfuman...)

Novas tecnoloxías 
3 de maio de 11 a 12h SEGURIDADE EN INTERNET E INFORMATICA:ANTIVIRUS..
14 e 15 de maio de 11 a 13h. PRESENTACIONS en PREZZI
21 a 24 de maio de 11 a 13h. CREACIÓN DE BASES DE DATOS
28-29-30 de maio de 11 a 13h APLICACIONS PARA GOOGLE
28 e 30 de maio de 19 a 20h RECURSOS EDUCATIVOS PARA PAIS


e ademáis:
14 de maio de 10 a 14h.Desenvolvemento de aplicacións Android 
Ollo! Gratuíto pero no Centro de novas tecnoloxías de Santiago. inscricións e info

 Área Social
Acción formativas da Rede Xiana “Manupilación de Alimentos” e “Sensibilización Ambiental”.  
Info no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro 

“Curso de formación en accesibilidade universal como oportunidade de negocio”

Info na Mancomunidade de ArousaNorte, no Telf. 981 845 236 ou www.arousa-norte.es

Xornadas de Formación de Profesionais do Ámbito Social  
para propiciar o coñecemento, reflexión e o respecto da cultura e a realidade xitanas entre profesionais do ámbito social.A matrícula é gratuíta e limitada. Poderase realizar a solicitude de inscrición antes do 29 de abril.http://tinyurl.com/JFPAS-LUGO

venres, 12 de abril de 2013

Ruta de senderismo

Aprázase a ruta de sendeirismo San Ramón  de Bealo - San Finx , organizado polos concellos de Boiro e Lousame programada para este sábado aprázase para o vindeiro sábado 4 de maio por causas climatolóxicas.Os tres quilómetros de ruta que discurren pola ribeira do río Beluso atópanse con pasos que fan intransitable o sendeiro xa que debido as continúas chuvias hai pasais que non se poden cruzar pola crecida do río e tramos do camiño con moitos charcos.

Axudas inmersión lingüísticas en inglés

O luns 15 de abril remata o prazo para solicitar as axudas inmersión lingüísticas en verán para alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º de ESO matriculados en centros educativos no curso 2012/2013. Máis información no Teléfono: 913277681 ou no correo: http://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/

 

Cursos de fotografía: Abril

No mes de abril impartiranse dous cursos de fotografía:

FOTOGRAFIAR O MOVEMENTO
Recursos técnicos e opcións de cámara para resolver creativamente situacións fotográficas donde o movimiento é protagonista da imaxe.
24 e 27 abril , 2-4-6 maio.Mércores de 20 a 21´30 h. e sábados (de 11 a 13 h.)

MACRO FOTOGRAFÍA.
Coñecementos e técnicas básicas para fotografía de primeiros planos. Equipo: material e obxectivos.
22-27-29 abril , 4 e 6 de maio. Luns de 20 a 21´30 h e sábados de 18 a 20 h.

Curso de viticultura e enoloxía

Celebrarase o día 19 de abril de 21h a 23h no Restaurante Roxerius de Rianxo.
Contidos: Elección de variedades minoritarias e cata de viño do norte de Portugal.
Máis información no propio establecemento.

xoves, 11 de abril de 2013

Bolsas da Embaixada de China en España

A través da súa oficina de Asuntos Educativos convoca 1 bolsa para estudantes españois da USC para unha estadía entre o 1 e o 15 de xullo de 2013 nun campamento de verán en China. Esíxese unha idade límite de 25 anos (a 1 de xullo de 2013) e algún coñecemento de chinés. A bolsa inclúe aloxamento, pensión completa, transporte local e o curso de chinés. Os vóos de ida e volta e o seguro médico NON están incluídos.
Para iso ábrese un proceso selectivo que rematará ás 14:00 h do venres 3 de maio. As solicitudes, acompañadas de certificación académica e xustificación dos coñecementos de chinés, deberán ser presentadas no rexistro e irán dirixidas ao vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización.

Info en http://www.usc.es/internacional

Bolsas para a xuventude: Abril

Bolsas para estudos Artísticos
Bolsas de investigación da Deputación da Coruña
Bolsas na Oficina de Información Turística do Concello de O Rosal 
Bolsas MAEC-AECID para estudos artísticos na Academia de España en Roma 

Roteiro Nautilus na illa de San Simón

NAUTILUS é unha actividade de turismo deportivo para a xuventude, relacionado co mar, de fins de semana na Illa de San Simón, no que se levarán a cabo diferentes actividades náuticas como wakeboard ou kaiak de mar e de aire libre como orientación con gps (xeolocalización), .... 

Nº de prazas: 22 por fin de semana.

Datas: 19-21 de abril, 3-5, 17-19 de maio e 31 de maio o 2 de xuño.

Cota de inscrición: 90€. 15% de desconto para os posuidores do carné xove (75€).

Actividades: kaiak de mar, snorkel e seadoo sea scooter, esquí náutico: wakeboard, banana náutica, raid náutico con xeocaching e tiro con arco pola Illa de San Simón.

Máis información

Curso de interpretación do patrimonio ONLINE



É unha formación online que conta co apoio da Asociación para a Interpretación do Patrimonio (AIP) e coa
 colaboración da plataforma da Asociación Galega de Formadores (AGAFOR).
O curso comeza o 22 de abril e remata o 20 de maio, con 6 módulos de formación. O curso ten unha 
duración total de 35 h e é unha formación totalmente personalizada, que podes seguir ao teu ritmo, 
sempre tendo en conta as datas de entrega das actividades.O prezo do curso é de 85 euros (ten un desconto
 dun 10% para os soci@s da AIP), e inclúe titorías personalizadas e todo o material didáctico 
deseñado para o curso. Podes solicitar máis información a cursoiponline@ambientarte.es 

Búscase diseñador gráfico

Precísase dun diseñador gráfic@/creativ@ con  experiencia profesional. Obrigatorio coñecemento amplio de Photoshop, Ilustrator e Indesign... e capacidade creativa. Interesad@s enviar currículum a info@empatiacomunicacion.com

mércores, 10 de abril de 2013

en maio..XuventudeGalizaNet


Info neste enlace

Programación cultural


 
Algo de culturilla para estos chuviosos días..






Xoves, 11 de abril, ás 20 horas


Xoves literarios “O teatro galego: circunstancias e antecedentes”
con Francisco Godón Davila. Biblioteca Municipal de Ribeira 

Venres, 12 de abril

ás 20 horas
Contacontos O CAN QUE NON SABÍA LADRAR(de 4 a 9 anos)
con Marta Ríos. Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura “Ramón Martínez López”


ás 20 horas
Proxección documental CON ETIQUETA
da Asociación A Creba. Auditorio da Casa da Cultura “Ramón Martínez López”

ás 20:30 horas
Exposición ENTRE MAREAS
de Xaquín España Fernández. Museo Etnográfico de Comoxo


ás 20:30 horas
Presentación do poemario monicreques
de Xosé Daniel Costas. Casa da Cultura de Noia

ás 21 horas
Proxección do filme LA CHISPA DE LA VIDA
de Alex de la Iglesia. Auditorio de Ribeira


ás 24 horas
Concerto de SES
Pousada das Ánimas

ás 24:30h horas
Concerto de "Antonio Bermo"
Bar Plaza(Ribeira)

Sábado, 13 de abril

ás 18 horas
Contacontos para nenos "Zapatos"
De Caramuxo Teatro. Casa da Cultura de Porto do Son
  
ás 20.30 horas
Presentación do libro"El inaudito secuestro de Mariano Rajoy"
De Rodrigo Cota. Ateneo Valle-Inclán(Ribeira)

ás 24:30h horas
Concerto de "Pablo Bicho & Nando Llon"
Bar Plaza(Ribeira)


Domingo, 14 de abril

ás 20 horas
Proxección do filme ALMORZO EN PLUTON
de Neil Jordan. Casa da Cultura de Noia

e algo máis
Concerto da compañía do Ruído e aTroba KUNFu
venres a partir das 21h na sala Capitol(santiago)


Feira do Disco Vinilo
Bar Embora(Santiago) 

Feira Outlet do Libro Galego
Centro Cultural Nova Caixagalicia(Santiago)

Ultranoite(Grupo Chevere)
 Auditorio Ramallosa(Teo)



Empregalia: Feira de emprego de Galicia



A feria Empregalia ofrecerá 40 empleos directos entre os aspirantes que aporten o  seu currículum durante a celebración do evento, que será nas instalacións do Consorcio da  Zona Franca de Vigo en Bouzas os días 19 e 20 de abril.

Emprego para enfermeiros en Finlandia

 
 

Se non lle tes medo ao frio e eres enfermeiro con bo nivel de inglés..podes presentar o teu Cv, unha carta de presentación, dúas cartas de recomendación antes do 5 de maio a este mail.  
Maís info da oferta en este enlace.

martes, 9 de abril de 2013

Ofertas de emprego

Revisa as ofertas de emprego neste enlace

Obradoiro sobre tabaquismo



  
Lugar: Liceo Marítimo de Riveira.

  Data: 12de abril, venres
  Horario: 17 - 20 horas.


É de balde pero precísase inscrición


 

Bolsas para belas artes

Bolsas para artistas entre 20 e 30 anos con 2 anos de experiencia poden optar a unha beca internacional de 6 meses . Hai ata o  10 de abril para solicitala. Máis Info en: http://www.mastermas.com/Noticias/html/N11888_F09042013.html

Bolsas para aprender inglés EUROLINGUAS

Estas bolsas permiten que alumnos con bos expedientes académicos e recursos económicos limitados poidan residir GRATUITAMENTE en Irlanda durante dúas semanas para realizar un curso intensivo de inglés incluíndo a participación nun  programa de actividades culturais e sociais.

Máis info:
Avda Finisterre 194
15010  (A Coruña) - ESPAÑA
Teléfono: 902 881 831 o 981 25 72 90 / Fax: 981 26 09 35
http://www.venairlanda.cominfo@venairlanda.com

I Xornada sobre Educación Infantil: unha andaina para o encontro

A Asociación Educativa Galega de Técnicas Superiores en Educación Infantil en colaboración co proxecto pedagóxico A Semente organizan a I Xornada sobre Educación Infantil: unha andaina para o encontro. Lingua, valores educativos, xogo e arte co contorno.
Desenvolverase en Santiago de Compostela o 27 de abril de 2013, no CEIP Apóstolo Santiago
 

Prazas para farmaceuticos e médicos

O Ministerio de Sanidade , Servizos Sociais e Igualdade, convoca 4 prazas de farmacéuticos e 2 de médicos titulares na Axencia Española de Medicamentos e produtos sanitarios. O prazo de presentación
de solicitudes é ata o 11 de abril de 2013. Máis información www.060.es

luns, 8 de abril de 2013

Taller de cociña en Boiro




Esta vez á rica Pasta Italiana

Bolsas de Introdución á Investigación do CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 42 bolsas de Introdución á Investigación para estudantes universitarios, no marco do Programa Xunta para a Ampliación de Estudos.
Requisitos:a) Ter aprobados entre o 40% e o 80% dos créditos correspondentes á súa titulación.
b) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto.
c) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 1,80.
A contía total das bolsas será de 1.500 € cando a distancia entre a súa localidade de residencia e a localidade de situación do Centro onde vaia cumprir o seu plan de traballo, sexa inferior a 60 km e de 2.000 € para distancias iguais ou superiores.
As solicitudes efectuaranse utilizando os medios telemáticos que estarán dispoñibles nos servidores de información do Consello Superior de Investigacións Científicas, www.csic.es.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberta ata o 23 de abril de 2013.
Máis información no BOE do 8 de abril de 2013 e en www.csic.es

Plan de formación de Rianxo

Monitor/a de Tempo Libro
Iniciación ao alemán
Deseño Gráfico
Intervención na atención sociosanitaria en institucións sociais
Inglés Medio 2 
Creación de contidos multimedia e web 2.0
Deseño de páxinas web 
 Inglés Medio 1


Información de prezos e horarios en:
http://www.concelloderianxo.es/formaterianxo





mércores, 3 de abril de 2013

Programando..

Xoves 4 de abril
 
Xoves Literarios: Charla literaria
Antón Riveiro Coello, cunha ponencia titulada As razóns da 
escrita. Un país sen límites 
Biblioteca Municipal de Ribeira
 
Venres 5 de abril 
 
18.30h
Espectáculo de monicreques de luva FÁBULA  GALÉNICA 
Casa da cultura "Antón Avilés de Taramancos"(Noia)
 
20.30h
Teatro "Morte"(Woody Allen)
Teatro do Improvisto
Casa da Cultura de Boiro 
 
10.30h/21.30h
Teatro "O achado do castro”, de M. Núñez Singala 
Auditorio de Ribeira

24.00h 
Concerto The Lakazans
Bar Plaza(Ribeira)
 

Sábado 6 de abril 

20.30h 
Teatro "Morte"(Woody Allen) 
Teatro do Improvisto 
Casa da Cultura de Boiro
 
24.00h  
Concerto Uxío Mayo
Bar Plaza(Ribeira)
 
+COUSAS
 
SABOR A ARTESANIA
O sábado 6 de abril en Santiago Artesáns de distintas ramas 
cambiarán os seus obradoiros habituais por algúns dos mellores 
locais de hostalería do casco histórico. 
Ademais de coñecer as súas pezas e forma de traballo, poderedes 
degustar nos distintos restaurantes e vinotecas colaboradoras un 
pack artesán! 

FILLOA JAZZ
http://www.jazzfilloa.com/2013/04/programa-abril-2013/