xoves, 25 de abril de 2013

Bolsa de documentación e biblioteconomía na EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da Escola.
As actividades de formación iniciaranse o 1 de xuño de 2013 e rematarán o 31 de decembro de 2013.
O importe da bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.
Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e ter acreditada algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en biblioteconomía e documentación, ou licenciatura en biblioteconomía ou documentación.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de maio de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR770C.
Máis información no DOG do 25 de abril de 2013 e en http://egap.xunta.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario