luns, 28 de decembro de 2015

Axudas ao transporte do Concello de Boiro

Recordade que o prazo para solicitar as axudas ao transporte remata o 31 de decembro!!!

Podedes recoller as solicitudes no Centro Social de Boiro ou escribíndonos no mail omix@boiro.org

mércores, 9 de decembro de 2015

Campaña #OmeuSegredoArousaNorte





Mediante a campaña #OmeuSegredoArousaNorte, quérese descubrir os recunchos/recordos máis fermosos de Arousa Norte (na natureza, un bar, un banco, museo, biblioteca, comida, xuntanza familiar, regalo... ao ser algo persoal)
Que todo aquel que viva na comarca, noutro punto de Galicia, ou do mundo, publique unha ou varias fotografías de Arousa Norte co hashtag #OmeuSegredoArousaNorte.

Para iso creouse o seguinte evento en facebook, para compartir o noso.


Programación de Nadal en Boiro


luns, 7 de decembro de 2015

Axudas ao transporte do Concello de Boiro




A partir do 14 de decembro poderás solicitar as axudas ao transporte do Concello de Boiro, aquí te deixamos unha breve explicación da documentación e requisitos a cumprir. Se necesitas máis información podes acudir ao Centro Social de Boiro, escribirnos no mail omix@boiro.org ou localizarnos no tlf 981842635


Obradoiro gratuíto de iniciación ás técnicas de debuxo partindo de formas xeométricas impartido por Rodrigo Chao(http://rodrigochao.com/)

Data: Sábado 12 de decembro de 11h a 12h

Destinado a rapaces a partir de 5 anos.
Información e inscricións no Cento Social de Boiro(981842635/omix@boiro.org)