mércores, 28 de marzo de 2018

Técnico de turismo e informática para programa de cooperación

O Fondo Galego de Cooperación oferta dúas prazas de voluntariado internacional para técnicas e técnicos das deputacións e concellos socios a  través das Vacacións con Traballo.  Máis info neste enlace

Subvencións a festivais de artes escénicas e de música

Publicadas as bases de AGADIC para subvencións a festivais de artes escénicas e de música e se convocan para o ano 2018.

Máis info neste enlace

venres, 23 de marzo de 2018

axudas da área de cultura da Deputación da Coruña


Hoxe publícanse as liñas de axuda da área de cultura da Deputación da Coruña que teñen como obxectivo animar a cultura que nace das propias entidades sociais:

-Entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais. (1.000.000€)
-Entidades sen ánimo de lucro para investimentos (300.000€)
-Entidades sen ánimo de lucro para festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas. (500.000€)
-Corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de gran formato. (450.000€)
-Corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional e formacións musicais de gran formato. (200.000€)
-Entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para actividades culturais. (500.000€)

Máis info:
https://goo.gl/x3CkKC

xoves, 15 de marzo de 2018

Prubeas de CODIX

Convocadas probas para obtención do CODIX!
https://www.xunta.gal/…/20…/AnuncioG0164-070318-0001_gl.html

Recordade que a aula Cemit de Boiro, é un centro onde se realizarán as probas.

Se tedes dúbidas pásate polo Centro Social Boiro e explicámoste...

luns, 12 de marzo de 2018

PROGRAMA DE LIDERADO E INNOVACIÓN SOCIAL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social. Os obxectivosdeste programa son:
  • Desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, facilitando as ferramentasconceptuais e practicas necesarias para enfrontarse con éxito a proxectos innovadores nos ámbitos profesional, académico e social.
  • Construir unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impacto social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.


Destinatarios/as:mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos no momento de realizar a inscripción no programa.
Número de prazas: 50.
Prazo de inscripción:do 10 ao 31 de marzo.
Lugar de celebración: Albergue Xuvenil de Gandarío. Cornida, 20 (15167) Bergondo (A Coruña)
Datas de celebración:6, 7 e 8 de abril, 4, 5 e 6 de maio, 8, 9 e 10 xuño e 7, 8 e 9 de septembro.
Contidos do programa.
Módulo 1: Participación e empoderamentoxuvenil.
Módulo 2: Emprendemeto e novos modelos de negocio.
Módulo 3: Innovación e emprendemento social.
Módulo 4: Liderado: carácteristicas e competencias.
Horario: do venresás 18:00 horas ao domingo ás 17:00 horas.
Criterios de selección: as prazascubriranse por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a suatotalidade. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da
suapraza. Unha vez finalizado o prazo de inscripción, de non recibir comunicación antes do día 2 de abrilás 15:00 horas entenderase que non obtivopraza.
Cobertura:A actividadeinclúe manutención e aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os tútiles de aseo persoal e unha toalla.
O transporte ata o lugar de realización da actividade correrá a cargo do/a interesado/a.

Beneficiarios/as axudas ao transporte Concello de Boiro curso 2017/2018

Axudas concedidas























Axudas denegadas por esgotarse a partida orzamentaria










Modelo de xustificación que debes acompañar ca factura ata o 13 de abril(prazo máximo para xustificar)