venres, 30 de xaneiro de 2015

Cursos de inmersión en lingua inglesa

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas de 568,30 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de febreiro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en www.mecd.gob.es, en trámites e servizos.
Máis información no BOE do 29 de xaneiro de 2015 e www.mecd.gob.es

xoves, 29 de xaneiro de 2015

Programa de emprego do Concello de Boiro

O Concello de Boiro ten en marcha o programa de garantía xuvenil que contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo da mocidade.

Para máis información e inscrición no programa: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981842609 orientacion.laboral@boiro.org


formación en voluntariado

XII Curso en liña de Iniciación ao Voluntariado e Cooperación, recoñecido con 2 créditos para todo o alumnado da USC http://bit.ly/1H5iEyo

luns, 26 de xaneiro de 2015

Xornadas de coworking, que son??

Comezan os coworkingdays nos espazos galegos e esta é a programación de cada un deles:
WeKCo (Espacio de Coworking - Coruña) (A Coruña)
LUNS 26
20:00-21:30h
CHARLA “Internacionalización empresarial en Latinoamérica: Ventaxas e aspectos legais para a túa empresa ou negocio”

MARTES E MÉRCORES 27-28
Free Coworking Days 9:00-19:30h.
Mércores 28
14:30 - 15:30h
Free English Lunch
Mércores 28
9:00 - 19:30
O TEU MELLOR TI ¿para LinkedIn ou Facebook?

XOVES 29
20:00 - 21:15h
CHARLA “Claves para ter un gran blog”

VENRES 30
10:00 - 11:30h
WeKCoAlmorzo – Simón Cabarcos (Blindaxe Sport) “Soña, sí, ¡pero faino!: Da protección á personalización”


coLABORatinne (A Coruña)
XOVES 29
09:30 – 14:00
Coworking gratuito: Ven a traballar con nós de forma gratuita, para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
10:00 – 10:30
Co-Almorzo: Disfruta dun rico almorzo, mentras falamos do que é o coworking.
14:00 – 16:00
COworking COcido: coLABORatinne invita ós seus coworkers a un maravilloso cocido para celebrar o seu primeiro aniversario.
16:00 – 20:00
Coworking gratuito: Ven a traballar con nós de forma gratuita, para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
19:30 – 21:00
Demostración: 3D PRINSHOW.

VENRES 30
09:30 – 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
10:00 – 10:30
Co-Almorzo.
14:00 – 16:00
Co-mida: Comida cos coworkers de coLABORatinne para intercambiar vivencias. Trae o teu tupper, ou tamén podemos pedir algo.
18:00 – 19:00
Charla: EMPRENDEDORES.
19:30 – 20:30
Charla-Coloquio: O BO DESEÑO, unha actitude profesional.
Terminaremos tomando unhas cervezas mentras facemos un pouco de networking.

Para asistir a calqueira dos eventos os interesados deben enviar un e-mail a colabor@atinne.com indicando un nome, un teléfono de contacto o/os evento/s no/nos que desexa participar.

Magma Espacio (Ourense)
MARTES 27
9:30 - 18:30
Excursión a SENDE. Ven a traballar a un centro de Coworking Rural no parque nacional do Xurés. Aforo limitado.

MÉRCORES 28
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Ven a traballar con nós para poder coñecer o espazo en primeira persoa. Aforo limitado.
14:00 - 16:00
Co-mida. Ven a comer cos coworkers de Magma para intercambiar vivencias. Trae o teu tupper ou podemos pedir algo.
16:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.

XOVES 29
Asesoramento LinkedIn Patricia Sánchez (DREIECK social media) estará a vosa disposición para dar orientación sobre as vosas oportunidades e imaxe profesional en LinkedIn.
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
14:00 - 16:00
Co-mida
16:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.

VENRES 30
Asesoramento para emprendedores. Diego González estará a vosa disposición para resolver dúbidas sobre os vosos propios proxetos.
9:30 - 14:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
10:30 - 11:00
Co-Almorzo. Disfruta dun rico almorzo mentras nos coñecemos un pouco máis e facemos networking (patrocinado por Ecoleia).
14:00 - 16:00
Co-mida.
14:00 - 19:00
Coworking gratuito. Aforo limitado.
19:00
Posta en común. Ideas, proxetos, corworking… Tomándonos algo.

Para asistir a calqueira dos eventos tes que enviar un e-mail a hola@magmaespacio.es indicando o teu nome, un teléfono de contacto e o/s evento/s nos que queres participar.

Doutro xeito Coworking Santiago (Santiago de Compostela)
Exposición fotográfica “Música Íntima”. Do 26 ao 30 de Xaneiro. De 9:30 a 20:00
“Música íntima” é unha idea orixinal de Xaime Cortizo, fotógrafo e coworker en Doutroxeito.
Con esta exposición pretende levar a música clásica a lugares onde a priori non a atopamos, e botar abaixo barreiras e preconceptos facendo que as imaxes nos permitan un acercamento persoal e sensorial,  e que sexa a vista a que nos axude a vivir, a interiorizar, a sentir a música, en definitiva.
Xornada de portas abertas. Do 26 ao 30 de xaneiro. De 9:30 a 14:00
Podes vir a traballar connosco: Trae o teu portátil e facémosche un sitio para que experimentes como é traballar doutro xeito.
SEXY SALAD. Martes 27 e xoves 29. De 14:00 a 16:00
Trae o teu tupper, ou ingredientes para facermos unha ensalada comunitaria, coñecer aos nosos coworkers, coñecer proxectos en marcha etc.
After Work “Música Antieremita”

Onde a música e o coworking conflúen, poñemos o broche final á exposición fotográfica cunha proposta diferente para experimentarmos a música a cargo de Lucas Rei, músico e coworker en Doutroxeito.

Prazas para SVE

1 praza vacante para o Servizo Voluntariado Europeo en Praga. O proxecto comeza en febreiro ou marzo, é dun ano de duración...
Interesad@, mandar en inglés: CV e carta de motivación. O mail é voluntariadoeuropeo@paideia.es Máis información no Tel.: 981 226 777...

XV EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS








Tedes ata o 31 de marzo do 2015 para inscribirvos. Neste enlace podedes consultar as bases

Becas museos e exposicións

A Fundación Botín convoca becas de comisariado de exposicións e xestión de museos http://bit.ly/1L4TE9X

venres, 23 de xaneiro de 2015

Axudas á mocidade para actividade agraria

http://xuventude.xunta.es/2015012315132/axudas-a-incorporacion-da-mocidade-a-actividade-agraria.html

Programa para xente nova con proxectos de negocios

O programa YUZZ vai dirixido a xente nova de entre 18 e 31 anos que, de seren seleccionados, desenvolverán o seu proxecto durante 5 meses co apoio, formación e asesoramento de expertos profesionais pertecentes a empresas de prestixio.

Finalizado o proceso de formación e asesoramento, os mellores proxectos realizarán unha viaxe a Silicon Valley. Alén disto, os tres mellores proxecto do Estado recibirán unha dotación  para poñer a andar o negocio: 30.000 € para o primeiro, 20.000€ para o segundo e 10.000 para o terceiro.

A convocatoria para participar no programa está aberta ata o 19 de febreiro a candidatura deberase facer a través da plataforma www.yuzz.org

Máis información en:
SAPE-EmpregoUDC
Pavillón de Estudantes, 1º Andar
Campus de Elviña
15701 A Coruña
emprego.vedc@udc.es
https://twitter.com/Empregoudc
981167000 Ext: 2916, 2903, 2901

taller de marketing e comunicación cultural

Taller teórico-práctico no que se aplican os elementos básicos do marketing (produto, prezo, comunicación e distribución) na industria creativa e cultural para realizar un proxecto cultural a partir do diseño, planificación, realización e avaliación. Máis info

Obradoiro sobre a auga de mar e a alimentación


Curso de Formación de mediadores/as xuvenís en promoción de hábitos e estilos de vida saudable

A dirección Xeral de Xuventude propón este curso gratuíto que se impartirá do 18 de febrero ao 17 de abril con carácter semipresencial.

Neste enlace dispoñedes de máis información e da ficha de inscrición.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Para non perderse...






Unha cousa ben bonita que teremos no Centro Social o sábado ás 12h


Bolsas Erasmus+

A Universidade de Vigo convoca bolsas Erasmus+ para realizar estudos en universidades europeas http://bit.ly/1wlOvzA

Título de Bacharelato para maiores de 20 anos

No DOG de hoxe 21 de xaneiro publicouse a convocatoria da 'Proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos'. A proba realizarase o 24 de abril. De querer facela debes matricularte do 16 ao 27 de febreiro.
Neste enlace tedes toda a información sobre a proba

martes, 20 de xaneiro de 2015

Becas no sector da insdustria cultural e creativa

Beca Mariano Yera de Factoría Cultural / Madrid para emprendedores de calquera sector da Industria Cultural e Creativa.
Ofrece 12 meses de residencia gratuita con formación, asesoramento persoalizado, networking, intercambio de coñecementos... Toda a info e bases completas aquí: http://goo.gl/WPmmqL

luns, 19 de xaneiro de 2015

Axudas a aluguer de vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas ao alugamento de vivendas.
Requisitos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda en calidade de persoa arrendataria.
b) Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan en conxunto inferiores ao límite de ingresos establecido nas correspondentes convocatorias.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 € mensuais.
e) As persoas membros da unidade de convivencia deberán acreditar que se atopan ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

límite de ingresos será diferente para as unidades de convivencia en función da súa composición, expresarase en número de veces a contía anual do IPREM *:
a) Se a unidade de convivencia está composta por unha soa persoa adulta: a contía do IPREM multiplícase por 1.
b) Se a unidade de convivencia está composta por dúas ou máis persoas:
A primeira persoa adulta computa 1 vez o IPREM.
Cada persoa adicional de 14 anos ou máis computa 0,5 veces o IPREM.
Cada persoa adicional menor de 14 anos computa 0,3 veces o IPREM.

As rendas mensuais das vivendas non poderán superar os seguintes límites:
a) 600 € para as vivendas situadas nos concellos de zona territorial de prezo máximo superior: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.
b) 500 € para as vivendas situadas na zona territorial 1:
A Coruña:  Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Lugo:  Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Ourense:  Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Pontevedra:  A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
c) 400 € para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.

Contía das subvencións
O importe das axudas, poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 € anuais por vivenda.

prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 20 de febreiro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI432A
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2015 e en http://igvs.es/web/actuamos/195
* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
O IPREM publícase anualmente a través da Lei de Orzamentos.
Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

Festival Olloboi!


Xa está aberta a inscrición dos traballos para a edición do concurso audiovisual Olloboi 2015. Olloboi é un proxecto colaborativo para potenciar a creatividade e o compromiso da mocidade a través da linguaxe audiovisual. Neste enlace podedes consultar as bases

Certame de música Santiautor


venres, 16 de xaneiro de 2015

Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil

Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil na  Coruña da Dirección Xeral de Xuventude. Inscrición atao 3 feb neste enlace http://t.co/AzGLSzvxSu

Axudas á concilación

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo..

Data:
Dende o 16/01/2015 ata o 20/02/2015
Requisitos:
  • Traballadores/as que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos/as.
  • Poderán beneficiarse das axudas:
    a) Homes que se acollan á redución de xornada e sexan traballadores por conta allea, e os socios das sociedades cooperativas que pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
    b) Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. 
  • Estar inscritas no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
  • Convivir co/coa fillo/a durante o período subvencionado.
  • No caso das familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma. 
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es  Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos rexistros establecidos.
Enlace:

Procedemento

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Design Thinking:Taller de creatividade, innovación e venda emocional

http://www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1417692603640_640_480_A_eb61129ac821b514169537a6995f8e42.jpgData:31/01/2015

Data de inscrición:Dende o 05/01/2015 ata o 23/01/2015

Horario:De 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 h
Entrada:20 euros
Organizada por:Áreas de Formación
Requisitos:
Dirixido a todos aqueles profesionais que desexan ampliar as súas capacidades nos campos da creatividade, o traballo en equipo e a intelixencia emocional.
Enlace:
www.coruna.es/centroagora

Duas novas axudas no ámbito educativo

AXUDAS A TITULAD*S
800 AXUDAS P/TITULADOS/AS UNIVERSITARIOS, MINISTERIO DE EDUCACIÓN
http://bit.ly/1B0C1VK Prazo ata: 06/02/15

AXUDAS AS AMPAS
Convocadas as axudas para as ampas dos centros educativos para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da
vida familiar e laboral. info neste enlace 

Monográfico gratuíto de Novas tecnoloxías no tradicional


Programa de xuventude para emprendedores

Xuventude Promete é un programa da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.
Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.
Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.
O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

martes, 13 de xaneiro de 2015

Novos cursos Boiroverde para febreiro


Ollo!! moi interesante para estudiantes

Convocatoria de axudas para estudos universitarios.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150109/AnuncioG0164-171214-0001_gl.html

Estas axudas son compatibles cas que concede o Concello de Boiro para o transporte e que rematan este luns 19 de xaneiro.

luns, 12 de xaneiro de 2015

Prazas de voluntariado europeo

Compartindo información...

Hai prazas para un proxecto en Suecia do Servizo Voluntario Europeo, sobre a temática da permacultura e bioconstrución. Comeza o 1 de abril de 2015. Se estás interesad@ contacto en sve@amigosdaterra.net

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Becas para estudar 1º de Bacharelato en EE.UU ou Canadá


http://xuventude.xunta.es/2015010815025/bolsas-para-estudar-bacharelato-en-canada-e-en-eeuu.html

Axudas ao transporte

Bo día, recordade que tedes para solicitar as axudas ao transporte a estudiantes do Concello de Boiro ata o 19 de xaneiro e que este ano se incorpora a modalidade de transporte zona de Barbanza e Noia.

PRAZOS:
Solicitudes: do 2 ao 19 de xaneiro
Xustificación: antes do 31 de marzo

Colgamos as bases e impresos de solicitude

venres, 2 de xaneiro de 2015

Competencias dixitais

A Amtega convocará en 2015 preto de 1.000 prazas para obter a certific. galega de competencias dixitais en ofimática http://bit.ly/1BkHh2N