luns, 19 de xaneiro de 2015

Axudas a aluguer de vivenda

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas ao alugamento de vivendas.
Requisitos:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda en calidade de persoa arrendataria.
b) Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan en conxunto inferiores ao límite de ingresos establecido nas correspondentes convocatorias.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 € mensuais.
e) As persoas membros da unidade de convivencia deberán acreditar que se atopan ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

límite de ingresos será diferente para as unidades de convivencia en función da súa composición, expresarase en número de veces a contía anual do IPREM *:
a) Se a unidade de convivencia está composta por unha soa persoa adulta: a contía do IPREM multiplícase por 1.
b) Se a unidade de convivencia está composta por dúas ou máis persoas:
A primeira persoa adulta computa 1 vez o IPREM.
Cada persoa adicional de 14 anos ou máis computa 0,5 veces o IPREM.
Cada persoa adicional menor de 14 anos computa 0,3 veces o IPREM.

As rendas mensuais das vivendas non poderán superar os seguintes límites:
a) 600 € para as vivendas situadas nos concellos de zona territorial de prezo máximo superior: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.
b) 500 € para as vivendas situadas na zona territorial 1:
A Coruña:  Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.
Lugo:  Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
Ourense:  Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Pontevedra:  A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
c) 400 € para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.

Contía das subvencións
O importe das axudas, poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 € anuais por vivenda.

prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 20 de febreiro de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI432A
Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2015 e en http://igvs.es/web/actuamos/195
* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
O IPREM publícase anualmente a través da Lei de Orzamentos.
Para 2014 fixouse en 532,51 € mensuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario