mércores, 29 de decembro de 2010

Organizacions que buscan Voluntarios Europeos

A- Messzelátó Association. Budapest

Solicita dous voluntarios para proxecto na organizacin dende Xuño 2011.
  • Comeza: 01/06/2011
  • Finaliza: 31/05/2012
mais información da organizacion
http://ec.europa.eu/youth/evs/aod/hei_form_en.cfm?EID=36000287301

B- Øhavets Smakkecenter. Dinamarca

Solicita voluntarios para tres proxectos que comenzarán en Maio e Agosto 2011. Os proxectos terán duración de 10-12 meses. Os CV enviaranse a nanna.simonsen@afs.org

para máis información da organización
http://www.youthnetworks.eu/Account/Message/MyInbox.aspx

C- Asociacion ProAtlântico. Oporto

Oferta varias prazas para diversas entidades xuvenis en Portugal.

Para mais información da organización
www.proatlantico.com

todos aqueles que estedes interesados podedes ter mais información sobre estas prazas ou o servizo de voluntariado europeo na OMIX boiro(Centro Social de Boiro)


martes, 28 de decembro de 2010

viaxa a neve co programa ‘Xuventur Neve’

‘Xuventur Neve’, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, inclúe tres programas diferentes.

O primeiro programa; desenvolverase en Leitariegos (León) ao longo de 9 fins de semana entre os meses de xaneiro e marzo.
A estadía será de tres xornadas, nas que os participantes poderán practicar esquí e raquetas. O departamento autonómico ofertará nesta modalidade un total de 270 prazas.
O prezo por persoa será de 120 € para os posuidores do carné xove e de 160 € para o resto. A contía inclúe o transporte en autobús, aloxamento nun albergue en pensión completa, así como o material necesario para practicar os deportes. Os mozos e mozas terán dereito a un día de forfait e a un día de alugamento das raquetas ou do equipo completo, xa sexa para esquí carving ou para snowboard. Así mesmo, terán dereito a tres horas de clases de grupo, unha ruta guiada e unha visita de interese.

O segundo programa, no que se ofertarán 162 prazas, terá lugar en Vallnord (Andorra). Organizaranse tres quendas, dunha duración de cinco días cada unha delas, entre o 22 de xaneiro e o 12 de febreiro. Esta iniciativa terá un custe de 296 para os que dispoñan do carne xove e de 395 euros para o resto. Os servizos incluídos neste modalidade serán o transporte en autobús, o aloxamento nun hotel de tres estrelas en réxime de media pensión, así como o material necesario para esquiar e cinco días de clases e de forfait. Tamén se inclúe a comida en pista. Ademais, ofertaranse visitas opcionais a Caldea e ao Palacio de Xeo de Canillo.

O terceiro dos programas de ‘Xuventur Neve’ desenvolverase en Candanchú (Huesca) ao longo de cinco días.
A Dirección Xeral de Xuventude ofertará 60 prazas, divididas en dúas quendas: a primeira será do 20 ao 25 de febreiro e a segunda do 27 de febreiro ao 3 de marzo.
O prezo para esta iniciativa será de 352 euros para os posuidores do carné xove e de 470 euros para os que non teñan este documento. Neste caso, o prezo inclúe o desprazamento en avión desde A Coruña e o aloxamento nun hotel de dúas estrelas en réxime de media pensión. Tamén está contemplado o aluguer do equipamento, así como 5 días de forfait e dúas horas de clase diarias.

O prazo para anotarse a calquera de estes tres programas abrirase o próximo 7 de xaneiro

Mais información www.xuventude.net

Bolsas para estudios de master universitario

A Consellería de Educación convoca 50 bolsas para a realización de estudos oficiais conducentes ao título de máster universitario, coa finalidade de contribuír á especialización dos estudantes na súa formación académica, profesional ou investigadora.

A duración da bolsa é de 6 meses comprendidos entre xaneiro de 2011 e xuño de 2011.
A dotación da bolsa será de 600 € mensuais.

Requisitos:
a) Ter rematado os estudos universitarios conducentes á titulación universitaria de grao, ou titulación equivalente para efectos de acceso ao máster universitario, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e ter cursados os últimos 3 anos académicos destes estudos, nunha universidade pertencente ao sistema universitario de Galicia (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo).
b) Non estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) ou dun título de doutor/a.
c) Non ter gozado dalgunha bolsa das concedidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización de estudos de terceiro ciclo ou máster universitario.
d) Estar matriculado, no curso académico 2010-2011, dun mínimo de 60 créditos nun máster universitario de carácter presencial impartido nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela, ou Vigo.
e) Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 2 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes: 24 de xaneiro de 2011.

Máis información no DOG do 23 de decembro de 2010 e en www.edu.xunta.es

mércores, 22 de decembro de 2010

Boas Festas!!!

Tod@s os que formamos parte do proxecto leñaverde desexamosvos novamente que teñades un ano cheo de Creatividade.

Boas Festas!!!

Ultimos días para solicitar transporte universitario

O prazo para solicitar as axudas de transporte universitario que convoca o concello de Boiro
remata o día 31 de decembro do 2010.
Os destinatarios de estas axudas son o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou
superiores, ou para o alumnado con necesidades educativasespeciais, no curso 2010-11.
As bases e solicitudes podense descargar dende a paxina web do Concello, ou recoller no
Centro Social de Boiro.


luns, 20 de decembro de 2010

Bolsas para ampliación de estudos curso 2011-2012 do Banco de España

O Banco de España convoca cinco bolsas, cuxo obxecto é proporcionar axuda financeira para a ampliación de estudos no estranxeiro e titulacións de másteres oficiais en España durante o curso académico 2011-2012. Estas cinco bolsas destinaranse a financiar a ampliación de estudos no estranxeiro ou en España, sobre temas de economía, en especial sobre cuestións relativas a teoría macro e microeconómica, economía monetaria e financeira, economía internacional e econometría.

Requisitos dos candidatos
Poderán optar ás bolsas obxecto desta convocatoria todos os españois que vaian iniciar ou completar a ampliación de estudos no estranxeiro ou en España e que estean en posesión do título de licenciado universitario ou doutro análogo a xuízo do Banco de España.
Con carácter excepcional, admitiranse solicitudes de alumnos matriculados no último curso da súa carreira. En estes casos, a adxudicación da bolsa entenderase condicionada a que o candidato ostente a titulación superior o día 1 de setembro de 2011.
O beneficiario dunha bolsa deberá coñecer suficientemente o idioma do país onde vaia realizar os seus estudos e investigacións, de maneira que poida aproveitar axeitadamente as correspondentes ensinanzas.

Solicitude e prazo de presentación
Os interesados deberán cumprir o correspondente formulario de solicitude, que poderá obterse directamente do sitio web do Banco de España, no seu Rexistro Xeral ou en calquera das súas sucursais. O formulario de solicitude e toda a documentación que a continuación se relaciona deberán enviarse ao correo electrónico rho.investigacion-becas@bde.es, antes das 14 horas do 11 de febreiro de 2011.Excepcionalmente, o trámite de entrega citado poderá ser substituído polo envío da documentación por correo,preferiblemente a unha cara, sempre e cando teña entrada no Banco de España antes da data sinalada.

Información
Telefónica: 91 338 6834 (lunes a viernes, de 9 a 14 horas)

Bolsas de xestión da teleformación na EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP.

Os/as destinatarios/as desta bolsa recibirán formación titoriada e colaborarán na aplicación formativa das novas tecnoloxías aos empregados públicos.

As actividades de formación iniciaranse o 1 de febreiro de 2011 e rematarán o 31 de decembro de 2011.

O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais.

Requisitos: Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (informática de sistemas, desenvolvemento de aplicacións informáticas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de produtos electrónicos e informática de xestión).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de xaneiro de 2010.

Máis información no DOG do 17 de decembro de 2010 e en http://egap.xunta.es

xoves, 16 de decembro de 2010

Ofertas SVE

A Asociación The Wildlife Rescue Centre Ostend(Bélgica)busca 4 voluntarios para un Servizo de voluntariado Europeo de curta duración(2 meses) en Junio e en Setembro.

Se estades interesados debedes enviar os Cv e Carta de Motivación ao seguinte enderezo;
voc.oostende@vogelbescherming.be

Indicando que mes poderias realizar o Servizo de Voluntariado

Requisitos:

Dominio de Ingles
Sensibilidade polos animais

mais información sobre o servizo de voluntariado europeo...http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=5&pag=0

BOLSAS ARGO GLOBAL

Bolsa publicada en: http://becasargo.es

Entidade convocante: Programa Argo Global

Localidade: Estranxeiro

Descrición: Bolsas para titulados universitarios en Europa, Asia, EEUU e Canadá. Duración de 3 a 12 meses

Inscrición e prazo: http://becasargo.es

BOLSA para LICENCIADO en SOCIOLOXÍA


Entidade convocante: Consejo Económico y Social

Localidade: Madrid

Descrición: Convocatoria de concurso para a adxudicación de 1 bolsa para a realización de estudos e traballos, para licenciados/as en socioloxía

Inscrición e prazo: 20 días naturais, contados a partires do seguinte ao da publicación no BOE

mércores, 15 de decembro de 2010

Ultimas prazas para o Programa Invernízate con Nos


Invernizate con nos é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña)
durante a tempada de outono e inverno.

De entre as actividades nas que se poderá participar, destacan:

Recoñecemento de estrelas
Orientación nocturna
BTT
Tiro con arco
Corda tirolesa
Iniciación ao rapell
Orientación
Xogos tradicionais INVERNÍZATE CON NÓS
Dinámica de grupos ACTIVIDADES NA NATUREZA
Rutas de sendeirismo
Obradoiro de recoñecemento fotográfico da paisaxe
Obradoiro de construcións

As Inscripcions debedelas realizar no Centro Social de Boiro, na oficina OMIX.

Exposición de Decembro no Centro Social

Exposicion de Pintura e Escultura do Artista local Manuel Silva "Bisgue"

Este Sábado 18 as 20.00h ináugurase a Exposición D-Construccions de Bisgue.

Esta exposición estará dende o 18 de Decembro ata o 31 de Decembro.

Non a perdades!!!

Para a inauguración haberá música en directo.

ultimos días para inscribirse no Congreso de Mobilidade Xuvenil

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 18 de decembro as II Xornadas de Mobilidade Xuvenil, que terán lugar na Facultade de Mediciña en Santiago de Compostela.
O encontro pretende reunir os mozos e mozas participantes nos programas de mobilidade “Xuventude en Acción” e “Programa galego de mobilidade: A xuventude no mundo”, que realizaron os proxectos nos países de Europa e países veciños.
O obxectivo principal deste encontro é intercambiar as experiencia adquiridas nos diferentes programas de mobilidade xuvenil nos que participaron os mozos e mozas galegos e estranxeiros, tanto en Galicia como fóra.
Mediante os obradoiros, exposicións e conferencias que se van realizar neste encontro, os mozos e mozas que xa participaron nos distintos programas de mobilidade poderán profundizar nos seus coñecementos e ao mesmo tempo, animar a participar os mozos e mozas sen experiencia.
O encontro vai ter lugar o 18 de decembro en Santiago de Compostela.
Para inscribirse, as persoas interesadas teñen que cubrir e enviar o formulario de inscrición que se atopa no apartado de información do encontro das “II Xornadas de Mobilidade Xuvenil” dentro da páxina web www.xuventude.net

venres, 3 de decembro de 2010

CLUBE DE LECTURA NA Biblioteca Publica de Boiro

Como algúns xa saberedes a biblioteca Pública da Cachada puxo en marcha unha interesante iniciativa para fomentar a lectura: os Clubs de lectura.

O vindeiro correspóndelle ao libro "Balzac y la joven costurera china" de Dai Sijie, a partir do 18 de novembro podedes recoller o libro na biblioteca . Haino que ter devolto o xoves 16 de decembro.

O plan das xuntanzas é o seguinte:
Xoves 2 de decembro ás 19.30 na biblioteca para comentar a 1ª e 2ª parte.
Xoves 9 de decembro ás 19.30 horas na biblioteca para comentar a 3ª parte.
Xoves 16 de decembro ás 19.30 horas para ver a película baseada no libro.

se queredes máis información na Biblioteca vos informarán das próximas xuntanzas e libros que se realizaran en clube de lectura. animádevos!!!

Curso de Información e Documentación xuvenil

Organiza: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Destinatarios: Persoas que traballen na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, universitarios e estudiantes da rama social (información e documentación, humanidades, educación social, traballo social, maxisterio, pedagoxía, ciencias da comunicación, psicoloxia...) e TASOC.

Criterios de selección: Terá prioridade o persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e os solicitantes que no último ano non se lle concederá ningún curso relacionado coa información xuvenil.

Duración: 80 horas.

Número de prazas: 30

Data de inicio: 10 de xaneiro de 2011

Data de finalización: 25 de febreiro de 2011

Inscripcións: www.xuventude.net

mércores, 1 de decembro de 2010

Viaxe a neve, a Estación invernal de San Isidro (León) do 14 ao 16 de Xaneiro

A asociación Borobó e o Concello de Boiro organizan unha viaxe a Estación Invernal de San Isidro en León para os días 14-15 e 16 de Xaneiro de 2011.

Nº de prazas:
44 participantes.

Idade:
18 a 35 anos

Data de inscripción:
do 1 de Decembro ata o 30 de decembro

Saída: Venres 14 as 12 da noite diante da Casa da Cultura Ramón Martinez lópez.
Regreso. Domingo 16 de xaneiro as 17.00h.

O prezo por participante é de 85 € (o prezo deberá ser abonado previo ao día da viaxe) e leva incluído.

§ Transporte de ida e volta.
§ Aloxamento no Albergue A Felechosa co almorzo incluido.
§ Forfait para o fin de semana.

O Aluguer dos equipos de esquí (esquís, botas e bastones)será opcional non estando incluído no prezo(14€ por persoa e dia) e se podera alugar na tenda de aluguer da Deputaciòn de Leòn

Para mais información ou reserva de praza podedes acudir ao Centro Social de Boiro ou chamar ao teléfono 620 970 072 ata o 30 de Decembro.

BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO


Xa podedes solicitar as AXUDAS AO DESPRAZAMENTO nos destinos Santiago- A Coruña- Pontevedra e Vigo que concede o Concello de Boiro para o curso 2010-2011.


Prazo:

O prazo para solicitalas e dende o 1 de Decembro ata o 31 de Decembro 2010.


Documentos a presentar:

a) Certificado ou resgardo da matrícula.

b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas).

c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.

d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.

e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.

f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.

g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.


Lugar de solicitude

Oficina de Rexistro do Concello de Boiro( 1º Andar)

As instancias oficiais poderanse recoller no Concello, no Centro Social ou descargalas dende a páxina web do Concello de Boiro(www.boiro.org).


máis información Centro Social de Boiro



10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

  • Destinatari@ s: Persoas que reúnan os seguintes requisitos:
  1. Ter rematados os estudos conducentes á obtención do título de arquitect@, arquitec@ técnic@, ou licenciad@ en administración e dirección de empresas, economía ou dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010 e ter abonadas as taxas para a expedición do correspondente título oficial.
  2. Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
  3. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa destas características no IGVS, de duración superior a 6 meses.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xaneiro de 2010.
Mais información DOG Nº 231 do Mércores, 1 de decembro de 2010