A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 18 de decembro as II Xornadas de Mobilidade Xuvenil, que terán lugar na Facultade de Mediciña en Santiago de Compostela.
O encontro pretende reunir os mozos e mozas participantes nos programas de mobilidade “Xuventude en Acción” e “Programa galego de mobilidade: A xuventude no mundo”, que realizaron os proxectos nos países de Europa e países veciños.
O obxectivo principal deste encontro é intercambiar as experiencia adquiridas nos diferentes programas de mobilidade xuvenil nos que participaron os mozos e mozas galegos e estranxeiros, tanto en Galicia como fóra.
Mediante os obradoiros, exposicións e conferencias que se van realizar neste encontro, os mozos e mozas que xa participaron nos distintos programas de mobilidade poderán profundizar nos seus coñecementos e ao mesmo tempo, animar a participar os mozos e mozas sen experiencia.
O encontro vai ter lugar o 18 de decembro en Santiago de Compostela.
Para inscribirse, as persoas interesadas teñen que cubrir e enviar o formulario de inscrición que se atopa no apartado de información do encontro das “II Xornadas de Mobilidade Xuvenil” dentro da páxina web www.xuventude.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario