Aberto o prazo para solicitar os ciclos formativos de FP:
mércores, 29 de xuño de 2016
martes, 28 de xuño de 2016
Voluntariado europeo
Praza vacante para #EVS #SVE,
SERVIZO VOLUNTARIADO EUROPEO: Dende Amigos da Terra estamos buscando a
dous voluntarios/as para un proxecto medioambiental en un centro
ecolóxico en Eslovaquia, de Xulio a Setembro, durante 3 meses. Aqui
tedes a descrición do proxecto: Para mas información contactar en
sve@amigosdaterra.net
xoves, 16 de xuño de 2016
Campamento urbano de verán 2016
Xa podedes inscribirvos no campamento de verán do Concello de Boiro para rapaces de 4 a 12 anos neste enlace e recordade que para 12 ata 14 anos no Centro Social de Boiro temos un campamento tecnolóxico no mes de xullo.
luns, 13 de xuño de 2016
martes, 7 de xuño de 2016
Proceso de selección para contratación de socorristas en Boiro
- Convocatoria de proceso selectivo para confección de lista de cobertura temporal
- Instancia.docx
- Anuncio e bases socorristas 2016.pdf
xoves, 2 de xuño de 2016
Exposición etnográfica en Boiro
Mar de Boiro, exposición etnográfica mariñeira, transmítenos a influencia que a pesca e o marisqueo teñen no noso pobo. Hoxe en día, a pesca mantén unha actividade de importancia, con nove agrupacións de pescadores e mariscadores activas e dúas conserveiras que proporcionan un importante número de postos de traballo.
Marisqueo de bivalvos, marisqueo de crustáceos e cefalópodos, pesca de baixura, mexillón e a gamela son os espazos expositivos da mostra na que atoparás antigas artes de pesca usadas tradicionalmente polos pescadores.
HORARIO:
Do 15/05/16 ao 15/09/16
De martes a domingo
De 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:30
Do 16/09/16 al 30/10/16
De 17:00 a 20:00
Porto comercial, nave 19. 15939 Cabo de Cruz . Boiro (A Coruña) Telf. 981842654
Axudas a proxectos innovadores
Se tes unha idea innovadora no ámbito de internet, deseño, creación
artística e plástica ou xestión cultural, desde hoxe e ata o 8 de xullo,
podedes presentarvos aos IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco. Da man
de Afundación e ABANCA, e co apoio do IGAPE, o gañador de cada categoría recibirá 2.000€ en metálico e a incorporación gratuíta durante doce meses ao Centro de Emprendemento Gaiás - CEM do Gaiás.
+ info neste enlace
+ info neste enlace
mércores, 1 de xuño de 2016
Ofertas para nenxs para o verán
En breve sairá a oferta de campamentos de verán que oferta a Casa da Cultura, pero xa vos imos deixando esta interesante proposta que oferta o centro La Doce en Boiro.
Este ano tamen teremos en xullo un novidoso campamento tecnolóxico para rapaces de 9 a 11 anos no Centro Social de Boiro no que xa podedes anotarvos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)