mércores, 27 de marzo de 2013

CONCURSO DE DESEÑO PARA UNIVERSITARIOS

A Fundación Banco de Santander convoca un concurso de deseño para universitarios
e estudantes de ensino superior, cuxo obxectivo é fomentar, recoñecer, difundir e premiar
a creatividade e o talento no marco do deseño e entre este colectivo.

Defínense cinco categorías temáticas ás que se poderán presentar as obras ou proxectos a concurso:

Espazos e interiorismo
Industrial ou produtos
Gráfico
Moda e téxtil
Dixital

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 6 de xuño de 2013
Máis información en  http://talentosdesign.fundacionbancosantander.com

Bolsas e premios da Deputación da Coruña

  • Bolsas para deportistas
  • Concurso de viñetas pola igualdade real
  • Concurso de Rock 
  • Certame de Artes Plásticas; Isaac Díaz pardo 
  • Premios de Teatro Rafael Dieste
  • Premio de Literatura infantil; Raiña Lupa
  • Premio de Composición Músical, Andrés gaos
  • Premio de ensaio; Manuel Murguía
  • Premio de Narrativa; Torrente Ballester
  • Premio de Banda Deseñada Castelao
  • Premio de arte gráfica; Jesús Núñez 

Información en  http://www.dicoruna.es/portada/



bolsas MAEC-AECID, para cidadáns españois e da Unión Europea residentes en España para o curso académico 2013-2014

Programa II.A: Bolsas para no Colexio de Europa, Campus de Bruxes (Bélxica) e Natolin (Polonia)
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de abril de 2013.
Duración: 9 meses e medio, a partir do 16 de setembro de 2013.
Requisitos específicos:
Posuír título de licenciado ou grao, ou ser estudante de último ano de grao.
Dominio de inglés e francés.
Cumprir cos requisitos do Colexio de Europa, remitíndolle directamente o seu propio impreso 
de solicitude de praza e a documentación específica que solicita (descargar en: www.coleurope.eu), 
nos prazos estipulados polo Colexio. Cumprir cos requisitos da convocatoria de Bolsas MAEC-AECID, 
enviando a solicitude de bolsa por vía telemática (descargar en: www.aecid.gob.es).

Programa III.A. Bolsas para prácticas de Xestión Cultural para o Desenvolvemento en Centros Culturais, 
Oficinas Técnicas de Cooperación da AECID, Representacións Diplomáticas ou Consulares de España no
exterior ou nos Servizos da Dirección de Relacións Culturais e Científicas en Madrid.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de abril de 2013.
Duración: ata 1 ano a partir de outubro de 2013.
Requisitos:
Ser menor de 30 anos no momento de incorporarse ao destino.
Posuír título de licenciado ou equivalente, en áreas afíns á xestión cultural, cooperación cultural 
ao desenvolvemento, xestión de programas de capacitación técnica e relacións internacionais
Destinos: paises de Europa, EE.UU, Canadá, Australia, Iberoamérica, Asia-Pacífico e Africa

Programa III.B. Bolsas para prácticas de deseño gráfico e campañas de comunicación de estratexias 
e programas culturais na Dirección de Relacións Culturais e Científicas da AECID en Madrid.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de abril de 2013.
Dotación: 1500 € mensuais.
Duración: Ata 1 ano, a partir do 1 de xullo de 2013, prorrogable por un ano máis.
Requisitos específicos:
Ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao destino.
Posuír título de máster en deseño gráfico e web.

Máis información no BOE do 26 de marzo de 2013 e en www.aecid.gob.es

Ofertas de traballo aquí e un pouco máis alá

Camarera
Necesítase camarera de 18 a 29 anos
Cafetería Rick´s(Boiro)
Máis información

Atención ao cliente, tecnoloxía, operacións, recursos humáns e finanzas
Yahoo ofrecerá traballo a 200 personas de distintos perfís profesionais na súa sede de Dublín
Maís Información

Ciencias Políticas/Dereito/ Relacións internacionais
En Suiza
Más información:

Carpinteros, electricistas, mecánicos, fontaneiros e chapistas
Para Munich
Máis Información

Últimas prazas para o curso Novas tecnoloxías: Ferramentas para o traballo no tempo libre e dinamización xuvenil




A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado mantén aberto o prazo de inscrición no  curso gratuíto Novas tecnoloxías. Ferramentas para o traballo no tempo libre e dinamización xuvenil,  que se vai a desenvolver en Santiago de Compostela durante o mes de abril e que abordará contidos relacionados coas ferramentas e aplicacións web no eido do tempo libre e a dinamización xuvenil.
As persoas  interesadas só tedes que cubrir o formulario web de solicitude no enderezo: http://xuventude.xunta.es/plan-de-formacion-no-eido-do-tempo-libre-2013.html

martes, 26 de marzo de 2013

Formación gratuíta para mozos desempregados

Cursos:

- Técnico de Internacionalización: 96 horas presenciais + 54 horas de Prácticas Non Laborais en empresas.
- Innovación na Relación cos clientes: E-Commerce e Community Management: 96 horas presenciais + 54 Horas de Prácticas Non Laborais en empresas.

Para solicitar máis información neste enlace ou no teléfono gratuito: 900.100.957

Formación gratuíta para o emprego

A partir do 1 de abril podedes inscribirvos na Cruz Vermella de Boiro(3º andar Centro Social) na oferta formativa que levará a cabo durante os meses de abril a xuño.



ABRIL
9,10,11/04/13  16.30- 18.30   Iniciación á  informática                       
25/04/13          16.30-18.30    Mellora a túa búsqueda de emprego na rede.
           
MAIO
7 ,8,9/05/13     16.30-18.30    Habilidades sociais e comunicación para a búsqueda de emprego                   
23/05/2013      16.30 -18.30   Autoestima e imaxe persoal     
           
XUÑO
4,6/06/13         16.30 -18.30   Como superar con éxito unha entrevista de traballo
20/06/2013      16.30 -18.30   A motivación laboral.  

Obradoiro de escrita creativa



5 e 6 de abril no auditorio de Rianxo

Curso básico sobre violencia de xénero en Santiago de Compostela


Data de realización: 4, 5, 8 e 9 de abril de 2013 das 11:00 ás13:00 horas

Lugar de realización: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Praza do matadoiro s/n (Santiago de Compostela).

Data de inscrición: do 20 ao 30 de marzo de 2013.

A inscrición no curso farase mediante o seguinte formulario e os participantes seleccionados recibirán un correo de confirmación. : FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

 Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Tfno: 881 997 607/ Tfno 2: 881 997 604
Praza do matadoiro s/n. Santiago de Compostela

luns, 25 de marzo de 2013

Programación cultural na Semana Santa

Para todos aqueles que quededes pola zona..hai moito que facer a pesar da chuvia!!!

Xoves 28 de marzo

21.00 Actuación de Mofa e Befa
Pousada das ánimas(Boiro)

22.30h Concerto de Lulu(Forraje)
Noite meiga 2.0(Ribeira)

23.00h Pinchada de Dani Fontaíña
A Caseira(Ribeira)

23.15h Monólogo de Carlos Blanco
Cervecería Guilligans Boiro


Venres 29 de marzo

22.00h Concerto de Agoraphobia
Mesón A Rúa(Catoira)


23.00h Concerto de Lulu(Forraje)
Pousada das ánimas(Boiro)


Sábado 30 de marzo

22.30h Concerto de Ivan Ferreiro
Pousada das ánimas(Boiro)

+

Festival Seara 2013

Ruta de senderismo

venres, 22 de marzo de 2013

Oferta formativa con prazas libres en abril







Na Mancomunidade ArousaNorte propoñen a seguinte formación(*para máis info teñen a oficina no concello de Boiro no1º andar)


2 bolsas de formación no estranxeiro

A Fundación Botín convoca dúas bolsas no estranxeiro destinadas a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dun xeito integral.
O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (dende as vangardas á actualidade).
A dotación da axuda é de 18.000 euros (en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc.) aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 euros destinados ao aboamento da matrícula no centro de formación elixido. O prazo de solicitude finaliza o 3 de maio de 2013. Máis información na seguinte web da fundación.

Parece que chover...choverá






Recén saído do forno!!!

xoves, 21 de marzo de 2013

Esta fin de semana..toca

Venres 22 de marzo

20.00h Recital Leñaverde da Escola de Música de Boiro
Local Leñaverde(Centro Social de Boiro)

 
20.30h Concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira 
Auditorio de Rianxo

20.30h Presentación do suplemento cultural nº 38 da asociación Barbantia e do libro Ocultos, animais extraordinarios de Xulio Gutierrez e Nicolás Fernández.
Galería Sargadelos(Boiro)

 21.00h V Aniversario Asociación Aturuxo
Mesa redonda sobre asociacionismo cultural na comarca e música ao vivo
Local aturuxo(Boiro)

22.00h Festa da Chuvia 
ata o domingo en Ribeira

 22.00h Concerto de Vadim Yukhnevich trio 
Pousada das Ánimas(Boiro)


Sábado 23 de marzo

20.30h Concerto de Música de Cámara

Auditorio de Rianxo

+ sábado
V Aniversario Asociación Aturuxo
Xantar popular, música tradicional e máis
Info en Local aturuxo(Boiro)



Festas na parroquia de Brión(Rianxo) na honra á Virxe dos Desamparados.
Programación 

+venres e sábado
 festival FIV 2013(Vilalba)

Recursos para a procura de emprego

Se queres coñecer os recursos dos que dispón na Comarca para procurar un traballo, mañá venres no Centro Social de Boiro de 11h a 13h na aula Cemit(1º andar) contaremos con algunhas das persoas que se encargan de levar servizos para a búsqueda de emprego en Boiro e arredores. Estarán a coordinadora da EBAE, a encargada do departamento de emprego de ArousaNorte e máis.

A charla é gratuíta só tes que inscribirte no noso mail previamente

mércores, 20 de marzo de 2013

A oferta para os cativos en semana santa






Inscricións
no Centro Social
Prazas limitadas













Oferta de emprego para verán en Baiona

O camping Baiona Playa, oferta 67 postos de traballo para: Recepcionistas, Persoal de limpeza; Socorristas; Peóns, Xardineiros, Dependentes de supermercado, Cociñeiros e axudantes de cociña e persoal de seguridade. Os interesad@s chamar ao teléfono 986350035

Curso sobre música de cine gratuíto

Queres saber máis sobre a música no cine? Aprende máis sobre o papel da música nas películas, como se fai unha banda sonora no cine. Atoparás as respostas con Sergio Pena, compositor de bandas sonoras
Apúntate na conserxaría da EOI Santiago. O curso será  o xoves 21 de marzo de 11:00 ás 14:00h no salón de actos da EOI.

Festival CoruñaMayúscula

 

O Festival CoruñaMayúscula é a celebración da palabra. Unha festa que vai durar cinco días (do 20 ao 24 de marzo de 2013) e na que se mostrará a diversidade de formas nas que a palabra se manifiesta na actualidade: palabra lida, palabra papel, palabra electrónica, palabra tecnolóxica, palabra en movemento, palabra visual, mordida e mastigada, palabra en imaxes, palabra ilustrada porque todo, sen dúbida, comezou cunha palabra. Máis Info

Saídas profesionais da ilustración




Este xoves as 12:30h, Charla de Guitián sobre as saídas profesionais da ilustración, no espazo 16 de Pontevedra

Programa de formación: Xuventude Emprende

Dentro do programa Xuventude Emprende levaranse a cabo unhas xornadas formativas no Albergue Xuvenil de Gandarío
Os obradoiros desenvolveranse  os días 25, 26 e 27 de marzo dirixidas a estudantes de bacharelato ou ciclos formativos de grao medio.
No primeiro, titulado ‘Comunicación e relacións humanas emprendedoras’, abordarase a capacidade de comunicación nun 
entorno onde as relacións se establecen por confianza. Traballarase a psicoloxía e socioloxía da linguaxe tanto verbal e non verbal e a comunicación
para ser mais eficaces e o reforzo de actitudes para ser mais influentes.
O segundo dos obradoiros será o de ‘Comunicación para falar en público’, que ten por finalidade saber defenderse con fortaleza e seguridade 
en calquera situación onde se teña que falar en público.
Esta actividade chamada Xuventude Emprende inclúe o aloxamento, durante os tres días. Os participantes desenvolverán competencias emprendedoras
como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. 
Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.
 
Maís Información 

Curso básico sobre violencia de xénero en Santiago de Compostela

O Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil convoca un curso básico sobre violencia de xénero que terá lugar en Santiago de Compostela.
Destinatarios/as: mozos e mozas interesados de 18 a 25 anos de idade posuidores do Carné Xove.
Data de realización: 4, 5, 8 e 9 de abril de 2013 das 11:00 ás13:00 horas
Máis información: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Tfno: 881 997 607/ Tfno 2: 881 997 604

 FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Prazas no Programa Aula Xuventur

Aula Xuventur está dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos e non teña cumpridos os 18 anos.

ACTIVIDADES
Interpretación do patrimonio: gran descuberta polo Lugo romano con xogo de orientación con gps.
  1. Cartografía e planimetría.
  2. Xogos de orientación urbana.
  3. Xogo de rol interpretativo.
O teatro interpretativo no patrimonio histórico- artístico: gran xogo de construción do lipdub urbano.
  1. Dinamización urbana a través do lipdub.
  2. Aplicacións tecnolóxicas para o lipdub: aula videocreación.
 Fotografía creativa.
  1. O ollo que todo o ve: obradoiro de fotografía creativa.
  2. Exposición fotográfica na rúa coas creacións fotográficas dos rapaces: Lugo Romano: creatividade entorno á cidade da Muralla Bimilenaria.
 A natureza da cidade: reserva da Biosfera: coñecemento do entorno de Lugo a través da actividade físico- deportiva relacionada co xeocaching, a BTT e a escalada en rocha.

Descarga aqui o PDF informativo

martes, 19 de marzo de 2013

Para os amantes da chuvia

Aínda nos agardan máis sorpresas pero por agora esta fin de semana a FESTA DA CHUVIA de Ribeira nos trae..
- Ruta no Barco da Chuvia 23 de marzo de 13:00 - 19:30(gastronomía+música)
(XA ESTÁ COMPLETO PERO PÓDESE ANOTAR EN LISTA DE ESPERA NA WEB: www.arousa.com)

- II Ruta de Sendeirismo 24 de marzo
(INSCRICIÓNS E TODA A INFO NA WEB: www.arousa.com)

- I Concurso de Tapas 24 de marzo de 12:30 - 15:00
Nos establecementos participantes podedes recoller a tarxeta de participación que vos sellará cada establecemento ca consumición, cas vosas votacións podedes optar ao premio dunha noite nunha cabaña tradicional e o local premiado con máis votos, a unha actuación no local.

- Sesión Vermut o 24 de marzo no "Capitán Morgan"
Cas actuacións de:

Certames e concursos

III concurso fotográfico: cidadanía inclusiva, pobreza e exclusión social en Galicia

EAPN Galicia

IV concurso de viñetas "pola igualdade real"

Deputación da Coruña

Ciclo cinema no Capri(Ribeira)



Mércores 20 de marzo as 22:00h no Bar Capri(Ribeira)

El guateque. Hilaridad con Peter Sellers.

Cativ@s Creativ@s


 
Unha boa proposta para os cativ@s en Semana Santa... Obradoiro de customización de roupa e elaboración de broches os días 25,26 e 27 de 11h a 13.30h.
O venres remata o prazo para inscribirse. Podes pedir máis información e inscribirte no Centro Social de Boiro.

Cursos novas tecnoloxías con prazas libres

Inicio á mecanografía
Do 11 a 30 de de abril(martes e xoves)
de 19h a 20h
Ferramentas educativas para pais/nais
16 e 18 de abril de 19h a 20h

Inscricións neste enlace ou no mail omix@boiro.org


luns, 18 de marzo de 2013

Ciclo rede de músicas soltas

Ciclo de concertos no auditorio de Rianxo a un prezo de 5 euros.Concertos

Acrobata na RMS
venres, 26 de abril
Fdez & Quintá na RMSvenres, 24 de maio
Sérgio Tannus na RMSvenres, 14 de xuño
Jazzologia na RMSvenres, 18 de outubro
Davide Salvado na RMSvenres, 22 de novembro

Listas de contratación limpeza e axuda no fogar en Rianxo

O Concello de Rianxo vai crear dúas listas de contratación temporal: unha para persoal de limpeza e outra para auxiliares de axuda no fogar. Neste enlace tes as bases e as instancias.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación.

Formación que impartirá ArousaNorte

“ auxiliar de cociña e sala”

100 h
Boiro e Ribeira
15,16,17,18,19,22,23,24,25,26,29,30 de abril, 6,7,8,9,10,13,14,15,16,20,21,22 e 23 de maio
Horario: de 9.00 a 13.00 h
“procura activa de emprego”

20 h
Boiro
4,5,6,11,12 e 13 de xuño
Horario:de 16.30 a 20.30 h
“a lei de estranxería aplicada ao emprego”
24 h
A Pobra do Caramiñal
20,21,23,27,28,30 de maio
Horario: de 16.30 a 20.30 h
“a contratación de inmigrantes”

5 h
Ribeira
27 de xuño de 2013
Horario de 15.30 a 20.30 h

“ a accesibilidade como oportunidade de negocio”
20 h
Rianxo
16,17,18,23 e 24 de abril
Horario: de 16.30 a 20.30 h
Boiro
6,7,9,13 e 14 de maio
Horario: de 16.30 a 20.30 h
“aproveitamentos forestais e non forestais na serra do Barbanza”

40 h
Boiro
11,12,18,19,25,26 de abril e 2,3 de maio
Horario: de 4.00 a 21.00 h
Ribeira
6,7,13,14,20,21,27 e 28 de maio
Horario: de 15.30 a 20.30  h
Rianxo
8,,9,15,16,22,23,29 e 30 de abril
Horario: de 15.30 a 20.30  h
A Pobra do Caramiñal
9,10,23,24,30,31 de maio e 6,7 de xuño
Horario: de 15.30 a 20.30  h
“presentación dun proxecto de viabilidade adaptado á realidade dos nosos montes”

4 h
Rianxo
14 de xuño de 2013
Horario: de 16.00 a 20.00 h

Programa IDA (estancias prácticas en Alemania).

Tedes ata o 20 de marzo para solicitar a vosa participación no programa de prácticas en Alemania da Xunta de Galicia, neste enlace podes atopar información detallada das condicións:






Obradoiros de creación de velas artesanais
Nos meses de abril e maio en Trafego artesanía impartirán obradoiros de creación de velas artesanais, para máis información
TLF: 981.849804 / 669.497069
EMAIL: dr_stb@hotmail.com

Bolsas para estudiantes

Bolsas para aprender chino do instituto Confucio
-Bolsa de dous anos de Máster da Ensinanza de Chino como Lingua Estranxeira.
-Bolsa modalidade paquete dun ano de lingua e dous anos de máster.
-Bolsa dun ano ou -Bolsa dun semestre.

Información de contacto:
Páxina web: http://institutoconfucio.ugr.es/ Email: iconfucio@ugr.es

Máis información: http://institutoconfucio.ugr.es/

Bolsas para formar directivos en China e India
Convócanse 7 bolsas para graduados universitarios, licenciados e titulados superiores para cursar estudos de dirección de empresas (MBA) en China e India
Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/asia_es.html

Bolsas en China  no campo das Telecomunicacións e a Investigación tecnolóxica.
Requisitos e máis información: http://www.eoi.es/blogs/innovahuawei/

Bolsas Faro para Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá
Máis información: http://www.becasfaro.es/home.php
 

Inmersión lingüística para o verán de 2013

O Ministerio de Educación convoca 2.200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de agosto de 2013, para alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO.
Requisitos xerais que deberán cumprir todos os solicitantes:
a) Poderá optar a estas axudas o alumnado que no presente curso 2012/2013 estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos, nalgún dos cursos mencionados a continuación:
Quinto curso de Ensino Primario.
Sexto curso de Ensino Primario.
Primeiro curso de Ensino Secundario Obrigatorio.
b) A idade dos participantes non poderá superar os 13 anos a data 31 de decembro de 2013.
C) A nota media do curso 2012/2013 terá que ser notable na asignatura de inglés e notable como nota media do curso 2012/2013.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2013.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2013 e en www.educacion.es

venres, 15 de marzo de 2013

Obradoiros para nen@s

Xa podedes inscribirvos nos cursos que impartiremos no Centro Social para nen@s o luns, martes e mércores de Semana Santa. Prazas limitadas!!!

 


Obradoiro de moda creativa













 Presentacións dixitais

Bolsas prácticas para estudiantes


Bolsas para realizar prácticas profesionais destinadas a estudantes de Arquitectura e novos arquitectos

Requisitos:
Ter superado, nalgunha Escola Española de Arquitectura, como mínimo, o 60% dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto ou Estar matriculado no curso 2012/2013 nalgunha Escola Española de Arquitectura.
A data límite de admisión de inscricións e do material requirido a concurso é o día martes 30 de abril de 2013. Máis información

Bolsas de verán en astrofísica para estudantes

Requisitos: 
Estudantes universitarios de titulacións superiores ou de ciclo longo e de grao (preferentemente de Física ou Matemáticas con orientación Astrofísica) que no momento da presentación de instancias estean a cursar algún dos dous últimos cursos da súa titulación e superasen, polo menos, 180 créditos da titulación superior que presenten a baremación. Exclúense os estudos de Máster.
Duración: do 1 de xullo a 15 de setembro de 2013.A dotación da bolsa é de 700 € máis unha axuda de viaxe.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2013
Máis información 

algo de..FORMACIÓN


Xornadas de Formación en Xénero: Violencia simbólica, violencia cultural
4 e 5 de abril 
Facultade de Filoloxía e Tradución, U. de Vigo
Gratuíto e acreditación de libre configuración.
Prazas limitadas, previa inscripción no enderezo: egid1@uvigo.es

Curso de Ficción a cargo de Luís Avilés
Do 1 de abril ata setembro
Organiza o Concello de Noia en colaboración coa Sociedade Liceo
Custe 30 euros. Prazas limitadas a 15 persoas
Para apuntarse poden acudir á Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos en horario de 9 a 14h e de 18 a 20h de luns a venres. Tamén se pode anotar chamando ao teléfono 981824169

¿Es el Cloud para mí? Conoce riscos e ventaxas
20 de marzo en horario de:  17:00-19:00
Gratuíto previa Inscripción
MAIS INFO
A accesibilidade universal como oportunidade de negocio
16,17,18, 24 e 25 de abril. Auditorio de Rianxo
6,7,9,13 e 14 de maio. Casa da Cultura de Boiro
Gratuíto previa Inscripción
MAIS INFO
 
Curso para mediadores e mediadoras en drogodependenzas dende 
a perspectiva de redución de riscos  
Do 6 ao 9 de maio de 16.30 a 20.00h
Gratuíto
MAIS INFO

xoves, 14 de marzo de 2013

Xornadas informativas sobre a cooperación

A Consellería de Traballo pondrá en marcha en Boiro unha campaña informativa sobre as cooperativas. 
A iniciativa contará con un vehículo móbil que estará instalado na praza do Concello dende o 18 ata o 22 de marzo e que contará con profesionais que se encargarán de informar a todos aqueles que desexen coñecer un pouco máis o mundo das cooperativas de traballo.
 

Hoxe no Centro Social

Charla con MARIO BEDERA, Ex Secretario de Educación. “O modelo educativo do século XXI”

Centro Social de Boiro
Xoves 14 de marzo ás 20:00 horas

Para a fin de semana...


Venres 15 de marzo

19.30h Monólogo de Sergio Pazos
Auditorio de Rianxo
 
 20:00h Exposición Heráldica
Inauguración da Exposición da asociación Ofaiado2
Centro Social de Boiro(sala de exposicións)

20:00h Recital Poético de Rosalía de Castro
Casa de cultura de Noia
 
22:00h Concerto de Desequilibrio mental e Tiralledopeito
Mesón Rúa(Catoira)  
 
23:00h Concerto The Lakazans
Cervecería Guilligans(Boiro) 

24:00h Concerto de Najla Shami  
Pousada das Ánimas(Boiro)

24:00h Concerto CarasB
Bar plaza(Ribeira)

Festa da xuventude de Escarabote  
 
 

 Sábado16 de marzo
"St. Patrick´s Day"
 
20.30h. Presentación da novela "A revolta dos Mestres" 
de Xosé Duncan. A novela é a primeira parte da  triloxía de fantasía épica "As Crónicas de Bran" 
onde se mesturan as paisaxes de Taragoña e da Barbanza. 
Curral do Marqués (Taragoña)
 
 Domingo17 de marzo

 20:00h. Proxección do filme KOLYA
Casa da cultura de Noia

Curso de contacontos



Este venres 15 de marzo no Centro de Visitantes Parque Nacional 
Illas Atlánticas organízase un curso de contacontos.
A proposta busca traballar conceptos básicos da narración 
oral para monitores que teñan que desenvolver actividades 
ao aire libre relacionadas coa natureza, e necesiten mellorar
 as técnicas de contacontos, para non 
aburrir a ninguén. 
 
INSCRIPCIÓN: Curso gratuito. Enviar folla de inscripción por email
a iatlanticas@xunta.es ou por fax 886218094.
Lugar do curso: Rúa Palma nº4 Vigo Casco Vello  
Centro de Visitantes Parque Nacional 
MT Illas Atlánticas . Edificio Cambón

1 mes de prácticas laborais en Alemania

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña, durante unha estancia de 4 semanas.
 Os obxectivos deste programa son incrementar as posibilidades  laborais de mozas e mozos galegos desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento  das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.

 Datos xerais:

  • Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
  • Prazas: 10
  • Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio
Inscricións:
O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo. Os/as interesados/as deberán:

  • Cubrir o formulario de inscrición electrónico recollido ao final desta información.

Máis información:
881 999 567/981 544 645
galeuropa@xunta.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

mércores, 13 de marzo de 2013

Hoxe proxección de Marilyn Monroe


Mércores 13 de marzo
22:00h. Bar Capri
Con faldas y a lo loco. Some like it hot, con Marilyn Monroe, Tony Curtis y Jack Lemon.

Curso gratuíto de defensa persoal

O CIM de Ribeira organiza este sábado día 16 de marzo un curso de defensa persoal para mulleres que queiran adquirir algunhas nocións básicas de defensa persoal, nocións que seranlle aprendidas dun xeito eficaz e sinxelo.
O curso terá unha duración de tres horas, entre as 10 e as 13 horas. Será impartido nas instalacións deportivas de A Fieiteira.
As mulleres interesadas poden inscribirse dende mañá no Centro de Información á Muller situada na estrada marxe dereita nº4 (número de teléfono: 981 874 131) ou na oficinas de deportes de A Fieiteira (981 873 646).

Emprego público: prazas para mestres en Extremadura

O Goberno Autonómico de Extremadura, convoca bolsas de emprego de persoal funcionario interino de educación infantil, inglés, educación física, música, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e educación primaria. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20 de marzo de 2013.

Festival de documentais PlayDoc en Tui

   


  
  Consulta o programa completo

Formación gratuíta novas tecnoloxías

A rede Cemit oferta novos cursos para o mes de abril.

ABRIL
Inicio a informática. Do 2 ao 5 de 11h a 13h
Inicio a Internet. 10,11,12,16 e 17 de 11h a 13h
Inicio a mecanografía. a partir do 11, martes e xoves de 19h a 20h
Correo electrónico. 18,23,24 e 25 de 11h a 13h
Ferramentas educativas para pais e nais. 16 e 18 de 19h a 20h

Para inscricións ou información ponte en contacto co centro Cemit no tlf 981842635 ou envía un mail ao enderezo omix@boiro.org indicando nome, dni, data de nacemento, mail e tlf.

XORNADA FORMATIVA "COMO TRABALLAR EN EQUIPO E TRIUNFAR"

O 20 de marzo no CERSIA Empresa en horario de 10:00h a 14:00h e 
de 16:00h a 20:00h. organízase unha Xornada Formativa gratuíta de
8 horas de duración centrada na importancia
do traballo en equipo no mundo empresarial.O prazo de inscrición
remata o 18 de marzo ás 14:00h. A formación está dirixida a:Persoas 
emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial e 
estudantado universitario ou de formación profesional de Santiago 
de Compostela.
 
Programa, inscrición e máis información en:
981 542 493 ou no correo electrónico saea r r o b asantiagodecompostela.org.
    

Tes un blog ou estás pensando en facelo?


 


Pois o sábado 16 de marzo  a partir das 11.30h tes unha boa oportunidade  no Centro Comercial Espacio Coruña para conocer os segredos dos bloggers